O Wouri (tamén grafado Vouri ou Vuri) é un río do Camerún, que desemboca no océano Atlántico despois de percorrer 160 km.

Modelo:Xeografía físicaRío Wouri
Imaxe
Tipocurso de auga
río principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaLitoral, Camerún (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónGolfo do Biafra (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 4°05′00″N 9°42′00″L / 4.0833, 9.7
4°05′00″N 9°42′00″L / 4.0833, 9.7
Afluentes
Abo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións160 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica11.700 km² Editar o valor en Wikidata

Percurso

editar

O Wouri está formado pola confluencia doutros dous ríos, o Ykam e o Makombé, que se xuntan 32 km ao nordeste da cidade de Yabassi. O Wouri flúe a partir de aí por 160 km, en dirección sueste, até formar o seu estuario á par da cidade de Douala, o porto máis importante e o principal centro industrial do Camerún, no suroeste do país, sobre o golfo de Guinea.

editar

O río é navegábel por 64 km, augas arriba, a contar desde Douala.

Exploración e nomes

editar

Cóidase que foi o explorador e navegante portugués Fernão do Pó, ou Fernando Poo, o primeiro europeo que se achegou ao estuario do río Wouri, arredor do ano 1472. El e os seus acompañantes notaron a abundancia de camarónss e langostíns que había no río, polo que o denominaron Rio dos Camarões, de aí procede, precisamente, o nome do país: Camerún.

 
A ponte de Bonabéri

A ponte Bonabéri

editar

Na década de 1950, durante o período colonial, os franceses construíron unha ponte sobre o Wouri, que ligaba a cidade de Douala coa de Bonabéri. Dita ponte tornouse nun dos eixos máis importantes para a economía do oeste camerunés, polo intenso tráfico que soporta. En 2004 a ponte sufriu importantes obras de rehabilitación.