Provincia de Chimborazo

A provincia de Chimborazo, é unha das 24 provincias de Ecuador, situada na zona central do corredor transandino. É coñecida como provincia das altas cumes, debido a que nela se encontran varias das cumes máis elevadas do país, como o Carihuayrazo, o Altar, o Igualata, o Tungurahua, o Sangay, entre outros, que nalgúns casos comparte con outras provincias. Na cordilleira occidental encóntrase o volcán Chimborazo, que dá nome á provincia e cunha altura de 6.310 msnm, é o de máis altura do país. A provincia ten unha superficie próxima ós 6.500 km² e ten unha poboación total de 509.352 habitantes, sendo a novena provincia máis poboada de Ecuador. A capital da provincia é a cidade de Riobamba, unha das máis importantes do país, coñecida como a Sultana de los Andes, que está situada no centro-norte da mesma, a unha altitude de 2.750 msnm.

Provincia de Chimborazo
Bandeira Ecuador Chimborazo
Escudo Ecuador Chimborazo
BandeiraEscudo
Chimborazo in Ecuador (+Galapagos).svg
Himno: [[Himno de Chimborazo]]
EstadoFlag of Ecuador.svg Ecuador
CapitalRiobamba
 • Poboación223.586
Hermuy Calle Verzozi
Mariano Curicama
 • Total6.487 km²
PoboaciónPosto 9º
 • Total509.352 hab.
 • Densidaden/d
Xentiliciochimboracense
Fuso horarioUTC-5
Prefixo telefónico3 (+593-3)
Código ISOEC-H

HistoriaEditar

Era prehispánicaEditar

En Chimborazo atopouse o "Home de Punín". En 1923, descubriron restos dun cranio humano fosilizado.

No proceso de expansión da dominación Inca, cara aos anos 1000 os Andes centrais foron escenario do asentamento e expansión do mesmo. En Ecuador, os incas anexaron a totalidade da serra ao seu imperio. En tempos de Huayna-Cápac, previo á chegada dos españois, os puntos claves da dominación Inca, situáronse en Tomebamba, capital residencial incaica, apoiado por sedes dun"mordomo maior" denominado "tocricoc". No ámbito do exercicio do poder este cargo tiña unha función semellante á de "gobernador de provincia", Para o sur do actual Ecuador o "tocricoc" situábase en Latacunga, sendo Riobamba na época un dos "tambos".

Fundación de RiobambaEditar

A cidade de Riobamba fundouse o 15 de agosto de 1534 por Diego de Almagro, na antiga Cidade de Liribamba (milenaria capital dos Puruhaes) o que hoxe é Villa La Unión no Cantón Colta. Foi a primeira cidade española fundada en terras do que hoxe é Ecuador. Durante a época colonial foi unha cidade grande e próspera, ata que o 4 de febreiro de 1797 foi destruída por un terremoto. Para a súa reconstrución Riobamba foi mudada á actual chaira de Tapi que cumpría coas condicións apropiadas.

XeografíaEditar

Os límites da provincia son:

División da provinciaEditar

A provincia está dividida en 10 cantóns e 61 parroquias. Os cantóns son:

 
Cantóns da provincia de Chimborazo.
Cantón Pob. (2013) Área (km²) Cabeceira
cantonal
  Alausí 58.518 1.614 Alausí
  Chambo 12.515 168 Chambo
  Chunchi 15.382 270 Chunchi
  Colta 44.202 820 Cajabamba
  Cumandá 13.104 169 Cumandá
  Guamote 41.376 1.216 Guamote
  Guano 48.127 480 Guano
  Pallatanga 12.151 385 Pallatanga
  Penipe 9.565 375 Penipe
  Riobamba 263.412 990 Riobamba

DemografíaEditar

 
Chimborazo en inverno
 
Paisaxe rural da provincia de Chimborazo
  • Poboación total[1]: 509.352 hab no ano 2013
  • Mulleres: 265.372 (52.1%)
  • Homes: 243.980 (47.9%)
  • Poboación urbana: 310.680 hab (62%)
  • Poboación rural: 198.722 hab (38%)
  • Idade media da poboación (anos): 27.8
  • Taxa de crecemento anual (%): 3
  • Media de fillos por fogar: 1.9 fillos
  • Media de persoas por fogar: 4.5 persoas

Centros urbanos máis poboadosEditar

  • Riobamba 223.586 habitantes
  • Alausí 15.109 habitantes
  • Guano 14.608 habitantes
  • Colta 11.068 habitantes
  • Guamote 10.107 habitantes
  • Cumandá 9.782 habitantes
  • Pallatanga 9.102 habitantes
  • Chambo 8.210 habitantes
  • Chunchi 6.932 habitantes
  • Penipe 5.176 habitantes

EconomíaEditar

A provincia é unha zona de gran cultura artesanal e un sector de moito desenvolvemento turístico. A artesanía está moi desenvolvida, sobre todo na zona do Cantón Guano, onde as manufacturas con las, coiros e téxtiles constitúen as principais actividades económicas e polo tanto a riqueza desta rexión.

En Chimborazo cultívase cebada, millo, trigo, cacao, plátano, pataca e algunhas froitas. En gandería desenvólvese a cría de gando ovino, bovino de carne, leite, e a industrialización dos produtos lácteos.

Respecto á minería, Chimborazo ten xacementos de prata, cobre, ouro, mármore, ferro, pedra calcaria e xofre.

Na provincia tamén existen industrias como a do cemento, cerámica, tubos, madeira, entre outras.

NotasEditar

  1. Datos preliminares ano 2012, Ministerio de Salud Pública de Ecuador- 2011

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar