Abrir o menú principal
Provincia de Guayas, situada no oeste de Ecuador.

Guayas é unha das 24 provincias da República de Ecuador, localizada na rexión litoral do país. A súa capital é Guayaquil, o maior centro financeiro, comercial e industrial do país, así como a cidade máis grande. Con máis de 3,7 millóns de habitantes, a provincia de Guayas é a máis poboada de Ecuador, con arredor dun 30 % da poboación total. O nome da provincia provén do río Guayas, que a atravesa xusto antes de desembocar no Océano Pacífico.

HistoriaEditar

Na época precolombiana estas terras foron habitadas polos huancavilcas. Coa chegada dos españois buscouse construír unha cidade que servise de porto, pero a resistencia dos nativos impediu a conquista destes territorios durante un tempo. En 1538 fundouse a cidade de Guayaquil, que se converteu nun eixo importante da Real Audiencia de Quito. Os dominios de Guayaquil abranguían a maior parte da rexión litoral de Ecuador. En 1763 foi nomeado o primeiro Gobernador de Guayaquil. Tralas guerras de independencia de España, formouse a Provincia Libre de Guayaquil, que logo acabaría uníndose á Gran Colombia, pasando a chamarse Departamento de Guayaquil. Despois da separación da Gran Colombia, formouse a República de Ecuador, e a rexión de Guayaquil dividiuse en varias provincias, unha das cales é Guayas.

Na actualidade a Provincia de Guayas está dividida en 25 cantóns, e a súa actividade principal é a industria (xa que nela se atopan o porto e as fábricas de Guayaquil) e o turismo de praia.

DemografíaEditar

A provincia ten unha poboación de 3.744.351 persoas, estimada polo INEC en 2010, a maior parte da cal vive na súa capital, Guayaquil, que supera os 2 millóns de habitantes, ou nos seus arredores. Esta poboación está crecendo, xa que existe unha corrente migratoria interna dende outras provincias do país.

ClimaEditar

O clima da Provincia de Guayas é tropical e monzónico, debido á corrente mariña fría de Humboldt e ó fenómeno de El Niño. Isto fai que a temperatura sexa elevada durante case todo o ano. Danse dúas estacións, o inverno chuvioso que vai dende xaneiro a maio, e o verán seco entre xuño e decembro.

  Parámetros climáticos medios da Provincia de Guayas  
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 31 30 32 32 30 29 28 28 30 29 30 31
30
Temperatura mínima media (°C) 21 20 18 22 20 15 17 15 16 17 18 20
15
Precipitacións (mm) 22,35 27,94 28,70 18,03 5,33 1,77 0,25 0,00 0,25 0,25 0,25 3,00
108.45
Fonte: Weatherbase

Véxase taménEditar