Theodor Adorno
Theodor Ludwig Wiesengrund Adorno, nado en Frankfurt o 11 de setembro de 1903 e finado en Visp o 6 de agosto de 1969, foi un sociólogo, filósofo, musicólogo e compositor alemán de orixe xudía-asquenací por liña paterna. Membro da Escola de Frankfurt xunto a Max Horkheimer, Walter Benjamin, Herbert Marcuse, Jürgen Habermas e outros.
Theodor Adorno | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Theodor Ludwig Wiesengrund Adorno |
Nacemento | 11 de setembro de 1903 |
Lugar de nacemento | Frankfurt |
Falecemento | 6 de agosto de 1969 (65 anos) |
Lugar de falecemento | Visp |
Soterrado | Cemitério de Frankfurt am Main |
Nacionalidade | Estados Unidos de América, Alemaña e Imperio Alemán |
Alma máter | Merton College e Universidade de Frankfurt |
Ocupación | filósofo, compositor, musicólogo, sociólogo, profesor universitario, crítico literario, crítico musical, aphorist, pianista, escritor e académico |
Cónxuxe | Gretel Adorno |
Coñecido por | Gesammelte Schriften, Dialética Negativa, Aesthetic Theory, Dialética do Iluminismo, Philosophie und Musik, Minima Moralia e The Authoritarian Personality |
Premios | Placa Goethe da Cidade de Frankfurt am Main |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou na Universidade de Frankfurt, e 1933 incorporouse ao Instituto de Investigacións Sociais de Frankfurt, de inspiración marxista, aínda que axiña tivo de deixar o país, fuxindo do nazismo. Estabeleceuse en Nova York, onde en colaboración con Max Horkheimer publica A dialéctica da ilustración (Dialektik der Aufklärung) (1947), no que pon en dúbida a viabilidade de calquera proxecto emancipador, ao describir as contradicións internas da razón.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |