Arnold Schönberg
Arnold Schönberg ou Arnold Schoenberg[1], nado en Viena o 13 de setembro de 1874 e finado nos Ánxeles (California) o 13 de xullo de 1951, foi un compositor, teórico musical e pintor austríaco de orixe xudía.
Arnold Schönberg | |
---|---|
![]() Schönberg en 1948. | |
Nome completo | Arnold Franz Walter Schönberg |
Nacemento | 13 de setembro de 1874 |
Viena![]() | |
Falecemento | 13 de xullo de 1951 |
Os Ánxeles![]() | |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Cemiterio central de Viena |
Nacionalidade | Austria, Estados Unidos de América, Imperio Austrohúngaro e Alemaña |
Pai | Samuel Schönberg |
Parella/s | Mathilde Zemlinsky († 1923) Gertrud Kolisch († 1967) |
Fillos | Gertrud Schönberg, Georg Schönberg, Nuria Nono-Schönberg, Ronny Schönberg e Larry Schönberg |
Na rede | |
https://www.schoenberg.org e https://de.wikipedia.org/w/index.php?title=Arnold_Sch%C3%B6nberg&stableid=213460564 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
É recoñecido como un dos primeiros compositores en adentrarse na composición atonal, e especialmente pola creación da técnica do dodecafonismo baseada en series de doce notas, abrindo a porta ao posterior desenvolvemento do serialismo da segunda metade do século XX. Ademais foi fundador da Segunda Escola de Viena.
TraxectoriaEditar
Arnold Schönberg foi fillo de Samuel Schönberg (1838-1889), un zapateiro natural de Hungría, e de Pauline Nachod (1848-1921), quen creceu en Praga. A súa carreira musical comezou precozmente: aos nove anos xa era violinista e compositor autodidacta. Tras a morte do seu pai, en 1889, viuse obrigado a cuidar do benestar da súa familia e comezou a traballar como aprendiz de empregado no banco Wiener Privatbank Werner & Co. Durante estes anos, só podía satisfacer a súa paixón pola música mirando de lonxe os concertos ao aire libre realizados en parques como o Augarten ou o Wiener Prater. Investía parte das súas ganancias en numerosas funcións de ópera e, de entre todas, prefería sempre as de Richard Wagner.
NotasEditar
- ↑ Desde que emigrou aos Estados Unidos, en 1933, cambiou o seu apelido a Schoenberg.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |