Radio Nacional de España
Radio Nacional de España (RNE) é a empresa pública encargada da xestión directa do servizo público de radiodifusión en España e forma parte de RTVE. Contén seis emisoras de radio que abarcan todo o territorio español excepto unha que só é sintonizable en Cataluña (Ràdio 4) e outra que, ademais de estar dispoñible en España, tamén o está no resto do mundo a través de satélites (Radio Exterior de España).
Radio Nacional de España | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | emisora pública e radiodifusión ![]() | ||
Forma xurídica | empresa estatal ![]() | ||
Lingua usada | lingua castelá ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Matriz | RTVE ![]() | ||
Actividade | |||
Elemento operado
| |||
Data | |||
Fundación | 19 de xaneiro de 1937 ![]() | ||
Premios | |||
| |||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Estudios de Prado del Rey e Madrid ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | rtve.es… ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia e características
editarAs orixes de Radio Nacional de España están na súa fundación por José Millán-Astray en Salamanca o 19 de xaneiro de 1937 en plena guerra civil española, baixo o nome de "nacional" ao ser este o nome do bando franquista.[1] Nas súas orixes dependía da Delegación de Estado para Prensa e Propaganda.[1]
Comezou as emisións cun equipamento de 20 kW da marca Telefunken, cedido pola Alemaña nazi.[1] As primeiras emisións eran noticiarios, novas e partes de guerra previamente redactados e censurados. Acadou gran sona durante a guerra civil por ser órgano oficioso do réxime e polo uso que da radio facían persoeiros como Queipo de Llano.
Durante a ditadura franquista, RNE era o medio de comunicación do réxime mantendo unha estrutura centralizada e sempre ao servizo do goberno.
Desde 1973 está integrada no ente público Radiotelevisión Española (RTVE). Desde 2007 pertence á Corporación RTVE, regulada na Lei 17/2006, de 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal.
Na actualidade, Radio Nacional de España está integrada por seis cadeas de radio:
- Radio Nacional (xeralista).
- Radio Clásica (música clásica e popular).
- Radio 3 (cultura e música alternativa).
- Ràdio 4 (xeralista en catalán).
- Radio 5Todo Noticias (radiofórmula informativa).
- Radio Exterior de España (servizo público exterior).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 La Gaceta de Salamanca, ed. (21 de xaneiro de 2012). "Salamanca, precursora de Radio Nacional" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2018.