Abrir o menú principal

O bamum[1] (ou Shü Pamom "lingua dos Bamum", ou Shümom "lingua Mum"), é unha lingua benue-congo falada en Camerún e Nixeria por arredor de 420 000 falantes do pobo bamum. A lingua é coñecida pola súa propia escrita, o silabario bamum, que foi desenvolvido polo rei Njoya arredor do ano 1895. O músico camerunés Claude Ndam é un falante nativo desta lingua e utilízaa na súa música.[2]

Bamum
Outros nomes:Shüpamom
Falado en: Camerún e Nixeria
Total de falantes: 420 000 (2005)
Familia:
 Níxer-congo
  Atlántico-congo
   Benue-congo
    Bantoide meridional
     Pasteiros
      Pasteiros orientais
       Nun
        Bamum
Escrita: Alfabeto latino e silabario bamum
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: bax

NotasEditar

  1. Entrada bamum en Digalego
  2. Cathy Kell (14 de setembro de 2005). "Cameroon: Claude Ndam : Committed To Culture". Consultado o 28 de agosto de 2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar