Werner Herzog

director de cine, documentalista, guionista, produtor e actor alemán

Werner Herzog, nado co nome de Werner Stipetic en Múnic o 5 de setembro de 1942, é un director de cine, documentalista, guionista, produtor e actor alemán.

Infotaula de personaWerner Herzog

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Werner Herzog Stipetić Editar o valor em Wikidata
5 de setembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Múnic Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMúnic (1942–1942)
Sachrang (en) Traducir (1942–)
Pittsburgh
Os Ánxeles
Wüstenrot Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMaximiliansgymnasium München (en) Traducir - Abitur (pt) Traducir (–1961)
Universidade de Múnic
Theodor-Heuss-Gymnasium Heilbronn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, opera directing (en) Traducir, Produción de cinema, film screenwriting (en) Traducir e Actuación Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , director de documentais , actor de dobraxe , director de ópera , roteirista de cinema (pt) Traducir , actor , director de fotografía , actor de cinema , produtor de cinema , autor , guionista , montador , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
MovementoNovo cinema alemán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua alemá, Grego antigo, lingua grega e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLena Herzog (pt) Traducir (1999–) Editar o valor em Wikidata
ParellaEva Mattes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSigrid Duke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRudolf Herzog (pt) Traducir (avó paterno) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webwernerherzog.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001348 Allocine: 201 Rottentomatoes: celebrity/werner_herzog Allmovie: p94214
Last fm: Werner+Herzog Musicbrainz: 7d02a2b4-d509-4722-8670-70e6960f33be Discogs: 504058 Allmusic: mn0001516976 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Se ben naceu en Múnic, pasou toda a súa infancia nunha aldea das montañas de Baviera, onde non tiña acceso á radio nin ao cine.

Con trece anos marchou a Múnic para iniciar os estudos secundarios, aloxándose na mesma pensión en que vivía Klaus Kinski, actor que nun futuro sería importante na súa carreira cinematográfica. Durante a adolescencia tivo unha etapa de gran fervor relixioso, chegando a converterse ao catolicismo, o que provocou discusións coa súa familia, que eran ateos convencidos. Nesa época tamén comezou a realizar longas viaxes a pé. Con quince anos atravesou Europa, desde Múnic até Albania. Tamén fixo a pé unha viaxe até Grecia.

Con 17 anos decidiu dedicarse ao cine. Para pagarse as súas películas traballou en diversos oficios, que combinaba cos seus estudos secundarios e máis tarde universitarios. Iniciou estudos de Historia, Literatura e Teatro en Múnic. En 1960 obtivo a bolsa Fulbright para o Seminario de cine da Universidade de Duquesne, en Pittsburgh (EUA). Á parte diso, a súa formación é autodidacta, pois non foi a escola de cine ningunha, nin traballou como asistente de director. Nos EUA combinou de novo os estudos con diversos traballos, como soldador nunha fábrica ou aparcando vehículos. En 1962, con vinte anos, fundou a súa produtora, Herzogfilmproduktionen. Ao ano seguinte iniciou a rodaxe da súa primeira curtametraxe, Herakles

Obra editar

 
Werner Herzog en Seattle.

Longametraxes editar

Curtametraxes editar

Documentais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar