Celso Parada
Celso Parada Fernández, nado en Moaña o 22 de marzo de 1958[1] e finado o 3 de agosto de 2019[2], foi un actor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1958 Moaña, España |
Morte | 3 de agosto de 2019 (61 anos) |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Traxectoria
editarComezou a traballar no teatro en 1976 como actor e director. Formouse canda a Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez e Victor Rotelli entre outros. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, realizou un máster de especialización en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela.
En 1989 fundou a compañía Teatro do Morcego canda a Isabel Ávila. En Montevideo traballou coa compañía El Galpón e baixo a dirección de Bernardo Galli.
Participou no Festival de Teatre Grec de Barcelona, FITEI do Porto, Festival Internacional de Ribadavia e o Festival de Teatro de Cangas entre outros. En 2019 foi nomeado académico de honra pola Asociación Galega de Teatro.[3]
Teatro
editarCon Teatro do Morcego
editar- House desaforado (2017)
- Presidente (2016)
- Nosa Señora das Nubes (2016)
- Momo (2002)
- A Gran Ilusión (2002)
- Os vellos non deben de namorarse (2001)
- Os Piratas-A Branca-Rosa (2000)
- Morte accidental dun anarquista (1999)
- O Lazariño de Tormes (1998, monólogo)
- A incrible vida de Héctor Loureiro
- Os patios da memoria
Con Vía Láctea
editar- Multimedia (1993-94)
- Macbeth
- Misterio cómico (1991)
- Rapsodia Pimenteliana (1990);
- ‘Kartoteka (1989)
- Ubu rei (1988)
- Ácido Sulfúrico (1987).
- A lagarada
- A cacatúa verde
- O Colaborador
- A comedia do gurgullo
Filmografía
editar- Televisión
- Pequeno Hotel (2001)
- Quart (2007)
- Tres días de abril (miniserie, 2010)
- La que se avecina (2012)
- Gran Reserva (2013)
- Libro de familia (2005-2013)
- Aída (2013)
- E agora que? (2015)
- O Faro (2015)
- El punto frío (2018)
- Fariña (2018)
- Pratos combinados (serie da TVG);
- A familia Pita (serie da TVG),
- Mareas vivas (serie da TVG);
- Rías Baixas (serie da TVG).
- Cinema
- Huidos (1993)
- A lingua das bolboretas (1999)
- O lapis do carpinteiro (2003)
- O ano da carracha (2004)
- A Atlántida (telefilme, 2005)
- Sinbad (telefilme, 2011)
- Códice (telefilme, 2014)
- A praia dos afogados (2015)
- Curtametraxes
- De la misma sangre (2008)
Recoñecementos
editar- Premio Compostela ó mellor actor
- Premio María Casares ao mellor texto traducido por O lazariño de Tormes en 1999.
Notas
editar- ↑ "Celso Parada" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. 2007.
- ↑ "Faleceu Celso Parada, figura fundamental do teatro". Erregueté. 3 de agosto de 2019.
- ↑ "A Academia Galega de Teatro nomea a Celso Parada Académico de Honra". Erregueté. 19 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Celso Parada". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Celso Parada Fernández en Galegos.