Lingua castelá
O castelán[2] ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín[3] e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.[4]
Nomes
editarEsta lingua derivada do latín ten dous nomes, español e castelán. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais ou non (galego, catalán, éuscaro, asturiano, occitano...) e a que historicamente é o primeiro nome desta lingua ao xurdir no territorio do condado de Castela; o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarse castelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usar español (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península).
Historia
editarA historia da lingua castelá ten a súa orixe no latín vulgar da zona central do norte de Hispania, derivado do latín que se expandira polo Imperio romano. Trala caída deste no século V, a influencia do latín culto foi diminuíndo paulatinamente, e o latín falado desa época foi a orixe das variedades romances hispánicas.
No século VIII, trala invasión musulmá da Península Ibérica, formáronse dúas zonas ben diferenciadas: en Al-Ándalus os dialectos romances deron pé ao mozárabe, que convivía coas linguas da minoría estranxeira-invasora alóctona (árabe e bérber). Mentres, na zona en que se formaban os reinos cristiáns desde pouco despois do inicio da dominación musulmá, comezou unha evolución diverxente, na que xurdiron varias modalidades romances dun continuum intercomprensible: a catalá, a navarro-aragonesa, a castelán, a asturleonesa e a galaico-portuguesa. O dialéctico románico castelán naceu no condado de Castela (entre o sur de Cantabria e o norte da actual provincia de Burgos) con influencia vasca e visigótica.
Os textos conservados máis antigos con trazos e palabras que se poden considerar precursoras do castelán son os documentos escritos en latín coñecidos como Cartularios de Valpuesta[5], conservados na igrexa de Santa María de Valpuesta.[6] Estas copias de documentos son de diversas épocas, sendo os máis antigos do século IX[7]. As Glosas Emilianenses de finais do século X ou comezos do XI, conservadas no Mosteiro de Yuso (San Millán de la Cogolla) foron consideradas por Ramón Menéndez Pidal como a testemuña máis antiga da lingua castelán, mais posteriormente demostrouse que as formas escritas neses documentos corresponden ao romance navarro-aragonés[8].
Un momento decisivo no afianzamento do castelán tivo lugar durante o reinado de Afonso X o Sabio (1252-1284)[9][10]. Por aquel entón os cantares de xesta acadaran popularidade porque estaban escritos no romance vulgar, mais as obras cultas e literarias producidas na Corte eran redactadas en latín, única lingua culta da Europa cristiá nesa época. Por isto, resultou unha verdadeira revolución cultural que o rei Afonso X decidise dirixir un bo número de obras de elevada cultura redactadas en romance castelán, un idioma até entón desairado polas persoas letradas por consideralo demasiado prosaico. Isto deu pé ao recoñecemento oficial do castelán[11].
O castelán estendeuse cara ao sur pola Península Ibérica durante a Baixa Idade Media segundo avanzaba a expansión do reino de Castela na chamada Reconquista. A incorporación á Coroa de Castela dos reinos de León e Galicia con Fernando III e a introdución dunha dinastía castelá no Reino de Aragón con Fernando I e despois a unión de ambos os dous reinos co matrimonio dos Reis Católicos e as súas políticas centristas aumentaron a difusión do castelán polo resto da península.
En 1492 o sevillano Antonio de Nebrija publicou en Salamanca A Grammatica, primeiro tratado de gramática da lingua castelá e primeiro publicado «en molde» dunha lingua europea moderna.[12]. O primeiro libro impreso en castelán aparecera cara a 1472[13].
A comezos do século XVI xa comezara o proceso de reaxuste das consoantes sibilantes, que significou a redución do sistema fonémico ao pasar, pola perda do trazo de sonoridade, de seis consoantes sibilantes a dúas ou tres segundo a variedade.
A colonización española en América durante o século XVI levou a lingua castelá por boa parte do continente, tomando préstamos que enriqueceron o seu vocabulario de idiomas nativos como o náhuatl ou o quechua, linguas sobre as que tamén tivo un notable impacto.
En España, desde a época dos Borbóns, tivo lugar unha política centralista de unificación lingüística e conseguinte minorización do resto de linguas vernáculas en favor do castelán[14]. Durante os séculos XVII e XVIII apareceron publicacións periódicas públicas e privadas en castelán. Gazeta foi a primeira, e apareceu en Madrid en 1661 da man de Julián Paredes. Despois apareceron outras en vilas como Salamanca, León, Granada, Sevilla ou Zaragoza. Coa difusión da escolarización en América na segunda metade do século XVIII o castelán pasou a ser a lingua normal no ensino en detrimento das linguas indíxenas.
Distribución xeográfica
editarO castelán é a lingua oficial de España (xunto co catalán, o galego e o éuscaro nas zonas en que estes se falan), en dezanove países de América e en Guinea Ecuatorial. Amais, ten certo grao de oficialidade nos Estados Unidos de América, Filipinas e o Sáhara Occidental. Ten falantes repartidos polos cinco continentes:
América
editar50 % | 20 % | 5 % |
30 % | 10 % | 2 % |
Supón arredor do 90 % do total de falantes de castelán no mundo, uns 400 millóns de persoas.[15]. Distribúese polos países de Hispanoamérica, algúns estados dos Estados Unidos, algunhas provincias do Canadá e os estados do sur do Brasil.
Hispanoamérica
editarA gran maioría dos castelanfalantes, uns 375 millóns de persoas, viven en Hispanoamérica. México é o país co maior número de falantes (case unha cuarta parte do total de castelanfalantes do mundo), aínda que non é a única lingua oficial do estado, xa que desde 2003 México recoñece como idiomas tamén oficiais as linguas indíxenas[16].
É unha das linguas oficiais da Arxentina, Bolivia[17], Colombia[18], Costa Rica[19], Cuba[20], Ecuador[21], O Salvador[22], Guatemala[23], Honduras[24], Nicaragua[25], Panamá[26], Paraguai (cooficial co guaraní[27]), o Perú[28] (cooficial co quechua, aimará e demais linguas nativas onde predominen), República Dominicana[29] e Venezuela[30]. Non ten recoñecemento de lingua oficial noutros países americanos onde é lingua falada e maioritaria, como en Chile[31], Porto Rico e o Uruguai[32]. En Porto Rico, segundo os sucesivos plebiscitos do status político do país, que se sumaban ao establecido pola Constitución de 1952, estableceuse que «es la garantía permanente de ciudadanía estadounidense, nuestros dos idiomas, himnos y banderas»[33].
O castelán en países onde non é oficial
editarOs falantes adoitan ser emigrantes de Hispanoamérica ou os seus descendentes, así como estudantes da lingua, onde acostuma ser a lingua máis estudada despois das oficiais.
Estados Unidos é o segundo país con máis castelanfalantes no mundo[34][35]. O castelán ten unha longa historia nos Estados Unidos, con moitos topónimos nesa lingua desde a época da colonización española. A súa presenza viuse fortalecida pola inmigración procedente do resto de América. O español concéntrase especialmente en cidades cosmopolitas como Nova York, Os Ánxeles, Chicago, Miami, Houston, San Antonio, Denver, Baltimore e Seattle. O castelán, ademais, é a lingua estranxeira máis ensinada no país[36].
Hai un avance progresivo do bilingüismo, sobre todo nos estados de California, Novo México e Texas, nos que existen programas oficiais bilingües de castelán para residentes hispanos. En California moitas actividades de goberno, documentos e servizos están dispoñibles neste idioma. A sección 1632 do Código Civil de California recoñece o castelán como a lingua da comunidade hispana, polo que a lei Dymally-Alatorre institúe un bilingüismo inglés-castelán, sen a exclusión necesaria doutras linguas. No estado de Novo México o castelán é utilizado mesmo na administración estatal, aínda que ese estado non ten ningunha lingua oficial establecida na constitución. O castelán neomexicano remóntase aos tempos da colonización española no século XVI e conserva numerosos arcaísmos. A Comisión de Dereitos Civís dos Estados Unidos recoñeceu que en 1912 "os neomexicanos tiveron éxito á hora de protexer a súa herdanza, incluíndo provisións na súa constitución que fan do castelán unha lingua oficial, igual có inglés". En Texas o goberno a través da sección 2054.116 do Código Gobernamental estipula que as axencias estatais deben proporcionar información en castelán nas súas páxinas web. Outros estados da Unión recoñecen tamén oficialmente o castelán.
No Brasil o castelán foi historicamente importante por mor da da inmigración e pola proximidade e o comercio crecente cos seus veciños hispanoamericanos, sendo membro de Mercosur. En 2005 o Congreso Nacional do Brasil aprobou un decreto que ofrece o castelán como primeira lingua estranxeira de ensino en colexios e institutos. En moitas cidades fronteirizas do Brasil, así como en cidades fronteirizas hispanoamericanas, fálase unha lingua mixta coñecida como portuñol[37]
No Canadá a poboación inmigrante de fala hispana constitúe o 1,3 % da poboación[38], e case outro tanto o fala como segunda lingua[39]. Aproximadamente a metade concéntrase en Toronto.
En Belize, antiga colonia británica, o castelán non ten recoñecemento oficial, se ben a maioría da poboación sabe falalo[40] [41], principalmente os descendentes hispanos que habitaron a rexión desde o século XVII. Na illa caribeña de Aruba é falado por gran cantidade de persoas. Pola contra, nas veciñas Curaçao e Bonaire é falado por unha minoría. Debido á proximidade de Venezuela, nas tres illas hai medios de comunicación en castelán, principalmente canles de televisión, por mor dos vínculos comerciais e a importancia do turismo castelanfalante. Nos últimos anos introduciuse o ensino básica obrigatorio do castelán nas escolas, aínda que sen carácter oficial (as linguas oficiais de Aruba, Bonaire e Curaçao son o holandés e o papiamento, unha mestura de castelán e afroportugués).
En Haití a lingua oficial é o francés, se ben o crioulo haitiano é amplamente falado. Preto da fronteira coa veciña República Dominicana, o castelán básico é comprendido e falado coloquialmente.
Nas Illas Virxes Estadounidenses recoñécese oficialmente que o castelán é a lingua nativa dunha gran parte da poboación. En Trinidad e Tobago ten un status especial e é de aprendizaxe obrigatoria nas escolas públicas. En Xamaica está oficialmente recoñecida unha mestura de castelán e arauaco falada polos taínos.
Europa
editarO castelán é a lingua oficial de España. É falado tamén en Xibraltar[42] e Andorra (onde é oficial a lingua catalá[43]. Ademais é usado en pequenas comunidades doutros países europeos como o Reino Unido, Francia, Alemaña ou Suíza[44][45], onde é a lingua materna do 1,7 % da poboación. O castelán é unha das linguas oficiais da Unión Europea[46]. Máis de 22 millóns de persoas europeas maiores de 15 anos falan castelán fóra de España na UE, incluídas as que o aprenderon como lingua estranxeira. En total hai uns 70 millóns de falantes de castelán en Europa[47].
Asia
editarEn Filipinas, antiga colonia española, o castelán foi oficial entre 1571 e 1987, se ben desde 1973 fora perdendo moito peso representativo a nivel oficial. A proclamación presidencial/155 de 15 de marzo de 1973 aínda en vigor, declara o castelán como lingua oficial de Filipinas para todos aqueles documentos da época colonial non traducidos á lingua nacional. Trala guerra hispano-estadounidense Filipinas pasou a ser colonia dos Estados Unidos a partir de 1899. Desde entón, debido á intervención estadounidense, as autoridades seguiron unha política de deshispanización do país e imposición do inglés. Despois da guerra filipino-estadounidense, reduciuse a burguesía urbana castelanfalante, e trala segunda guerra mundial en 1945, practicamente aniquilouse os restos da burguesía española tralo bombardeo de Intramuros en Manila. Calcúlase que en 1907 aproximadamente un 70 % da poboación filipina era quen de falar castelán, se ben só o 10 % como lingua materna. En 1950 pasou a ser o 6 %[48], e na actualidade é menos do 0,5 %[49]. Tamén sobreviven linguas crioulas de base castelá, como o chavacano ou o zamboangueño.
En Israel existe unha importante comunidade sefardí duns 100.000 falantes de xudeoespañol[50].
África
editarNas illas Canarias hai máis de dous millóns de falantes. Tamén se fala nas cidades de Ceuta e Melilla (143.000 persoas). Fóra destes territorios de soberanía española, a lingua castelá é falada noutras rexións.
O castelán é a lingua oficial de Guinea Ecuatorial. A gran maioría dos ecuatoguineanos fala castelán, aínda que sempre como segunda lingua, sendo as linguas maternas máis estendidas diversas linguas bantús. A cidade gabonesa de Cocobeach ten status biestatal mediante un acordo común con Guinea Ecuatorial, polo que alí tamén é cooficial o castelán, se ben a súa presenza é testemuñal.
No Sáhara Occidental, o ministro saharauí para América Latina, Hash Ahmed, declarou en nome da República Árabe Saharauí Democrática que o seu país é "simultaneamente unha nación africana e árabe que ten o privilexio de ser a única castelanfalante debido á herdanza cultural da colonización española. O idioma castelán é o idioma de ensino obrigatorio por ser xunto ao árabe idioma oficial".
En Tinduf (Alxeria) hai uns 200.000 refuxiados saharauís que poden ler e escribir o castelán, e miles deles recibiron educación universitaria ofrecida por Cuba, México, Venezuela e España.
En Marrocos o castelán é moi popular como segunda lingua. É falado principalmente nas zonas do antigo Protectorado Español de Marrocos: Rif, Ifni e Tarfaya.
Amais, é falado polas comunidades ecuatoguineanas fuxidas durante as ditaduras de Francisco Macías Nguema e Teodoro Obiang cara a países como Gabón, Camerún, Nixeria ou Benín. Tamén no Sudán do Sur hai unha importante minoría, a elite intelectual e profesional, formada en Cuba.
Oceanía
editarO castelán é lingua oficial na illa de Pascua, en Polinesia. Tamén é oficial a lingua chamorra, unha variante austronesia falada na illa de Guam, que foi colonia española xunto con tres das illas Marianas do Norte (Saipan, Tinian e Rota) e os Estados Federados de Micronesia.
En Australia e Nova Zelandia hai unha comunidade de nativos castelanfalantes emigrados dunhas 133.000 persoas[51].
En Hawai, o 2,1 % da poboación é castelanfalante nativa[52]. Segundo o censo dos Estados Unidos, en 2010 había 120.842 hispanos.
Antártida
editarNa Antártida, existen só dúas localidades civís, e as dúas teñen o castelán como lingua oficial. O asentamento arxentino de Fortín Sargento Cabral ten 66 habitantes[53], mentres que a localidade chilena de Villa Las Estrellas ten 130 habitantes.
Estimación do total de falantes por país
editarA seguinte táboa foi elaborado basicamente a partir do estudo El valor económico del español[54], pero utilizando datos estatísticos máis actualizados, pois o estudo foi elaborado en base a datos censuais de poboación entre 2000 e 2005. O resultado foi dun total de case 440 millóns de castelanfalantes[55][56], os cales uns 400 millóns teñen dominio nativo e uns 40 con competencia limitada. En 2012 o Instituto Cervantes fixo unha actualización dos datos, cun total de 495 millóns de falantes, 425 con dominio nativo e o resto con competencia limitada, incluídos 18 millóns de estudantes de castelán, segundo estimacións censuais feitas entre 2010 e 2012[57].
- Nas filas con cor máis escuro de fondo, figuran os países con castelán como lingua oficial. A estimación dos falantes nativos (como primeira e segunda lingua en países co castelán oficial), calculouse en función das porcentaxes do estudo da "demografía de lengua española".[58]
- Nas filas con cor branca de fondo figuran os países que non teñen o castelán como lingua oficial, nos que se fala castelán como lingua materna polos hispanos que alí emigraron e polos falantes de castelán como lingua estranxeira.
Por orde alfabética | Por número de falantes |
---|---|
|
|
Variantes e lingua estándar
editarDebido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta cunha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión. A Real Academia Española é a encargada de establece-la forma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática.
Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, emprégase tú para o singular e vosotros para o plural, reservando as formas usted e ustedes para o trato formal. En toda América Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); na Arxentina, Uruguai e Paraguai, utilízase vos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres).
Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas.
Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas
editar- perda do F- inicial latino;
- enxordecemento do sistema de sibilantes;
- ditongamento das vogais breves medias latinas;
- artigo masculino antianalóxico el;
- orde de constituíntes SVO (suxeito-verbo-complementos);
- existencia dunha consoante fricativa interdental xorda.
Táboa de vocabulario
editarEsta táboa presenta unha comparativa do castelán con outras linguas romances.
Latín vulgar | Francés | Italiano | Castelán | Occitano (Linguadociano) |
Catalán (Central) |
Galego | Romanés |
clave(m) | clef | chiave | llave | clau | clau | chave | cheie |
nocte(m) | nuit | notte | noche | nuèit/nuèch | nit | noite | noapte |
cantare | chanter | cantare | cantar | cantar | cantar | cantar | a cânta |
capra(m) | chèvre | capra | cabra | cabra | cabra | cabra | capră |
lingua(m) | langue | lingua | lengua | lenga | llengua | lingua | limbă |
platea(m) | place | piazza | plaza | plaça | plaça | praza | piaţă |
ponte(m) | pont | ponte | puente | pònt | pont | ponte | pod |
ecclesia(m) | église | chiesa | iglesia | glèisa | església | igrexa | --- |
hospitale(m) | hôpital | ospedale | hospital | espital | hospital | hospital | spital |
caseu(m) | formaticu(m) | fromage | formaggio | queso | formatge | formatge | queixo | --- |
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castelán.
- ↑ Ethnologue, 2013
- ↑ El País, 2007 La Vanguardia, 2012
- ↑ "Descubren que las palabras más antiguas escritas en Español son del siglo IX", 20 minutos, 27 de decembro de 2009(en castelán).
- ↑ "Estudio del ILCYL confirma a los Cartularios de Valpuesta como el español más antiguo". web.archive.org. 2009-12-29. Archived from the original on 29 de decembro de 2009. Consultado o 2022-04-17.
- ↑ «La RAE avala que Burgos acoge las primeras palabras escritas en castellano», artigo de Miguel A. Vergaz en El Mundo, 7 de novembro de 2010 (en castelán).
- ↑ Wolf y Ruhstaller (1996: 109-112) amosan que as glosas non poden ser casteláns nin rioxanas, e que os trazos que presentan corresponden á área navarro-aragonesa.
- ↑ España: reflexiones sobre el ser de España, p. 321. Real Academia de la Historia. Madrid, 1998 ISBN 84-89512-04-3 (en castelán).
- ↑ Alvar, Carlos; Lucía Megías, José Manuel (2002) Diccionario filológico de literatura medieval española volumen 21, p.1019 Madrid, ed.Castalia ISBN 978-84-9740-018-6 (en castelán).
- ↑ Obediente, Enrique (2007) Biografía de una lengua: nacimiento, desarrollo y expansión del español p.244-248 Mérida, Venezuela, Universidad de Los Andes ed. Editorial Venezolana C.A. ISBN 978-980-11-1026-2 (en castelán).
- ↑ "Spanish Language Facts", en Encyclopedia.com (en inglés).
- ↑ Peter Burke (2004): Languages and Communities in Early Moder Europe, Cambridge University Press (en castelán).
- ↑ MARIÑO PAZ, R., Historia da lingua galega, Sotelo Blanco, 1999, Santiago de Compostela.
- ↑ "El español, ¿petróleo de España?" Arquivado 28 de agosto de 2014 en Wayback Machine., El Castellano, marzo de 2013 (en castelán).
- ↑ Artigo 4.° da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas.
- ↑ Constitución de Bolivia de 2009. título I, capítulo 1.º, artigo 5, paráágrafo 1: cooficial con «todos los idiomas de las naciones y pueblos indígenas campesinos autóctonos, que son el aimará, araona, bauré, bésiro, canichana, cavineño, cayubaba, chácobo, chimán, ese ejja, guaraní, guarasu’we, guarayu, itonama, leco, machajuyaikallawaya, machineri, maropa, mojeño-trinitario, mojeño-ignaciano, moré, mosetén, movima, pacawara, puquina, quechua, sirionó, tacana, tapieté, toromona, uru-chipaya, weenhayek, yaminawa, yuki, yuracaré y zamuco») (en castelán).
- ↑ Constitución de 1991 Arquivado 24 de xullo de 2008 en Wayback Machine.: (xunto coas linguas e dialectos dos grupos étnicos nos seus territorios.
- ↑ [1].
- ↑ [2].
- ↑ Segundo a Constitución de 2008 Arquivado 17 de xuño de 2009 en Wayback Machine., título I, artigo 2: «El castellano es el idioma oficial del Ecuador; el castellano, el kichwa y el shuar son idiomas oficiales de relación intercultural. Los demás idiomas ancestrales son de uso oficial para los pueblos indígenas en las zonas donde habitan y en los términos que fija la ley. El Estado respetará y estimulará su conservación y uso».
- ↑ [3].
- ↑ [4].
- ↑ [5].
- ↑ Constitución, título II, artículo 12.
- ↑ [6] Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ [7] Arquivado 01 de xuño de 2009 en Wayback Machine. e Ethnologue - Paraguay(2000). O guaraní é tamén o idioma máis falado en Paraguai por número de falantes nativos.
- ↑ [8] Arquivado 24 de marzo de 2007 en Wayback Machine..
- ↑ http://www.comparativeconstitutionsproject.org/files/Dominican%20Republic_2010.pdf
- ↑ A Constitución de Venezuela Arquivado 30 de decembro de 2010 en Wayback Machine. di que «Los idiomas indígenas también son de uso oficial para los pueblos indígenas y deben ser respetados en todo el territorio de la República, por constituir patrimonio cultural de la Nación y de la humanidad»
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de maio de 2005. Consultado o 15 de maio de 2005.
- ↑ "Constitución Política de la República Oriental del Uruguay de 1967". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2009. Consultado o 06 de xuño de 2013.
- ↑ [9] Arquivado 15 de maio de 2008 en Wayback Machine. e [10].
- ↑ "CNN en español restructures its programing", New York Times, 13 de marzo de 2011 (en inglés).
- ↑ Instituto Cervantes, 2008 ("Más 'speak spanish' que en España", El País, 6 de xuño de 2008 (en castelán).
- ↑ Foreign Language Enrollments in United States Institutions of Higher Learning Arquivado 03 de agosto de 2008 en Wayback Machine., MLA Fall 2002.
- ↑ Lipski, John M.: Too close for comfort? the genesis of “portuñol/portunhol”. Timothy L. Face and Carol A. Klee, 1–22. Somerville, MA: Cascadilla Proceedings Project, 2006. Selected Proceedings of the 8th Hispanic Linguistics Symposium (en inglés).
- ↑ "Immigrant languages in Canada", Statistics Canada (en inglés).
- ↑ "El español, la lengua extranjera más hablada en Canadá", El Correo, 15 de xuño de 2009 (en castelán).
- ↑ Population Census 2000, Major Findings Arquivado 21 de xuño de 2007 en Wayback Machine., Central Statistical Office, Ministry of Budget Management, Belice (en inglés).
- ↑ Belize Population and Housing Census 2000.
- ↑ Datos Arquivado 12 de abril de 2018 en Wayback Machine. da Biblioteca da CIA (en inglés).
- ↑ Enquisa de usos lingüísticos en Andorra - 2004 Arquivado 07 de outubro de 2009 en Wayback Machine. (en catalán).
- ↑ BBC Education — Languages, Languages Across Europe — Spanish.
- ↑ Switzerland's Four National Languages, en all-about-switzerland.info (en inglés)
- ↑ "Linguas Oficiais da Unión Europea". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2006. Consultado o 06 de xuño de 2013.
- ↑ 46 698 137 en España (98,8 % de 47 265 321 segundo o INE en 2012) + 22 203 930 no resto da UE (15 % na UE en total incluíndo España) + 123.000 en Suíza (1,7 %) + 53.963 en Andorra (68,7 %) + 36.250 en Noruega + 23.320 en Rusia.
- ↑ Filipinas Arquivado 04 de outubro de 2011 en Wayback Machine., en El Castellano (en castelán).
- ↑ "New Prospects for the Spanish Language in the Philippines (ARI)" Arquivado 22 de febreiro de 2011 en Wayback Machine., artigo de Rafael Rodríguez-Ponga na web do Real Instituto Elcano, 26 de febreiro de 2009 (en inglés).
- ↑ Demografía de la lengua española (pág. 35) Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ 111.400 en Australia [11] + 21.645 en Nova Zelandia [12] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ http://factfinder2.census.gov/faces/tableservices/jsf/pages/productview.xhtml?pid=ACS_11_1YR_GCT1602.US01PR&prodType=table
- ↑ "Primer resultado del Censo: en la Antártida viven 230 personas" Arquivado 20 de novembro de 2012 en Wayback Machine., en Los Andes, 25 de outubro de 2010 (en castelán).
- ↑ El valor económico del español (en castelán).
- ↑ Noticias "Una potencia de 440 millones de hablantes", artigo de Miguel Ángel Noceda en El País, 5 de novembro de 2006 (en castelán).
- ↑ "Demografía de la lengua española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2009. Consultado o 06 de xuño de 2013.
- ↑ "El español, una lengua viva: Informe 2012" Arquivado 18/10/2012, en Wayback Machine. (eldiae.es) (en castelán).
- ↑ Páxina 28 de: Demografía de la lengua española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua castelá |
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua castelá |
Vexa no Galizionario as palabras en Castelán |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Abercrombie, David (1967). "Elements of General Phonetics". Edinburgh: Edinburgh University Press.
- Cressey, William Whitney (1978). Spanish Phonology and Morphology: A Generative View. Georgetown University Press. ISBN 0878400451.
- Eddington, David (2000). "Spanish Stress Assignment within the Analogical Modeling of Language" (PDF). Language (Language) 76 (1): 92–109. ISSN 0097-8507. JSTOR 417394. doi:10.2307/417394. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2013. Consultado o 11 de maio de 2013.
- Harris, James (1967). "Sound Change in Spanish and the Theory of Markedness". Language (Language) 45 (3): 538–52. JSTOR 411438. doi:10.2307/411438.
- Martínez-Celdrán, Eugenio; Fernández-Planas, Ana Ma.; Carrera-Sabaté, Josefina (2003). "Castilian Spanish". Journal of the International Phonetic Association 33 (2): 255–59. doi:10.1017/S0025100303001373.
- Moreno Fernández, Francisco; Otero, Jaime (2008). Atlas de la lengua española en el mundo. Barcelona: Ariel.
- "Population by age, both sexes, annual; estimate for 2012". UN. 2011. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2013.}}.