Georg Büchner
Karl Georg Büchner, nado en Riedstadt 17 de outubro de 1813 e finado en Zürich o 19 de febreiro de 1837, foi un escritor, naturalista e revolucionario alemán, considerado un dos máis grandes escritores da era Vormärz, irmán do médico e filósofo Ludwig Büchner.
(década de 1930) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1813 Goddelau, Alemaña |
Morte | 19 de febreiro de 1837 (23 anos) Zürich, Suíza |
Causa da morte | Tifo |
Lugar de sepultura | Zürich |
Educación | Universidade de Giessen (1833–) University of Strasbourg (en) (1831–1833) |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, revolucionario, escritor, filósofo, naturalista, poeta, médico escritor, dramaturgo, médico |
Período de actividade | 1834 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Ernst Büchner e Karoline Reuss |
Irmáns | Ludwig Büchner Alexander Büchner Wilhelm Büchner Luise Büchner |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
|
Traxectoria
editarNaceu na localidade de Goddelau, agora integrada en Riedstadt, daquela no Gran Ducado de Hesse, fillo do médico Ernst Büchner, que fora cirurxián nos exército de Napoleón. En 1816 a familia mudouse a Darmstadt, ao contratar a cidade ao pai de Büchner como médico da cidade e do hospital[1];
Büchner estudou na academia do teólogo Carl Weitershausen, onde recibiu unha formación humanística, cun importante énfase nas linguas, francés, latín e grego. A partir de 1825 continuou os estudos no Paedagogium Darmstadium, que daba grande énfase á formación clásica, ademais de francés, latín e grego tamén aprendeu italiano. En 1831 comezou os seus estudos de medicina en Estrasburgo, e alí comezou a se interesar tamén pola literatura francesa e mailo pensamento político. En especial exerceron influencia nel as teorías do socialismo utópico de François-Noël Babeuf e Claude Henri de Saint-Simon. En 1833 pasou a Gießen para continuar os seus estudos na universidade local.
Exilio
editarEntrementres Büchner continuaba os seus estudos, estableceu, xunto a varios compañeiros de Darmstadt que estudaban en Gießen e outros estudantes, unha sociedade secreta, seguindo o modelo francés, dedicada á causa revolucionaria. En xullo de 1834, coa colaboración do teólogo evanxélico Friedrich Ludwig Weidig, publicou o panfleto revolucionario Der Hessische Landbote, crítico coas inxustizas sociais no Gran Ducado de Hesse. Acusado polas autoridades de traizón, arrestaron a Weidig, que morreu en prisión despois de sufrir torturas.
Mentres, Büchner conseguía fuxir a Estrasburgo, onde escribiu a maioría da súa obra literaria e traduciu dúas pezas do literato francés Victor Hugo, Lucrèce Borgia e Marie Tudor. Dous anos despois publicou a disertación médica , "Mémoire sur le Système Nerveux du Barbeaux (Cyprinus barbus L.)". En outubro de 1836, despois de recibir o seu doutoramento, foi designado pola Universidade de Zürich como profesor de anatomía. Alí pasou os seus derradeiros meses escribindo e ensinando ata o seu pasamento por tifo aos vinte e tres anos de idade.
Obra
editarA súa primeira peza teatral Dantons Tod, sobre a Revolución Francesa, publicouse en 1835. Seguiulle Lenz, un fragmento de novela baseada na vida do poeta Jakob Michael Reinhold Lenz e publicada por primeira vez parcialmente na Deutsche Revue de Karl Gutzkow e Wienberg. En 1836 escribiu a súa segunda peza teatral Leonce und Lena, na que satiriza á nobreza. A súa obra máis coñecida, que quedou inconclusa, é Woyzeck, notable por extraer os seus principais personaxes da clase traballadora.
Legado
editarContra 1870 Büchner estaba case totalmente esquecido en Alemaña, ata que Karl Emil Franzos editou as súas obras, que máis tarde exerceron unha importante influencia nos movementos naturalista e expresionista. Arnold Zweig describiu a Lenz, a única obra de Bücher de ficción en prosa, como o comezo da prosa europea moderna.
Alban Berg adaptou Woyzeck, nunha ópera Wozzeck que estreou en 1925 e Werner Herzog nun filme, Woyzeck, en 1979.
O premio literario máis importante de Alemaña, o Premio Georg Büchner, leva o seu nome. Creado en 1923, concédese anualmente.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georg Büchner |
Bibliografía
editar- "Büchner, Georg". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.