Camerún
Coordenadas: 6°N 12°L / 6, -12
O Camerún[2] (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República do Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste co Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.
República do Camerún | |||
---|---|---|---|
République du Cameroun Republic of Cameroon | |||
| |||
Himno: Chant de Ralliement | |||
Capital • Poboación | Yaoundé 1 430 000 (2004) | ||
Cidade máis poboada | Douala | ||
Linguas oficiais | Francés, inglés | ||
Forma de goberno | República | ||
Paul Biya Joseph Dion Ngute | |||
Independencia De Francia e do Reino Unido | 1 de xaneiro de 1960 | ||
Superficie | Posto 53º | ||
• Total | 475 440 km² | ||
• % auga | 1,3 | ||
Fronteiras | 4 591 km | ||
Costas | 402 km | ||
Poboación | Posto 58º | ||
• Total (2013[1]) | 20 549 221 hab. | ||
• Densidade | 34 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 96º | ||
• Total (2012) | 50 320 millóns US$[1] | ||
• per cápita | 2 300 US$[1] | ||
Moeda | Franco CFA (XAF ) | ||
IDH (2007) | 0,532 (144º) – Medio | ||
Xentilicio | Camerunés, camerunesa[2] | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .cm | ||
Prefixo telefónico | +237 | ||
Prefixo radiofónico | TJA-TJZ | ||
Código ISO | 120 / CMR / CM | ||
Membro de: ONU, Commonwealth, UA | |||
HistoriaEditar
- Artigo principal: Historia do Camerún.
Os primeiros habitantes do que hoxe é o Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.
O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da primeira guerra mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.
O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmá do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.
Goberno e políticaEditar
- Artigo principal: Goberno e política do Camerún.
Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.
No século XXI, a minoría anglófona dos territorios do oeste incrementou as súas protestas contra o goberno central do país (de maioría francófona) en favor dunha maior autonomía política ou unha eventual secesión, chegando a declarar a independencia da rexión o 1 de outubro de 2017. Segundo a ONU, o Camerún tiña en 2018 arredor de 250.000 desprazadas internos[3].
Organización político-administrativaEditar
- Artigo principal: Organización territorial do Camerún.
O Camerún divídese en dez provincias, respectivamente:
Provincias 1 Adamaoua 2 Centro 3 Este 4 Extremo-Norte 5 Litoral 6 Norte 7 Nor-Oeste 8 Oeste 9 Sur 10 Sur-Oeste. |
A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud xorden da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord xorden debido á escisión da provincia Nord.
XeografíaEditar
- Artigo principal: Xeografía do Camerún.
O Camerún atópase situado no golfo da Guinea. Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e coa Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e o Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.
No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza coa Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa do Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte do Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa República do Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía do Camerún.
Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.
A Unión Europea é o principal socio comercial do Camerún.
DemografíaEditar
- Artigo principal: Demografía do Camerún.
Ao ano 2007, o Camerún tiña unha poboación de 18 000 000 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). Os dous idiomas oficiais son o inglés e o francés. A esperanza de vida é de 52 anos. A media de fillos por muller é de 4,49. O 79% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 7% da poboación está infectada co VIH (virus da sida).
Cultura e educaciónEditar
- Artigo principal: Cultura do Camerún.
En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, o Camerún do Oeste usou o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes no Camerún non chega máis aló do nivel primario.
O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).
DeportesEditar
A mellor participación do Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.
Outros logros destacados da selección de fútbol do Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camerunés.
- ↑ L’1 d’octubre camerunès, Diari Ara, 25 de agosto de 2018 (en catalán).