Minami Torishima
Minami Torishima (南鳥島) ou Illa Marcus é unha illa illada localizada ao noroeste do océano Pacífico. O significado en xaponés é "Illa dos paxaros do sur". Posúe unha área de 1,2 km². É o territorio máis oriental do Xapón a 1.848 km ao sueste de Toquio, e a 1.267 km ao leste da illa xaponesa máis próxima, Minami Iōjima nas Illas Ogasawara, e forma unha liña entre Toquio e a Illa Wake, que está a 1.415 km ao leste-sueste. A illa máis próxima é Farallón de Paxaros nas Illas Marianas, que está a 1.021 km ao oeste-suroeste.
南鳥島 (ja) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Metropolitan prefecture (en) ![]() | Toquio | ||||
Aldeia no Japão (pt) ![]() | Ogasawara (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1,46 km² ![]() | ||||
Medición | 1,5 (![]() ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Altitude | 9 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 110-2100 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Administrativamente forma parte do concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Toquio no Xapón.
Historia
editarA illa foi descuberta polo capitán español Andrés de Arriola en 1694, na viaxe de retorno desde Manila a Acapulco, pero a súa localización non foi rexistrada ata o século XIX. É mencionada por primeira vez en 1864, dando unha posición por unha nave de observación dos Estados Unidos en 1874 e en 1879, Kiozaemon Saito pisou terra. O Xapón oficialmente reclamou a illa o 19 de xullo de 1898.
Durante a segunda guerra mundial 4.000 soldados xaponeses estiveron estacionados na illa, a cal foi atacada pola Mariña dos Estados Unidos en 1943, sen conseguir a súa rendición ou ocupación. A illa é usada na actualidade para a observación meteorolóxica e ten unha pequena estación de radio.