Ecuador

país de América do Sur

Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur),[1][2] oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur polo Perú e ó oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas.

Modelo:Xeografía políticaEcuador
República del Ecuador (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoSalve, Oh Patria Editar o valor en Wikidata

Lema«« Allah,Vətən və Azadlıq "»
«Duw, Mamwlad a Rhyddid» Editar o valor en Wikidata
EpónimoEcuador terrestre Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°S 78°O / -1, -78
CapitalQuito Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Azuay
Bolívar (pt) Traducir
Carchi Editar o valor en Wikidata../... 24+
Poboación
Poboación16.938.986 (2022) Editar o valor en Wikidata (66,27 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
Lingua kichwa
Lingua shuar Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie255.586,91 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoVolcán Chimborazo (6.263,47 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación16 de febreiro de 1840 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
presidencialismo Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de Ecuador Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataDaniel Noboa (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Equador (pt) Traducir , (Escano: 137) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialNational Court of justice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal106.165.866.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ec Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+593 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911, 101, 102 e 131 Editar o valor en Wikidata
Código de paísEC Editar o valor en Wikidata

Sitio webpresidencia.gob.ec Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450947

Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero. Ten 256.370 quilómetros cadrados de superficie, o que evidencia que é o estado máis miúdo dos países andinos, mais aínda así conta cunha gran biodiversidade[3].

A súa capital é San Francisco de Quito, sede dos principais entes estatais e do Goberno Nacional e a súa maior cidade é Santiago de Guayaquil, peirao marítimo principal e importante centro económico. Divídese en 24 provincias, distribuídas en catro rexións naturais: Amazonía, Costa, Serra e Rexión Insular. En Ecuador existen 55 volcáns, 14 en estado activo, 14 volcáns inactivos e 42 pasivos, sendo o volcán máis alto o Chimborazo, con 6.310 msnm. É o estado coa máis alta concentración de ríos por milla cadrada no mundo[4]. É tamén o principal exportador de plátano a nivel mundial[5] e un dos principais exportadores de flores, camaróns e cacao.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Ecuador.

O nome Ecuador refírese á liña ficticia que divide o mundo en dous hemisferios (Norte e Sur) que atravesa o país, chamada liña Ecuatorial ou Ecuador. A República de Ecuador é un dos catro países que emerxeron da desintegración da "Gran Colombia" no 1830 (os outros son Colombia, Panamá e Venezuela). Entre 1904 e 1942, Ecuador perdeu territorios nunha serie de conflitos cos seus veciños. En 1941 un conflito territorial entre Ecuador e o Perú conduciu ás partes ao "Protocolo de Río de Xaneiro" homologado o 29 de xaneiro de 1942 establecendo fronteiras provisorias. O estado de conflito perdurou entre os dous países ata o 26 de outubro de 1999 cando os presidentes Jamil Mahauad (de Ecuador) e Alberto Fujimori (do Perú) asinaron o acordo denominado "Ata Brasilia". polo cal Perú concedeu un quilómetro cadrado do seu territorio no lugar chamado "Tiwinza" onde 14 soldados de Ecuador foran sepultados, transformándose así nun campo santo. Ambos países asinaron tamén tratados de comercio e acordos de navegación polos cales Ecuador ten o dereito de navegación irrestrita polo río Amazonas.

Época precolombiana

editar
 
Ruínas de Ingapirca.

Os primeiros rexistros de asentamentos humanos coñecidos no actual territorio ecuatoriano son de fai aproximadamente 12.000 anos. Do Paleoindio fican vestixios en Las Vegas, Chobsi, Cubilán e pinturas rupestres amazónicas. Ademais, existen múltiples vestixios de puntas talladas de obsidiana, cerámica, uso de metais e en menor medida construcións, sendo as máis relevantes as que se achan na serra norte, como son as pirámides de Cochasquí e, na costa, as tumbas da cultura La Tolita. Estas rexións estaban habitadas só por pequenas poboacións de indios até que pasaron a formar parte do grande imperio Inca agás no norte, onde existía o Reino de Quito que se opuxo sen éxito á tentativa inca de integralo no seu imperio.

Á chegada dos incas, estímase que habitaban Ecuador máis de 46 pobos descendentes dos minchaleños e encarnacionillos e os máis numerosos eran: pastos, caranquis, imbayas, paltas, puruháes, panzaleos, cañaris, quitus, hambatus e outros, que foron sometidos mediante a potencia militar inca e por pactos entre os monarcas locais e os delegados do Imperio. Durante o Incario, construíronse algúns asentamentos, sendo dos máis importantes Ingapirca e Tumipampa (Tomebamba). A permanencia desta situación non foi maior de 60 anos.

Etapa española

editar

En 1534, o español Sebastián de Benalcázar conquistou terras ecuatorianas. Este, unha vez tomada a capital, Quito, o maior asentamento de poboación prehispánico en 1563, refundouna como cidade española, capital da Presidencia de Quito e Real Audiencia de Quito formando parte do Vicerreinado do Perú. Os españois utilizaron non só os asentamentos urbanos indíxenas como base das novas cidades mestizas, senón que tamén usaron varios elementos da estrutura social autóctona para colonizar os territorios que ocuparon; os indíxenas superábanos en número, mais os españois tiñan unha maior destreza militar, polo que someteron as poboacións indíxenas. Os Incas, ademais de estar en guerras internas, descoñecían as armas de fogo. Dise que moitos indíxenas pensaron que os españois que montaban os seus cabalos eran seres de catro patas, e comparaban o son dos canóns co dos tronos, mais non pasou moito tempo ata que os indíxenas comezaron a defenderse a pesar da súa desvantaxe.

En 1739, integrouse o Vicerreinado de Nova Granada xunto con Caracas, Panamá e Santa Fé de Bogotá. Para o sometemento indíxena utilizáronse oprobiosas institucións, como a Mita e a Encomienda, que reduciron gran parte da poboación; ademais enfermidades como o sarampelo reduciron a poboación indíxena. Isto fixo que para o traballo forzado se trouxese poboación africana negra, na calidade de escravos, o que contribuíu á mestizaxe do Ecuador actual.

Emancipación e Gran Colombia

editar
 
Os tres departamentos (Quito, Cundinamarca e Venezuela) na época da Gran Colombia federada.
Artigo principal: Independencia de Ecuador.

Os primeiros movementos empezaron en 1809 coa rebelión dos crioulos contra o dominio español coñecida como Primeiro Grito de Independencia Americana. Aínda que tamén existiron outros precursores como Eugenio Espejo, indíxena que lanzou as primeiras proclamas por escrito na publicación El Nuevo Luciano de Quito. Os sublevados formaron unha Xunta de Goberno provisional o 10 de agosto de 1809 en Quito, mais os participantes acabaron sendo encarcerados e asasinados na Matanza do 2 de agosto de 1810. Aínda que nesta data non se falaba explicitamente da independencia de Ecuador, senón de fundar unha república monárquica ou unha monarquía republicana e de cambiar as autoridades afrancesadas de Quito, mantendo a fidelidade ao rei Fernando VII[6], parte da historiografía de Ecuador considera este acontecemento como o Primeiro Grito de Independencia Hispanoamericana e o inicio do proceso de emancipación da rexión.

Rematado o dominio francés e coa negativa do rei de España, Fernando VII, de acatar A Pepa, desatáronse na América española unha serie de revoltas independentistas. Así, a antiga Presidencia e Audiencia de Quito consegue escindirse na Batalla de Pichincha do 24 de maio de 1822, grazas ao Mariscal Antonio José de Sucre, lugartenente de Simón Bolívar.

Os territorios de Quito e Guayaquil (que se separaran de España o 9 de outubro de 1820 e mantiñan un goberno propio) incorporáronse na Gran Colombia baixo o nome de Distrito do Sur. Á Gran Colombia tamén se anexionaría o resto da terra ecuatoriana. O colapso da nova república deu lugar á formación dos estados de Nova Granada (actuais Colombia e Panamá), Venezuela e Ecuador en 1830.

Primeiro século da República

editar
 
O presidente Gabriel García Moreno.
Artigo principal: Estado Liberal Ecuatoriano.

A República de Ecuador como tal naceu en 1830, cando abandonou definitivamente a federación da Gran Colombia. Para a nacente nación agardábase como presidente a Antonio José de Sucre, mais este foi asasinado, segundo algunhas versións, polo venezolano Juan José Flores, quen tomaría cargo como o primeiro presidente da República de Ecuador. Flores recolleu un país en caos e estivo mandando durante quince anos consecutivos, interrompidos de 1934 até 1893, cando sería o presidente Vicente Rocafuerte, aínda que o venezolano retomaría o poder despois. Cando Flores volveu, os grupos de poder da costa levantáronse co obxectivo de eliminar o militarismo estranxeiro. O presidente para o cargo foi José Joaquín de Olmedo, pensador de Guayaquil, que só se mantivo no poder até que o lexislativo convocou eleccións e se nomeou a Vicente Ramón Roca como presidente de Ecuador. Dende 1845 a 1859 viviuse un período de gobernos liberais até unhas eleccións onde se tornou presidente Gabriel García Moreno dende 1859 até 1875, ano no que foi asasinado.

Trala morte de Gabriel García Moreno os dous partidos políticos de Ecuador trataron de unificar o seu pensamento. Antonio Borrero Cortázar foi o primeiro presidente froito desta unificación, pero só durou un ano no poder e sería seguido por Ignacio de Veintimilla e a posterior aparición do reformista Eloy Alfaro. No período do presidente Luis Cordero realizouse a coñecida Venda da Bandeira, o que desencadeou unha revolta militar que deu orixe ao liberalismo ecuatoriano con Eloy Alfaro como presidente constitucional.

Houbo un Goberno Plural Civil-Militar no cal cada integrante da xunta gobernaba durante unha semana, gobernando así até marzo de 1926 cando a xunta cesou a súa actividade e se nomeou como presidente a Isidro Ayora quen expediu unha nova constitución. En 1930 produciuse unha deflación xeral e Ayora viuse obrigado a renunciar, deixando o poder ao ministro de Goberno, Luis Larrea Alba, quen asumiu o poder o 24 de agosto de 1931 e ante a negativa do congreso para adquirir poderes plenos, decidiu disolvelo e o pobo reaccionou fronte á ditadura e así entregou o poder ao presidente do Senado Alfredo Baquerizo Moreno quen convocou comicios presidenciais para outubro, e tras unha serie de problemas de gobernos, Velásco Ibarra chegaría en 1934.

Estado de emerxencia de 2019

editar
Artigo principal: Protestas en Ecuador de 2019.

Unha serie de protestas comezaron o 3 de outubro de 2019 contra o fin dos subsidios e as medidas de austeridade adoptadas polo Presidente de Ecuador Lenín Moreno e a súa administración. O 10 de outubro, os manifestantes tomaron a capital, Quito causando que o Goberno de Ecuador se trasladase a Guayaquil,[7] mais coa intención de regresar para Quito.[8]

Política

editar
Artigo principal: Política de Ecuador.
 
Lenín Moreno, antigo presidente constitucional de Ecuador.

O actual Estado Ecuatoriano está conformado por cinco poderes estatais: o Poder Executivo, o Poder Lexislativo, o Poder Xudicial, o Poder Electoral e o Poder de Transparencia e Control Cidadán.

A función executiva está delegada no Presidente de Ecuador, actualmente exercida por Lenín Moreno, elixido para un período de catro anos (coa capacidade de ser reelecto unha soa vez). É o Xefe de Estado e de Goberno, é responsable da administración pública. Nomea a Ministros de Estado e servidores públicos. Define a política exterior, designa o Chanceler da República, así como embaixadores e cónsules. Exerce a máxima autoridade sobre as Forzas Armadas de Ecuador e a Policía Nacional de Ecuador, nomeando ás súas autoridades.

A función lexislativa corresponde á Asemblea Nacional da República de Ecuador, escolleita cada catro anos, unicameral, e composta por 124 asembleístas (15 por asignación nacional). É a encargado de redactar leis, fiscalizar os órganos do poder público, aprobar tratados internacionais, orzamentos...

A Función Xudicial delégase na Corte Nacional de Xustiza (CNJ), Cortes Provinciais, Tribunais e Xulgados. A CNJ estará composta por 21 xuíces para un período de nove anos (sen poderse reelixir) e renovarase un terzo da mesma cada tres anos.

O poder electoral garante o exercicio dos dereitos políticos e a organización da cidadanía. Está representada polo Consello Nacional Electoral (CNE) e o Tribunal Contencioso Electoral (TCE).

O poder cidadán está conformado polo Consello de Participación Social e Control Cidadán, o Valedor (Defensoría) do Pobo, a Contraloría Xeral do Estado e as superintendencias. As súas autoridades exercerán os seus postos durante cinco anos. Este poder encárgase de promover plans de transparencia e control público, así como plans para deseñar mecanismos para combater a corrupción.

Presidentes dende 1999

editar

En 1999, o sistema produtivo e financeiro do país sufriu un colapso, e deixou de pagar a súa débeda externa. O presidente Jamil Mahauad anunciou a dolarización, mais un golpe de estado en xaneiro de 2000 expulsouno do poder. A situación comezou a mellorar co goberno de Gustavo Noboa que aprobou reformas económicas e esa dolarización. En febreiro de 2003, entrou o novo presidente electo, Lucio Gutiérrez e o 15 de xaneiro de 2007 asumiu a presidencia Rafael Correa. O presidente dende 2017 é Lenín Moreno. Dende 1936, o voto é obrigatorio para todos os alfabetizados entre 18 e 65 anos, optativo para tódolos demais.

Subdivisións

editar
Artigo principal: Subdivisións de Ecuador.

O territorio ecuatoriano divídese en rexións, provincias, cantóns e parroquias, recoñécese tamén unha organización particular para as metrópoles en Distritos Metropolitanos.

División por provincias de Ecuador
 
# Provincia Capital
1 Azuay Cuenca
2 Bolivar Guaranda
3 Cañar Azogues
4 Carchi Tulcán
5 Chimborazo Riobamba
6 Cotopaxi Latacunga
7 El Oro Machala
8 Esmeraldas Esmeraldas
9 Galápagos Puerto Baquerizo Moreno
10 Guayas Guayaquil
11 Imbabura Ibarra
12 Loja Loja
13 Los Ríos Babahoyo
14 Manabí Portoviejo
15 Morona Santiago Macas
16 Napo Tena
17 Orellana Francisco de Orellana
18 Pastaza Puyo
19 Pichincha Quito
20 Santa Elena Santa Elena
21 Santo Domingo de los Tsáchilas Santo Domingo
22 Sucumbíos Nueva Loja
23 Tungurahua Ambato
24 Zamora Chinchipe Zamora

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía de Ecuador.

Ecuador é un dos menores países da América do Sur e, con Chile, o único que non comparte fronteira co Brasil. A paisaxe está dominada polos Andes, que atravesan o centro do país no sentido norte-sur, con altitudes que chegan aos 6.267 m no Chimborazo (practicamente no centro do país). Ó leste dos Andes, preto de 1/4 do territorio está integrado na bacia Amazónica, e ó oeste esténdese unha das máis extensas planicies costeiras da costa sur-americana do Pacífico.

A capital, Quito, localízase nos Andes e non é a maior cidade do país. Ese título correspóndelle a Guayaquil, un porto de mar no golfo de Guayaquil, no suroeste.

O clima varía coa altitude, sendo tropical no litoral e na Amazonia e tornándose cada vez máis frío a medida que a altitude aumenta, nos Andes.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Ecuador.

A economía de Ecuador depende moito da produción de petróleo, que xera o 40% das exportacións do país. Consecuentemente, as flutuacións do prezo deste produto nos mercados mundiais ten grande impacto nas finanzas do país. Tamén depende das transferencias de diñeiro recibidas de ecuatorianos no exterior, e da exportación de bananas e doutros produtos primarios.

Demografía

editar
Artigo principal: Demografía de Ecuador.

Ritmos musicais típicos

editar
  1. "Constitución de la República del Ecuador en Shuar". Issuu. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  2. "¡Iniuri seamkur!, Ayamrumamu nuyá Iniankasrik Ayamruma Papi" (PDF). INREDH. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  3. Servizo Ecuatoriano de Sanidade Agropecuaria Arquivado 05 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. Tierra del Volcán - Ecuador Arquivado 23 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
  5. Acción Ecolóxica Ecuador Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
  6. Deputados de Quito (1809). "Acta do 10 de agosto de 1809". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2009. Consultado o 15 de agosto, 2009. 
  7. News, A. B. C. "Protesters move into Ecuador's capital; president moves out". ABC News. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  8. Kueffner, tephan (10 de outubro de 2019). Bloomberg, ed. "Ecuador Government Returns to Capital Amid National Strike". Consultado o 10 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

editar