Diego de Almagro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Diego de Almagro, nado en Almagro en 1472 e finado en Cuzco en 1538, foi un conquistador español.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1475 (Gregoriano) ![]() Almagro, España ![]() |
Morte | 8 de xullo de 1538 ![]() Cuzco, Perú ![]() |
Causa da morte | pena de morte, chave de braço (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Cuzco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | explorador, Conquistadores casteláns ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | xeneral ![]() |
Familia | |
Fillos | Diego de Almagro o Mozo ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Enciclopedia de Otto The Nuttall Encyclopædia >>>:Alma′gro, Diego d' ![]() |
![]() ![]() |

Traxectoria
editarParticipou na conquista española do Imperio Inca con Francisco Pizarro. Os éxitos de Pizarro animárono a solicitar ao rei o permiso para emprender unha expedición de conquista por conta propia, o que causou friccións con Francisco. Almagro entrou no territorio da actual Chile para conquistar ese territorio. Nomeado en 1535 gobernador de Nova Toledo, ao regreso ao Perú ocupou a cidade de Cuzco por considerar que pertencía á súa gobernación e fixo prisioneiros a Gonzalo Pizarro e Hernando Pizarro. Por mediación de Pizarro liberounos, pero estes aproveitaron para atacar a Diego, que estaba enfermo. Derrotado por Hernando Pizarro na batalla das Salinas, foi executado en Cuzco. O seu fillo Diego de Almagro o Mozo púxose á fronte dos almagristas pero acabou sendo executado.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diego de Almagro |