Simón Bolívar

militar e político español

Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios, coñecido como Simón Bolívar (Simon Bolivar-es.ogg pronunciación ), e tamén coloquialmente por El Libertador,[1] nado en Caracas o 24 de xullo de 1783[2] e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político e militar suramericano que levou aos que hoxe son os estados de Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Panamá e Bolivia, a independizarse do Imperio español.

Simón Bolívar
Simón Bolívar, 1825.jpg
Coat of arms of Bolivia (1825).svg
Libertador de Bolivia
Período12 de agosto de 1825
29 de decembro de 1825
SucesorAntonio José de Sucre
Escudo de la República Peruana (1825-1950).svg
Ditador do Perú
Período17 de febreiro de 1824
28 de xaneiro de 1827
SucesorAndrés de Santa Cruz
Escudo de Guayaquil.svg
Ditador de Guayaquil
Período11 de xullo de 1822
31 de xullo de 1822
Sucesor(Anexión á Gran Colombia)
Coat of arms of Gran Colombia (1821).svg
Presidente da Gran Colombia
Período17 de decembro de 1819
4 de maio de 1830
SucesorDomingo Caicedo
Coat of arms of Venezuela (1811).svg
Presidente de Venezuela
Período6 de agosto de 1813
7 de xullo de 1814
SucesorCristóbal Mendoza
Coat of arms of Venezuela (1811).svg
Presidente de Venezuela
Período15 de febreiro de 1819
17 de decembro de 1819
SucesorJosé Antonio Páez
Datos persoais
Nacemento24 de xullo de 1783
 Caracas
Falecemento17 de decembro de 1830
 Santa Marta
PaiJuan Vicente Bolívar y Ponte
NaiMaría de la Concepción Palacios y Blanco
CónxuxeMaría Teresa Rodríguez del Toro y Alayza
ProfesiónPolítico e militar
Relixióncatolicismo
Simón Bolívar Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Bolívar naceu no seo dunha acomodada familia crioula e, como era habitual entre os herdeiros das familias de clase alta da época, cando tiña 16 anos foi enviado a España para completar a súa educación, trasladándose posteriormente a Francia. Durante a súa estadía en Europa coñeceu as ideas da Ilustración, que máis tarde o motivaron para derrocar o reinado colonial español en Suramérica. Aproveitando a desorde provocada pola Guerra da Independencia española, Bolívar comezou a súa campaña pola independencia en 1808.[3] Despois da vitoria na batalla de Boyacá o 7 de agosto de 1819, o vicerreinado de Nova Granada deixou de ser efectivo, instaurando Bolívar a República da Gran Colombia nos territorios dos actuais estados de Colombia e Venezuela. A pesar de varios atrancos, incluída a chegada dunha forza expedicionaria española sen precedentes, a nova república quedou definitivamente consolidada despois do triundo dos revolucionarios na Batalla de Carabobo en 1821. Nese mesmo ano incorpórase Panamá, e no ano seguinte a provincia de Quito, en maio, e a Provincia Libre de Guayaquil, en xullo. Bolívar foi presidente da Gran Colombia de 1819 a 1830.

En posteriores campañas, Bolívar liberou Perú e Bolivia, esta última nomeada así na súa honra. Foi simultaneamente presidente da Gran Colombia (formada polos actuais países de Venezuela, Colombia, Panamá e Ecuador), Perú e Bolivia, aínda que pouco despois o seu segundo ao mando, Antonio José de Sucre, foi nomeado presidente de Bolivia. Bolívar tiña como obxectivo unha América hispana forte e unida capaz de facer fronte non só ás ameazas que emanaban de España e da Santa Alianza europea, senón tamén do poder emerxente de Estados Unidos. No punto álxido do seu poder, Bolívar gobernou un amplo territorio desde a fronteira arxentina ata o Caribe.

Bolívar loitou en 472 batallas, 79 das cales foron importantes; e durante as súas campañas montou a cabalo unha distancia de 123 000 quilómetros, que é dez veces máis que o percorrido por Aníbal, tres veces máis que Napoleón, e o dobre que Alexandre o Grande.[4] Bolívar é visto coma unha icona nacional na maioría da Suramérica moderna, e está considerado un dos grandes heroes dos movementos de independencia da América Latina de comezos do século XIX, xunto con José de San Martín, Francisco de Miranda e outros. Cara a fin da súa vida, Bolívar amosou unha certa decepción. Atribúeselle a frase "arei no mar e sembrei no vento" cando se desmembrou a Gran Colombia;[5] e nun discurso ao Congreso Constituínte da República de Colombia, Bolívar declarou: "Compañeiros cidadáns! Abofé en dicir isto: a independencia é o único beneficio que obtivemos, en detrimento de todo o resto".[6]

Historia familiarEditar

DevanceirosEditar

O apelido paterno Bolívar procede da vila biscaína de Ziortza-Bolibar no País Vasco.[7] Por liña materna, Bolívar descende de familias das Illas Canarias.[8]

En 1589, procedente de Santo Domingo, onde estaba servindo ao noble e militar español Diego de Osorio[9], chegou a Venezuela o primeiro Bolívar,[10] o contador Simón Otxoa de Bolíbar y la Rentería, coñecido como Simón de Bolíbar “o Vello”. Ía acompañando a Diego de Osorio cando este foi nomeado Gobernador e Capitán Xeneral de Venezuela, para desempeñar o cargo de Secretario de Residencia.[11] Chegou a Venezuela co seu fillo, nado en Santo Domingo, Simón de Bolíbar "o Mozo".[11]

O mozo Simón seguiu os pasos do seu pai e chegou a ser auditor da tesourería real. En 1593 recibiu unha encomienda polos seus servizos, sendo recompensado cunhas terras de labor no val de San Mateo, e casou coa filla doutro encomendero. Seguindo os costumes da época, o fillo do mozo Simón, Antonio, casou cunha muller doutra familia de encomenderos. O fillo de Antonio, Juan de Bolívar de Villegas (avó do Libertador) casou con María Petronila de Ponte y Marín. Con esta unión, Juan chegou a ser un dos homes máis ricos de Venezuela.[9] Cómpre destacar a ascendencia galega do Libertador por parte da súa avoa, xa que o avó materno desta, Jacinto de Ponte y Andrade, era oriúndo de Santiago de Compostela.[12]

Simón Bolívar era fillo de Juan Vicente Bolívar y Ponte e de María de la Concepción Palacios y Blanco, que eran membros destacados da aristocracia de Caracas. Cando casaron, en 1773, había entre eles unha gran diferenza de idade pois Juan Vicente, daquela, contaba con 47 anos e María de la Concepción, 15.[13] Ademais de Simón, tiveron catro fillos máis: tres maiores que Simón -Juan vicente, María Antonia e Juana Nepomucena- e unha irmá máis pequena, María del Carmen, quen morreu aos poucos de nacer.[14]

Árbore xenealóxica ascendente de Simón BolívarEditar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Antonio Bolívar y Díaz de Rojas
 
 
 
 
 
 
 
8. Capitán Luis Bolívar Rebolledo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor Rebolledo Argumedo
 
 
 
 
 
 
 
4. Juan de Bolívar y Martínez de Villegas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Lorenzo Martínez de Villegas
 
 
 
 
 
 
 
9. Ana María Martínez de Villegas y Ladrón de Guevara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Magdalena Ladrón de Guevara y Rojas
 
 
 
 
 
 
 
2. Juan Vicente Bolívar y Ponte-Andrade
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Jacinto Ponte-Andrade
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro Ponte-Andrade y Jaspe de Montenegro
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Jaspe de Montenegro
 
 
 
 
 
 
 
5. María Petronila Ponte-Andrade y Marín de Narváez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Francisco Marín de Narváez y Vílchez
 
 
 
 
 
 
 
11. María Josefa Marín de Narváez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Josefa María de Narvaéz
 
 
 
 
 
 
 
1. Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios Ponte-Andrade y Blanco
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. José Palacios de Aguirre y Ariztía-Sojo y Ortiz de Zárate
 
 
 
 
 
 
 
12. Feliciano Palacios de Aguirre y Ariztía-Sojo y Gedler
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Isabel María Gedler Rivilla
 
 
 
 
 
 
 
6. Feliciano Palacios de Aguirre y Ariztía-Sojo y Gil de Arratia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Francisco Gil de Arratia
 
 
 
 
 
 
 
13. Isabel María Gil de Arratia y Aguirre-Villela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. María Rosa Aguirre-Villela y Laya-Mojica
 
 
 
 
 
 
 
3. María de la Concepción Palacios y Blanco
Marquesa de San Luis
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Mateo Blanco Infante
 
 
 
 
 
 
 
14. Mateo José Blanco y Fernández de Araújo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Josefa Fernández de Araújo y Rivilla
 
 
 
 
 
 
 
7. Francisca Blanco Herrera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Ascencio de Herrera y Ascanio
 
 
 
 
 
 
 
15. Isabel Clara de Herrera y Liendo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Paula Rosa de Liendo y Ochoa
 
 
 
 
 
 

Primeiros anosEditar

 
Casa natal de Simón Bolivar en Caracas.

InfanciaEditar

Simón Bolívar naceu en Caracas, Capitanía Xeneral de Venezuela, o 24 de xullo de 1783. Foi bautizado como Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios.[2]

Sendo Bolívar un neno, foi criado por dona Inés Manceba de Miyares e pola esclava da familia, Hipólita. Aínda que un par de anos máis tarde volveu aos coidados dos seus pais, esta experiencia tivo unha gran transcendencia na súa vida. Seu pai morreu de tuberculose antes de que Bolívar cumprira os tres anos,[15] e súa nai finou cando estaba a piques de cumprir os nove anos.

Despois da morte da súa nai, Bolívar quedou baixo a custodia do instrutor Miguel José Sanz, pero non conxeniaron e foi enviado de volta ao seu fogar. Recibiu educación privada dos renomeados profesores Andrés Bello, Guillermo Pelgrón, José Antonio Negrete, Fernando Vides, o pai Andújar, e Simón Rodríguez, anteriormente coñecido como Simón Carreño. Simón Rodríguez converteuse en profesor, amigo e mentor de Simón Bolívar. Apredendeulle a nadar e cabalgar, así como nocións de liberdade, dereitos humanos, política, historia e socioloxía.[16] Posteriormente, Rodríguez foi fundamental na decisión de Bolívar de comezar a revolución, inculcando nel as ideas de independencia, iluminación e liberdade.[16] Mentres tanto, Bolívar foi coidado principalmente pola súa neneira, a escrava Hipólita, á que despois chamou "a única nai que coñecín".[17]

 
Bolívar cando tiña 20 anos, en 1804.

MocidadeEditar

Cando Bolívar tiña catorce anos, Simón Rodríguez veuse forzado a deixar Venezuela despois de ser acusado de estar implicado nunha conspiración contra o goberno español en Caracas. Bolívar entrou entón na academia militar das Milicias de Aragua.[16] Trala morte dos seus pais, en 1800 foi enviado a España para completar a súa educación e continuar cos seus estudos militares en Madrid.[18] Alí coñeceu a María Teresa Rodríguez del Toro y Alaysa con quen casou en Madrid en maio de 1802,[19] e tras un breve paso pola Coruña marchan a Venezuela e instálanse na facenda de san Mateo, onde ela enferma e morre por mor da febre amarela en 1803, oito meses despois do casamento[19]. En 1804, Bolívar volta á Europa, chegando a Cádiz a finais de 1803 e, a seguir, marcha a Francia instalándose en París[20] e viaxando a diferentes países europeos. Encontrándose en Milán, foi testemuña da coroación de Napoleón Bonaparte como rei de Italia (un reino no norte da Italia moderna unido a Francia a través da súa persoa), un evento que lle deixou unha profunda impresión. Aínda que en desacordo coa coroación, quedou moi sensibilizado pola veneración popular inspirada polo heroe.[16]

Carreira política e militarEditar

O libertadorEditar

Bolívar volveu para Venezuela en 1807. Cando Napoleón converte a Xosé rei de España e das súas colonias en 1808, Bolívar pasa a participar nas xuntas de resistencia na América. A xunta de Caracas declara a independencia en 1810, e Bolívar marcha para a Inglaterra nunha misión diplomática.

Volve á Venezuela en 1811. En xullo de 1812, o líder da xunta, Francisco de Miranda réndese, e Bolívar ten que fuxir para Cartaxena de Indias. É aquí que Bolívar escribe o Manifesto de Cartagena .

En 1813 lidera a invasión da Venezuela. Entra en Mérida o 23 de maio, sendo proclamado El Libertador ("o libertador"), recaptura Caracas o 6 de agosto e proclama a segunda república Venezolana. Pasa, entón, a comandar as forzas nacionalistas da Colombia , capturando Bogotá en 1814. Entre tanto, despois de algúns contratempos militares, Bolívar é obrigado a fuxir, en 1815, para a Xamaica onde pide axuda ó líder Haitíano Alexander Sabes Petión.

En 1816, concedida esa axuda, Bolívar regresa os combates, desembarcando na Venezuela e capturando Angostura (hoxe, Ciudad Bolívar).

El IntegradorEditar

En 1826, Bolívar tenta promover a integración continental ao convocar o Congreso do Panamá. Compareceron ao congreso representantes da Colombia, da Guatemala, de México, de Perú e dos Estados Unidos. Será o principio das Conferencias Panamericas.

Bolívar tivo moitas dificultades para administrar a chamada Gran Colombia. Durante o ano 1826 varias revoltas ocorreron en Venezuela, e, a pesar da amnistía e do arranxo de goberno coa participación dos rebeldes, creceu a disidencia política na rexión de Nova Granada.

Bolívar proclamouse ditador en 1828, a pesar de crer que sería unha medida provisoria. Sufriu unha tentativa de asasinato en setembro de 1828 e, aínda que frustrado, este acontecemento afectou o resto de súa vida.

Bolívar renunciou á presidencia o 27 de abril de 1830. Ese mesmo ano, morreu de tuberculose en Santa Marta, Colombia.

Galería de imaxesEditar

Simón Bolívar aos 17 anos, en 1800 ou 1801. 
Retrato de Bolivar no ano 1812
Cadro de Simón Bolivar. 
Escudo de Armas dos Bolivar, que hoxe ostenta Ciudad Bolivar
Estatua a Simón Bolivar en Londres
Mapa da Gran Colombia. 
Batalla de Ayacucho. 

NotasEditar

  1. David Bushnell, ed. (2003). El Libertador: Writings of Simón Bolívar (en inglés). Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-514481-3. 
  2. 2,0 2,1 Lynch 2010, p. 2
  3. Riggs, Thomas (2013). The literature of propaganda (en inglés). Detroit: St. James Press. pp. 153–155. ISBN 978-1-55862-859-5. 
  4. Toro Hardy, Alfredo (2017). Understanding Latin America (en inglés). New Jersey: World Scientific. p. 47. ISBN 978-981-3229-94-5. doi:10.1142/10709. 
  5. "He arado en el mar y he sembrado en el viento" (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  6. Adelman, Jeremy (2011). "5: Independence in Latin America". En Moya, José C. The Oxford Handbook of Latin American History (en inglés). Oxford University Press. p. 153. ISBN 978-0-19-516620-0. 
  7. Guía Bizcaia (ed.). "Museo Simón Bolívar" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  8. Almudena Cruz (29 de xullo de 2012). "Simón Bolívar tenía sangre guanche". La Provincia. Diario de Las Palmas (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Slatta 2003, p. 10
  10. Lynch 2010, p. 3
  11. 11,0 11,1 Federación de Centros Vascos de Venezuela (ed.). "Antecedentes familiares de Simón Bolívar, el Libertador" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  12. Saavedra Rodríguez, José (18 de maio de 2009). "Genealogía gallega de Simón Bolivar" (blog) (en castelán). Consultado o 25-2-2020. 
  13. Slatta 2003, p. 11
  14. Manuel Pérez Vila. cervantesvitual.com, ed. "Bigrafía de Simón Bolívar" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  15. Arismendi 1983, p. 9
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Arismendi 1983, p. 10
  17. Lynch 2010, p. 21
  18. Bushnell (2002), p. 16
  19. 19,0 19,1 Bushnell (2002), p. 17
  20. Bushnell (2002), p. 18

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Arismendi Posada, Ignacio (1983). Gobernantes colombianos 1819-1983 (en castelán) (2ª ed.). Bogotá: Interprint. 
  • Bushnell, David (2002). Simón Bolívar: hombre de Caracas, proyecto de América : una biografía (en castelán). Bos Aires: Editorial Biblos. ISBN 950-786-315-X. 
  • García Bacca, Juan David (1981). Simón Rodríguez, pensador para América. Colección: El libro menor, nº 19 (en castelán). Caracas (Venezuela): Academia Nacional de la Historia. 
  • Lynch, John (2006). Simón Bolívar. A Life (en inglés). New Haven (Connecticut): Yale University Press. ISBN 0-300-11062-6. 
  • Lynch, John (2010). Simón Bolívar (en castelán). Barcelona: Críitica. ISBN 978-84-9892-072-7. 
  • Rehrmann, Norbert (2009). Simón Bolívar: Die Lebensgeschichte des Mannes, der Lateinamerika befreite (en alemán). Berlín: Klaus Wagenbach. ISBN 978-3-8031-3630-5. 
  • Slatta, Richard W.; De Grummond, Jane Lucas (2003). Simón Bolívar's Quest for Glory (en inglés). Texas A&M University Press. ISBN 1-58544-239-9. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar