Miguel Castelo
Miguel Ángel Castelo Agra, nado en Freás de Eiras (Ramirás) o 20 de abril de 1946, é un xornalista e cineasta galego.
Miguel Castelo | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1946 |
Freás de Eiras | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e cineasta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Comezou no audiovisual nos anos setenta realizando curtametraxes. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou a distribuidora Rula Difusora Cultural Galega e despois a produtora Video Trama (1983). Dirixiu para TVE o primeiro programa dedicado ao cine de Galicia, Do cinema galego (1984), e colaborou en diversos espazos da TVG. Ten exercido a docencia de medios audiovisuais na ETS de Arquitectura da Coruña.
FilmografíaEditar
- A tola (1974), de Miguel Gato (como foto-fixa).
- Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón (como foto-fixa)
- Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro.
- O herdeiro (1976), de Miguel Gato.
Como directorEditar
- O pai de Migueliño (1977).
- Macana de dote, ché (1991).
- O desexo (1992), adaptación do conto de Rafael Dieste "O vello que quería ver o tren".