Alban Berg

compositor austríaco

Alban Maria Johannes Berg, nado en Viena o 9 de febreiro de 1885 e finado o 24 de decembro de 1935, foi un compositor austríaco.

Alban Berg
WP Alban Berg.jpg
Nome completoAlban Maria Johannes Berg
Nacemento9 de febreiro de 1885 e 9 de novembro de 1885
 Viena
Imperio Austrohúngaro Imperio Austrohúngaro
Falecemento24 de decembro de 1935
 Viena
Austria Austria
Causasepse
SoterradoHietzinger Friedhof
NacionalidadeImperio Austrohúngaro, Áustria Alemã, Primeira República Austríaca, Federal State of Austria e Austria
Educado enUniversidade de Música e Performances Artísticas de Viena
Composicións destacadasLyrische Suite für Streichquartett
Concerto para violín
Lulu
Wozzeck
Parella/sHelene Nahowski
IrmánsSmaragda Eger-Berg
editar datos en Wikidata ]
Busto en Schiefling am See, Klagenfurt, Carintia (Austria).

Formou parte da chamada Segunda Escola de Viena xunto co seu mestre, Arnold Schönberg, e Anton Webern, tamén alumno de Schönberg. Compuxo nos distintos estilos de principios do século XX, pasando polo atonalismo primeiro, e logo polo dodecafonismo, con obras vencelladas á estética expresionista. Foi denominado o Romántico do dodecafonismo porque as súas composicións combinan o romanticismo Mahleriano cunha adaptación persoal do dodecafonismo de Schönberg, a súa música ten unha sonoridade que sempre evoca á tonalidade, o espírito romántico e unha inclinación marcadamente dramática e expresiva. As súas obras máis coñecidas son o seu Concerto para violín e as óperas Lulu e Wozzeck (composta a partir da obra teatral Woyzeck de Georg Büchner e estreada en 1924 en Viena con grande éxito).

Berg formaba parte da elite cultural vienesa a principios do século XX, encontrándose entre o seu círculo de amigos os músicos Alexander von Zemlinsky e Franz Schreker, o pintor Gustav Klimt, o escritor e sátiro Karl Kraus, o arquitecto Adolf Loos, e o poeta Peter Altenberg.

Faleceu probablemente a causa da picada dun insecto e o consecuente envelenamento sanguíneo, aos 50 anos.

ObraEditar

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.