Miguel Gato

director de cinema español

José Miguel Gato Luaces, nado en Ortigueira[1] en 1946 e finado en Madrid o 19 de novembro de 2010[2] foi un xornalista e cineasta galego.

Modelo:BiografíaMiguel Gato
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor en Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0309714 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou na Escola Oficial de Cinematografía ata o peche do centro e formou parte do movemento do cinema galego xurdido na década de 1970. Tras varios traballos en filmes doutros directores realizou e coescribiu con Francisco Taxes a curtametraxe A tola (1974), que foi proxectada nas Xornadas de Cine de Ourense antes de ser censurada e secuestrada. O filme non se conserva.

Traballou ademais como xornalista cinematográfico en diversas revistas e suplementos culturais e como guionista en Televisión Española, Telemadrid e ETB.

Filmografía

editar
  • A tola (1974)
  • O herdeiro (1976)
  • Eguas preñadas polo vento (1977)
  • Os cigarróns (Viejas costumbres gallegas) (1977)
  • Pesquisas. O caso das galiñas aforcadas (1991)
  1. Outras fontes ([1] ou [2]) sitúan o seu nacemento en Moeche.
  2. Fallece en Madrid el director gallego Miguel Gato

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. p. 180. ISBN 84-453-3152-3. 

Ligazóns externas

editar