Illas Marianas do Norte
Coordenadas: 15°11′22″N 145°44′39″L / 15.189466, 145.744256
As illas Marianas do Norte ou Marianas Setentrionais, designadas oficialmente Commonwealth of the Northern Mariana Islands ou (CNMI) son un "estado libremente asociado" aos Estados Unidos de América, situado na Micronesia, que comprende 14 illas do arquipélago das Marianas.
Mancomunidade de Illas Marianas do Norte | |||
---|---|---|---|
Commonwealth of the Northern Mariana Islands Sankattan Siha Na | |||
| |||
Himno: Gi Tallo Gi Halom Taxe | |||
Capital • Poboación | Saipan 62 392 (2000) | ||
Cidade máis poboada | Saipan | ||
Linguas oficiais | Inglés e chamorro | ||
Forma de goberno | Mancomunidade | ||
Donald Trump Ralph Torres | |||
Dependencia dos Estados Unidos | 1945 | ||
Superficie | Posto 197º | ||
• Total | 477 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Costas | 1 482 km | ||
• Total (2006 est.) | 82 459 hab. | ||
• Densidade | 168 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | Dólar estadounidense ($, USD ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | n/d | ||
Fuso horario | UTC +10 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .mp | ||
Prefixo telefónico | +1-670 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | 580 / MNP / MP | ||
Fai divisa, ao norte coas Illas do Vulcán e de Minami Torishima e outros territorios do Xapón, ao sur coa dependencia estadounidense de Guam e cos Estados Federados de Micronesia.
HistoriaEditar
As illas foron “descobertas” por Fernão de Magalhães en 1521, que as declarou colonia española e as apelidou de "Islas de los Ladrones", (Illas dos Ladróns), aparentemente porque os nativos non eran amigables. En 1668 o nome das illas foi mudado para Las Marianas, en homenaxe a Mariana da Austria, viúva do rei Filipe IV de España.
Practicamente toda a poboación nativa foi exterminada durante o dominio español e, máis tarde, foron repoboadas por nativos doutras illas da Micronesia. A colonia española foi vendida á Alemaña en 1899 e tomada polos xaponeses en 1914, que a tornaron nunha zona militar. Durante a segunda guerra mundial, os “Marines” aterraron alí a 15 de xuño de 1944 e gañaron a Batalla de Saipan, que durou 3 semanas.
Despois da derrota do Xapón, as illas pasaron a ser admnistradas polos EUA, como parte do Protectorado das Illas do Pacífico das Nacións Unidas, nun mandato da ONU, a partir de 1947. Na década de 1970, os seus habitantes decidironse, non a favor da independencia, mais de lazos máis fortes cos EUA e, a 1 de xaneiro de 1978 foi aprobada a constituición do seu estatuto actual.
XeografiaEditar
As Illas Marianas constitúen un arco vulcánico no encontro das placas tectónicas das Filipinas e do Pacífico. Na vertente oriental deste arco atopase a Foxa das Marianas, onde foi detetada a maior profundidade dos océanos, -10.924 m.
As illas son, de sur para norte: Saipan, Tinian, Rota, Aguixan, Farallon de Medinilla, Anatahan, Sarigan, Guguan, Alamagan, Pagan, Agrihan, Asuncion, Maug e Farallon de Paxaros. Saipan, Tinian e Rota son as únicas con poboación permanente.
As illas do norte tén vulcáns activos, en canto as do sur están cobertas por terrazos coralinos. O clima é tropical.
Principais CidadesEditar
Organización político-administrativaEditar
A superficie total das illas é de 477 km². Só 4 das illas están habitadas segundo o censo do 2000.
Núm. | Nome | Área (km²) | Poboación | Altura (m) | Punto máis alto | Coordenadas |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Farallón de Paxaros | 2.55 | Deshabitada | 360 | Sen nome | 20º33'N 144º54'E |
2 | Illas Maug | 2.13 | Ocupada en 1939-1944 | 227 | Sen nome (Illa do Norte) | 20º02'N 144º54'E |
3 | Illa Asunción | 7.31 | Deshabitada | 891 | Sen nome | 19°43'N 145°41'E |
4 | Agrihan | 43.51 | Evacuada en 1990 | 965 | Monte Agrihan | 18º46'N 145º41'E |
5 | Pagan | 47.23 | Evacuada en 1990 | 787 | Monte Pagan | 18°08'36"N 145°47'39"E |
6 | Alamagan | 11.12 | 6 | 744 | Banadera | 17º35'N 145º50'E |
7 | Guguan | 3.87 | Deshabitada | 301 | Sen nome | 17º20'N 145º51'E |
8 | Sarigan | 4.97 | Deshabitada | 549 | Sen nome | 16º43'N 145ª47'E |
9 | Anatahan | 31.21 | Evacuada en 1990 | 787 | Sen nome | 16º22'N 145º40'E |
10 | Farallón de Medinilla | 0.85 | Deshabitada | 81 | Sen nome | 16º01'N 146º04'E |
11 | Saipan | 115.39 | 62.392 | 474 | Monte Tagpochau | 15º11'06"N 145º44'28"E |
12 | Tinian | 101.01 | 3.540 | 170 | Kastiyu (Lasso Hill) | 14°57'12"N, 145°38'54"E |
13 | Aguijan | 7.09 | Deshabitada | 157 | Sen nome | 14º42'N 145º18'E |
14 | Rota | 85.38 | 3.283 | 491 | Mount Manira | 14º08'37"N 145º11'08"E |
DemografíaEditar
De acordo co CIA World Factbook do ano 2006, as Illas Marianas do Norte teñen o menor sex cociente -a cantidade de homes por cada muller- que se coñeza, sendo de 0,77 homes por cada muller, e de 0,7 no rango de idade dos 15 aos 65 anos.