Un filme perdido é unha longametraxe ou unha curtametraxe que non existe en ningún arquivo deste tipo de material[1][2] a nivel mundial nin en ningunha colección privada.[3] Tamén se emprega esta expresión para designar filmes dos que algunhas escenas ou secuencias foron perdidas, non editadas ou descartadas de versións diferentes ás que existen na actualidade. Ocasionalmente aparece unha copia dalgún filme que se consideraba perdido. Ocorreu por exemplo con Robin Hood, filme de 1922.

Cartel de Cleopatra (1917), do que só quedan fragmentos.
Foto de Number Thirteen, filme inconcluso.
Fotograma do filme colombiano Garras de oro (1926), do que se conservan algunhas fotos.

Razóns da desaparición dun filme editar

A maioría dos filmes perdidos son do cinema mudo ou dos primeiros anos do cinema sonoro.[4] A fundación de preservación de filmes de Martin Scorsese, estima que o 80% dos filmes desa época están desaparecidos.[5] Por exemplo, dos corenta filmes de Theda Bara só se conservan tres e medio e dos 57 filmes da actriz Clara Bow vinte están perdidos e 5 incompletos.[6][7] Pola contra hai excepcións: todos os filmes de Charlie Chaplin sobreviviron, incluso moitas metraxes non empregadas de 1941, agás A Woman of the Sea, destruído polo propio Chaplin, e un filme de Keystone Studios titulado Her Friend the Bandit.

Numerosos filmes dos comezos do cinema perdéronse a causa da presenza de nitrato,[8] particularmente inestable e inflamable, nas películas cinematográficas. O lume tamén destruíu arquivos enteiros, coma o incendio que en 1937 destruíu os negativos orixinais da Twentieth Century Fox filmados antes de 1935.[9]

Porén a causa máis frecuencia da perda de filmes mudos foi a destrución intencionada, xa que estes filmes non tiñan valor comercial coa chegada dos filmes falados. Antes da era do vídeo e a televisión considerábase ademais que os filmes non tiñan interese logo da súa exhibición nas salas de cine.

Filmes perdidos despois de 1950 editar

O formato de película de 35 mm foi introducido en 1949. Este formato tiña unha base moito máis estable. Non obstante no novo material algunhas cores atenuábanse ou desaparecían, polo que seguín sendo importantes as condicións do almacenamento.[10]

A maioría dos filmes da década de 1950 sobreviviron, con excepción dos primeiros filmes pornográficos e algúns serie B. Porén débese lamentar a perda dalgúns filmes de directores coñecidos,[11] como Take It Out In Trade (1970) e The Undergraduate (1972), de Ed Wood e The Noble Experiment (1955) de Tom Graeff.

Hai outras circunstancias que poden facer desaparecer un filme, como ocorreu coa curtametraxe A tola, de Miguel Gato, que se perdeu despois de ser secuestrada polo Tribunal de Orde Pública de España en 1974.[12]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar