Ambato

cidade do Ecuador, capital da provincia do Tungurahua

Coordenadas: 1°14′30″S 78°37′11″O / -1.24167, -78.61972

Ambato (na súa forma completa San Juan de Ambato) é unha cidade localizada nos Andes centrais de Ecuador.[1] A carón das marxes do Río Ambato, a cidade tamén se asenta entre varias montañas altas. É a capital da provincia de Tungurahua, cunha altitude media de 2.577 metros sobre o nivel do mar. A poboación ronda os 180.000 habitantes (INEC, 2010), converténdoa na décima cidade máis poboada do país. Ten varios alcumes, sendo coñecida popularmente como "Cuna de los Tres Juanes", "Tierrita Linda", "Fénix del Ecuador", "Ciudad Cosmopólita", "Tierra Ternura", "Jardín del Ecuador" e "Ciudad de las Flores, Frutas y el Pan". Os seus habitantes son chamados ambateños.

Ambato
Ambato Zentrum.JPG
Localización
Ambato en Ecuador
Ambato
Ambato
PaísFlag of Ecuador.svg Ecuador
ProvinciaProvincia de Tungurahua
CantónCantón Ambato
Xeografía
Altitude2.500 msnm
Superficie46,50 km²
Demografía
Poboación178.538 hab. (2010)
Densidade3.800 hab/km²
XentilicioAmbateño/a
Outros datos
AlcaldeLuis Amoroso Mora
Páxina oficial

NotasEditar

  1. Columbia Gazetteer of the WorldNew York: Columbia University Press, 1998

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar