Nota musical
Nota musical é o elemento mínimo dun son musical, formado por un único modo de vibración do ar. A cada nota está asociada unha frecuencia, cuxa unidade máis utilizada é o Hz (hertz), a cal describirá en termos físicos se a nota é máis grave ou máis aguda.
O son fisicamente é unha onda (ou conxunto de ondas) que se propaga no ar cunha certa frecuencia. Se esas ondas tiveren unha frecuencia na faixa de 20 Hz a 20.000 Hz, o ouvido humano será capaz de vibrar á mesma proporción, captando esa información e producindo sensacións neurais, ás cales o ser humano dá o nome de son. As ondas con frecuencia máis baixa (entre 20 Hz a 100 Hz por exemplo, soan nos nosos ouvidos de forma grave, e sons con frecuencia elevada - por exemplo acima de 400 Hz, soan de forma aguda).
As notas poden combinarse sendo tocadas ao mesmo tempo (definindo a harmonía), ou en secuencia (definindo a melodía). Se eses factores, xunto a algúns outros, resultaren nunha sensación agradábel, dáselle a esa secuencia o nome de música.
Orixe do nome
editarO nome das notas (dó, re, mi, fa, sol, la, si) ten a súa orixe na música coral medieval. Foi Guido d'Arezzo, un monxe italiano (990-1050), quen creou este sistema de nomear as notas musicais - o chamado sistema de solmización. Seis das sílabas foron tiradas das primeiras seis frases do texto dun himno a Xoán Bautista en que cada frase era cantada un grao por encima do anterior na escala. As frases iniciais do texto, escrito por Paulo Diácono (aprox. 720 - 799), eran:
Ut queant laxis,
Resonare fibris,
Mira gestorum,
Famuli tuorum,
Solve polluti,
Labii reatum.
- que significa "Para que os teus servos poidan cantar as marabillas dos teus actos admirábeis, absolve as faltas dos seus beizos impuros".
Máis tarde, Ut foi substituído por Dó, por ser unha sílaba mais cantábel, e foi engadida a sílaba Si, como abreviación de Sante Iohannes (San Xoán). A sílaba Sol chegou a ser máis tarde acurtada para So, para uniformar todas as sílabas de modo a terminaren todas por unha vogal.
As sílabas ut, re, mi, fa, sol e la, chamadas voces, non correspondían a alturas absolutas na escala, mais apenas a graos nun hexacorde. A altura das notas era designada por letras de A a G. A partir dun treito escrito nun modo eclesiástico calquera, podíase traspolo dunha 4ª, 5ª ou 8ª sen modificar ningunha das voces sobre as cales o treito sería cantado. Unha secuencia re-mi-fa trasposta dunha 4ª continuaba a ser considerada re-mi-fa, na solmización, e non sol-la-si bemol como no sistema actual, malia que fose designada por G-A-Bb en vez de D-E-F. Máis tarde, nos países latinos, adoptouse a designación «Dó Re Mi Fa Sol La Si Dó» para representar «C D E F G A B C».