Rif
Rexión mediterránea do norte de Marrocos limitada ao sur pola rexión do Atlas
O Rif (en árabe: الريف; en bérber: Arif) é unha rexión montañosa do norte de Marrocos, na costa do mar Mediterráneo, entre as cidades de Tetuán e Nador. Era unha das cinco divisións administrativas nas que se dividía o Protectorado Español de Marrocos, con capital en Al-Hoceima (antiga Villa Sanjurjo).
Trátase dunha rexión tradicionalmente illada e desfavorecida. Os seus habitantes son bérberes, e o idioma materno da maioría da poboación é o rifeño ou tarifit, aínda que a maioría tamén fala o árabe, que é a lingua oficial. As principais linguas estranxeiras son o castelán e o francés.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rif |