Raúl Dans

dramaturgo, guionista e actor galego

Raúl Dans Mayor, nado na Coruña o 30 de maio de 1964, é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe galego.[1]

Raúl Dans
Raul Dans. Fotografía de Carlota Dans.jpg
Nacemento1964
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndramaturgo, guionista, Actor de dobraxe, actor de dobraxe e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciou a súa andadura como escritor nas emisoras de RNE e RCE, das que foi guionista de programas de ficción, integrándose na Compañía Luís Seoane, na que actuou en montaxes escritas e dirixidas por Manuel Lourenzo.

Protagonizou en 2008 O mozo que chegou de lonxe (CDG), dirixida por Mario Gas.[2] Desde entón continuou como dramaturgo e guionista.

É un dos autores teatrais máis destacados da chamada Xeración dos 90.[3] As súas obras acadaron os máis destacados premios que se convocan na Galiza -o Álvaro Cunqueiro e o Rafael Dieste-, así como, no ámbito da dramaturxia española, o Premi Born coa súa obra Derrota. A súa obra non deixou de editarse desde que irrompeu no panorama literario, e Lugar, a súa peza máis sobranceira, foi publicada na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia e representada polo Centro Dramático Galego.

Como guionista formou parte dos equipos de creación e escritura da meirande parte das series de ficción da TVG dos últimos tempos: Pratos combinados, A vida por diante, A miña sogra e mais eu, Terra de Miranda, As leis de Celavella etc. Traballa tamén como actor de dobraxe.

ObrasEditar

TeatroEditar

  • Water look (1990). Revista Ólisbos. Santiago de Compostela.
  • Matalobos (1993). Colección de Textos Teatrais da Deputación da Coruña.
    • Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España. Edición bilingüe (2019). Madrid.
    • Biblioteca-Arquivo Teatral F. Pillado Mayor. Universidade da Coruña (2010).
  • Lugar (1994). Xunta de Galicia, Os libros do Centro Dramátaico Galego. Prólogo de Xosé Manuel Fernández Castro (Pepes).[4] 70 páxs. ISBN 978-8475079561.
    • Edicións Xerais (1995). Vigo. 71 páxs. ISBN 9788475079561.
    • Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia (2002). A Coruña.
    • Caos Ediciones Digitales (2005). Madrid.
  • Cita co diaño. O paso (1995). Tris Tram, 1999.
  • Derrota (1997). Revista Escena (Barcelona)
  • Estrema (1998). Edicións Xerais.
  • Manifesto do Teatro Galego (1998)
  • Estrema. Derrota (1999). Edición Xerais. 152 páxs. ISBN 978-8483023617.
  • Foreber - Revista Galega de Teatro, n° 22 (2000). Vigo.
  • Mantis, a misión (2002). Cadernos de Teatro. A Coruña.
  • A chamada (2002). Baía Edicións. 160 páxs. ISBN 978-84-89803-57-2. Editora 7Letras, tradución ao portugués de José Rubens Siqueira (2001), Río de Xaneiro.
  • Nachtmahr (2008). Edicións Xerais. 88 páxs. ISBN 978-8497828918.[5]
  • Reparación (2008). Autoridade Portuaria de A Coruña.
  • Un conto de Nadal (2008). Versión teatral definitiva de O Elixido. Revista Casahamlet.
  • Nun mundo hostil. Teatro breve reunido (1999-2007) (2008). Espiral Maior. Recolle 16 pezas breves publicadas anteriormente.
  • Chegamos despois a unha terra gris (2011). Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-9914-209-8.[6]
  • Unha corrente salvaxe (2013). Revista Galega de Teatro, nº 75. Vigo. Editada en español e éuscaro por Artezblai Editores (2013), Bilbao; e en catalán por Arola Editors (2013), Barcelona.​
  • As cancións que lles cantaban aos cativos (2016). Revista Galega de Teatro, nº 88. Vigo.
    • Las canciones que les cantaban a los niños (2016). Fundación SGAE. Madrid. 121 páxs. ISBN 978-8480488778.
  • Unha corrente salvaxe. Historia dunha descoñecida (2020). Laiovento. 214 páxs. ISBN 978-84-8487-475-1.[7]

Literatura infanto-xuvenilEditar

EnsaioEditar

  • Algunhas preguntas sobre o teatro en Galicia hoxe (2002). eDixital. A Coruña.
  • Confesións dun practicante (2004). Tris Tram. Volume no que se reúnen -anotados ao pé de páxina e conformando unha sorte de libro de memorias- ensaios e conferencias publicados anteriormente en diversos libros colectivos e revistas especializadas.

NarrativaEditar

  • Esa palabra (1998). Grándola Nova Edicións. Santiago de Compostela.
  • Réquiem por Xurxo Montes (2005). Associació d’Escriptors en Llengua Catalana . Barcelona.

Obras colectivasEditar

  • I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, 2007, Xerais.[8]

Obra teatral estreadaEditar

  • 1994: Matalobos. Grupo de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, dirección de Roberto Salgueiro. Teatro Colón. A Coruña.
  • 1999: Lugar. Centro Dramático Galego, dirección de Antonio Simón. Teatro Colón. Aa Coruña.
  • 2000: Estrema. Compañía Furafollas, dirección de Anxo Baranga. Teatro del Raval. Barcelona.
  • 2000: Foreber. Trasno Novo Teatro. Cangas.
  • 2001: Punto franco. Compañía de Walter Manfré, dirección de Walter Manfré. Madrid.
  • 2009: La llamada. Dirección Juliana Galdino. Sao Paulo.
  • 2011: Derrota. Argos Teatro, dirección de Edith Obregón. La​ Habana.[9]
  • 2017: Las canciones que les cantaban a los niños. Saltantes Teatro. Asturias.

GuionistaEditar

CurtametraxesEditar

  • 1996: A grande viaxe, dirixida por J. A. Jiménez. Caos Producións Audiovisuais. Baseada no relato “O Suso” de Xosé Luís Méndez Ferrín (en O crepúsculo e as formigas).
  • 1997: Ondada, dirixida por J. A. Jiménez. Escola Imaxe e Son.
  • 1997: Exterior-día. Escola Imaxe e Son.
  • 1997: O Proceso. Escola Imaxe e Son.
  • 2009: O elixido, dirixida por Chema Gagino.
  • O paso, dirixida por Carlota Dans.

Televisión[1]Editar

  • 1988: Vale-Vale. TVE en Galicia. Idea orixinal, argumentos e diálogos.
  • 1996: Fóra de onda. Vici Producións. Desenvolvemento dunha idea de Alber Ponte, biblia, argumentos –en colaboración con A. Ponte e Pepe Coira– e diálogos. Serie interrompida en fase de produción.
  • 1997: Nove nunha nave. Proxecto para Vici Producións. Idea orixinal, biblia e argumentos. En colaboración con Miguel Castelo e Xose Xoán Cabanas Cao.
  • 1998-2003: Pratos combinados. O Corrego Galego. Diálogos.
  • 2002: Avenida de América. TVG. Diálogos.
  • 2003: Mareas vivas. Voz Audiovisual. Diálogos.
  • 2003-2005: Terra de Miranda. Voz Audiovisual. Argumentos dos episodios 27 ao 125 –en colaboración con Daniel Domínguez– e diálogos. (Argumentos e diálogos).
  • 2004: A miña sogra e máis eu. Voz Audiovisual. Idea orixinal, biblia, argumentos dos episodios 1 ao 26, e edición de guión. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • 2005: As leis de Celavella. Voz Audiovisual. Argumentos. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • 2005: A vida por diante. Voz Audiovisual Desenvolvemento dunha idea orixinal de Ramón Campos, biblia e argumentos dos episodios 1 ao 13. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • 2010: Padre Casares Voz Audiovisual. Argumentos sétima temporada. En colaboración con Daniel Domínguez.
  • Pazo de familia (Diálogos)

CineEditar

  • 2000: Fragmentos dun amor. Guión de longametraxe de ficción a partir dunha idea orixinal de Miguel Castelo e Raúl Dans. Escritura subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela
  • 2007: Ás portas do paraíso. Guión de longametraxe de ficción. Escritura subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.

Actor de dobraxeEditar

GalegoEditar

  • Amadeus de Milos Forman. Personaxe: Mozart.
  • A guerra das galaxias. O Imperio contraataca. O retorno do Jedi de Georges Lucas. Personaxe: C3PO.
  • A Víbora Negra (Serie). Personaxe: Víbora Negra.

CastelánEditar

  • Nuevos policías (Serie) Voz de Johnny Depp.
  • Enrique V de K. Branagh. Voz de K. Branagh.

PremiosEditar

  • 1990: Premio de Teatro do Certame Literario da Facultade de Filoloxía da USC, por Water-look.
  • 1993: Premio Rafael Dieste, por Matalobos.
  • 1994: Premio Álvaro Cunqueiro, por Lugar.
  • 1997: Premios Obradoiro na Rúa para guións de curtometraxe. Premiados: Ondada, Ecterior día e O proceso.
  • 1997: Premio ex-aequo no XXII Premi Born de Teatre, por Derrota.
  • 1998: Finalista do Premio Rafael Dieste, por Estrema.
  • 2003: Premio Mestre Mateo de Guion, por Terra de Miranda.
  • 2005: Premio Mestre Mateo de Guion, por As leis de celavella.
  • 2010: Premio Álvaro Cunqueiro, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • 2012: Premio de teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • 2012: Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • 2012: X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de rapaces, por Un mosquito de nome Henry.
  • 2012: Premi Born de Teatre, por Una corriente salvaje.
  • 2015: Gañador do Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, por Las canciones que les cantaban a los niños.
  • 2020: II Premio Laudamuco para textos teatrais, por Só un home bo.


NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Autores - Dans Mayor, Raúl". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  2. "CDG: Temporada". centrodramatico.xunta.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  3. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  4. Incluído, co n.º 94, na Biblioteca Galega 120.
  5. "«Nachtmahr», crítica en «Protexta». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-11. 
  7. "Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida". imosver.com. 
  8. "I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Organiza Radio Galega, Centro Dramático Galego. Vigo : Edicións Xerais de Galicia… Premios, Dramatica, Biblioteca". Pinterest. Consultado o 2020-07-11. 
  9. ""Saltantes Teatro" estrena el sábado en el Campoamor una producción ambientada en los círculos de ETA". www.lne.es. Consultado o 2020-07-11. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar