Maximino Fernández Queizán
Maximino Fernández Queizán, tamén coñecido como Maximino Keyzán, nado en Vigo en 1940[1], é un dramaturgo e director de teatro galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, director teatral |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito e perito pola Escola de Artes Aplicadas de Madrid. Fixo estudos de Arte Dramático en Madrid e Londres. Foi director do Teatro Experimental da Universidade de Santiago (1960-62), Teatro Universitario (1962), Teatro de Cámara da Academia Victoria de Vigo (1963-66), Teatro Universitario "Landirás" de Madrid (1965), Teatro Popular Galego (1966), Teatro Popular Keyzán, do que tamén foi o creador (1967-94), Centro Dramático Galego (1991) e Escola de Teatro Municipal de Vigo (1999-2003). Foi profesor de interpretación, historia da arte, estética, historia do teatro e historia da moda; tamén foi profesor do Taller de Teatro da Escola de Artes de Vigo (1979-81). É especialista no teatro de Valle-Inclán e de Blanco Amor.
Obras
editarEscribiu ensaios, artigos, críticas e textos dramáticos.
- Lembranzas da arte escénica, 2018.
Notas
editar- ↑ B. R. Sotelino (7 de xuño de 2009). "«Tengo tiempo y libertad, y esos sí que son tesoros»". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en galegos.info