Centro Dramático Galego
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Centro Dramático Galego (CDG) é a unidade da Axencia Galega das Industrias Culturais que ten por obxectivo producir e distribuír espectáculos teatrais en lingua galega, coa pretensión de normalizar a lingua no ámbito do teatro. Dende xaneiro de 2020 está dirixido por Fran Núñez.[1]

Adscrito á Xunta de Galicia, a súa actividade dá comezo en 1984, data desde a que se estrearon un total de 68 producións e coproducións, o que supón unha media de tres anuais.
Publicacións do CDG. editar
Entre os anos 1992 e 2005 o IGAEM publicou unha colección de libros chamada "Colección CDG (1992-2005)" conmemorativos de moitas das obras postas en escena polo CDG durante estes anos. En cada un destes libros podemos atopar un limiar escrito polo director, o reparto (equipo artístico, equipo técnico e elenco de actores e actrices), a montaxe, a escenografía, signos icónicos no vestiario e no atrezzo, contexto, bibliografía, o texto da representación e, para rematar, unha ducia de fotografías dos ensaios xerais.
Outras coleccións de libros do CDG, ademais da Colección CDG (1992-2005) son a Colección Escena Aberta, a colección Os Libros do CDG e as Publicacións Didácticas CDG. Estes libros son publicados a partir do 2008 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a cal xurdiu en 2008 a partir da transformación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).
Colección CDG (1992-2005) editar
Nº35. Seis personaxes á procura de autor
Autor/es: Luigi Pirandello
Dirección escénica: Xúlio Lago - 2005
Nº34. Ricardo III
Autor/es: William Shakespeare
Dirección escénica: Manuel Guede Oliva – 2005
Nº33. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
Autor/es: Carlos Casares
Dirección escénica e versión: José Caldas - 2004
Nº32. O ano do cometa
Autor/es: Álvaro Cunqueiro
Dirección escénica: Quico Cadaval - 2004
Nº31. A comedia do gurgullo
Autor/es: Plauto
Dirección escénica: Celso Parada - 2003
Nº30. Daquel abrente
Laudamuco, señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño
O velorio, de Francisco Taxes
Dirección escénica: Antonio Simón - 2003
Nº29. O colaborador
Autor/es: Friedrich Dürrenmatt
Dirección escénica e versión: Manuel Guede Oliva - 2002
Nº28. Os espectros
Autor/es: Henrik Ibsen
Dirección escénica: Rui Madeira
Versión ao galego: Manuel Guede Oliva - 2002
Nº27. Rosalía
Autor/es: Ramón Otero Pedrayo
Dirección escénica: Roberto Vidal Bolaño - 2001
Nº26. Mar revolto
Autor/es: Roberto Vidal Bolaño
Dirección escénica e versión portuguesa: José Martins
Roberto Vidal Bolaño - 2001
Nº25. A cacatúa verde
Autor/es: Arthur Schnitzler
Dirección escénica: Eduardo Alonso - 2001
Versión: Manuel Guede Oliva e Eduardo Alonso
Nº24. Calígula
Autor/es: Albert Camus
Adaptación, dramaturxia e dirección: Manuel Guede Oliva - 2000
Nº23. A burla do galo
Autor/es: Roberto Vidal Bolaño
Dirección escénica: Xan Cejudo - 2000
Nº22. Os vellos non deben de namorarse
Autor/es: Alfonso Rodríguez Castelao
Dirección: Manuel Areoso - 2000
Nº21. Si o vello Sinbad volvese ás illas
Autor/es: Álvaro Cunqueiro
Dirección escénica: Fabio Mangolini – 1999
Nº20. Xelmírez ou a gloria de Compostela
Autor/es: Daniel Cortezón
Dirección e dramaturxia: Roberto Vidal Bolaño - 1999
Nº19. Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia
Autor/es: Jean-Luc Lagarce
Dirección escénica: José Martins - 1999
Dramaturxia: Alexandra Moreira da Silva
Tradución: Iolanda Ogando, Noemí Pazó, Dolores Vilavedra
Nº18. Lugar
Autor/es: Raúl Dans
Dirección: Antonio F. Simón - 1999
Nº17. Valle-Inclán 98
Las galas del difunto (Dirección: Xosé Martins. Dramaturxia: Alexandra Moreira da Silva)
La cabeza del Bautista (Dirección: Helena Pimenta)
Ligazón (Dirección: Manuel Guede Oliva)
El embrujado (Dirección: Eduardo Alonso) - 1998
Nº16. Memoria de Antígona
Autor/es: Quico Cadaval, Xavier Lama
Dirección e dramaturxia: Guillermo Heras - 1998
Nº15. O bufón de El Rei
Autor/es: Vicente Risco
Dirección e dramaturxia: Manuel Guede Oliva - 1997
Nº14. O peregrino errante que cansou ó demo
Autor/es: Xavier Lama
Dirección e dramaturxia: Andrés Pazos - 1997
Nº13. Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron
Autor/es: Aristófanes
Dirección: Eduardo Alonso - 1997
Versión: Eduardo Alonso, Manuel Guede Oliva
Nº12. Como en Irlanda
Nouturnio de medo e morte, de Antón Vilar Ponte
Xinetes para o mar, de John Millington Synge
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval - 1996
Nº11. Hostia
Autor/es: Armando Cotarelo Valledor
O canto de Vilavella, de Manuel Lourenzo
Dirección e dramaturxia: Manuel Lourenzo – 1996
Nº10. Nau de Amores
Autor/es: Gil Vicente
Dirección, dramaturxia e versión: Cándido Pazó - 1995
Nº9. Viaxe e fin de don Frontán
Autor/es: Rafael Dieste
Dirección escénica: Antonio Simón - 1995
Tradución: Manuel Guede Oliva
Nº8. Nin me abandonarás nunca
Autor/es: José G. Posada Curros, Luís de Gálvez
Dirección escénica: Manuel Guede Oliva - 1995
Versión: Xosé Luís Méndez Ferrín
Nº7. O mariscal
Autor/es: Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte
Dirección escénica: Marcelino de Santiago "Kukas" - 1994
Adaptación e dramaturxia: Isabel Rey Pousada, Marcelino de Santiago "Kukas", Xan Cejudo
Nº6. A fiestra valdeira
Autor/es: Rafael Dieste
Dirección e dramaturxia: Xulio Lago Alonso - 1994
Nº5. Leoncio e Helena
Autor/es: George Büchner
Dirección escénica: Ánxeles Cuña Bóveda - 1993
Adaptación: Begoña Muñoz Saa
Nº4. A lagarada
Autor/es: Ramón Otero Pedrayo
Dirección escénica: Pere Planella - 1993
Dramaturxia: Camilo Valdehorras
Nº3. Un refaixo para Celestina
Autor/es: Eduardo Blanco Amor
Dirección, adaptación e dramaturxia: Antonio Francisco Simón - 1993
Nº2. Historia do soldado
Autor/es: Stravinsky e Ramuz
Dirección e versión: Manuel Guede Oliva - 1993
Dirección musical: Joám Trillo
Nº1. Un soño de verán
Autor/es: William Shakespeare
Dirección escénica: Eduardo Alonso - 1992
Versión: Eduardo Alonso, Manuel Guede Oliva
Notas editar
Véxase tamén editar
Antecedentes editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |