Carideos

Infraorde de de decápodos
(Redirección desde «Camaróns»)
Carideos
Caridea
Camaróns

Rango fósil: xurásico inferior - actualidade [1]

Dous camaróns (Palaemon serratus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Caridea
Dana, 1852

A dos carideos (Caridea) é unha infraorde de crustáceos decápodos que son coñecidos popularmente como camaróns.

Catacterísticas

editar

Máis pequenos que as gambas e os lagostinos, o seu tamaño alcanza como máximo, segundo as especies, os 10 ou 15 cm de lonxitude.

O seu corpo é comprimido, coa cola (abdome) moi prolongada con respecto ao cefalotórax e a casca pouco consistente.

A prolongación anterior do cefalotórax, ou rostro, é longo e dentado.

Teñen as patas pequenas, e os bordos das mandíbulas fibrosos.

A súa coloración é basicamente agrisada.

Son relativamente abundantes en todo o mundo, tanto nas augas mariñas como nas doces.

Taxonomía

editar
 
Crangon crangon
 
Pandalus borealis

A infraorde dos carideos comprende as superfamilias seguintes:[2][3]

Relevancia como alimento

editar
 
Camaróns cocidos dispostos para a venda nun mercado de Odesa (Ucraína).

Os camaróns nas súas diferentes especies son criaturas relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio.

Practicamente cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.

De existir algún punto en común, é o de que, para consumilos, se procede á súa cocción, e que é común que se elimine o cefelotórax, a coiraza do abdome e as patas, partes todas elas ricas en quitina e, por iso, indixestas.

Tamén é común que se destripe antes de consumilo, pois neste grupo de especies os intestinos son facilmente recoñecíbeis, aínda antes da cocción, como unha liña escura que percorre lonxitudinalmente a parte alta do corpo.

En Galicia

editar

En Galicia temos catro especies de camaróns relativamente frecuentes,[4] moi apreciadas gastronomicamente e que alcanzan elevado prezo nos mercados:

Pesca comercial e acuicultura

editar
 
Capturas mundiais de camaróns, 1950–2010, en toneladas.[5]

A máis importante especie comercial de camarón é Pandalus borealis,[6] seguida de Crangon crangon.[7]

As capturas de P. borealis salvaxe son na actualidade unhas dez veces maiores que as de C. crangon. En 1950 a posición era ao revés, xa que as capturas de C. crangon foron unhas dez veces superiores ás de P. borealis.[5]

En 2010 a produción global en acuicultura de todas as especies de camaróns e lagostiños (3,5 millóns de toneladas) superou lixeramente ás capturas mundiais de especies salvaxes (3,2 millóns de toneladas).[5]

As especies non carideanas participaron moi significativamente na acuicultura, pero foron capturadas unhas 430.000 toneladas na natureza. É dicir, aproximadamente o 13 % das capturas mundiais de especies salvaxes, ou aproximadamente o 6 % da produción total de todos os camaróns e lagostiños, foron carideos.[5]

Taxons relacionados

editar

Os camaróns da infraorde dos carideos están estreitamente relacionados coas lagostas e os cangrexos, que son membros da suborde dos dendrobranquiados.[8]

Os biólogos distinguen estes dous grupos en base a diferenzas nas estruturas das súas branquias. A estrutura das branquias nos carideos é lamelar, e ramificada nos dendrobranquiados. Pero a forma práctica máis fácil de distinguir un verdadeiro camarón dun dendrobranquiado é examinar o segundo segmento abdominal. Nos carideos este segmento superponse aos segmentos primeiro e terceiro, mentres que o segundo segmento dun dendrobranquiado só se superpón ao terceiro.[9]

Tamén se diferencian en que os carideos normalmente teñen dous pares de quelas (pinzas), mentres que os dendrobranquiados teñen tres.[10]

Un terceiro grupo, o dos Stenopodidea, que comprende ao redor de 70 especies, difire dos outros grupos en que o terceiro par de patas está moito máis desenvolvido.[10]

 
Penaeus monodon

O dos Procarididea é un grupo irmán dos Caridea, e conta só con once especies.[11][12]

Diferenzas entre os carideos e os dendrobranquiados

editar

Os carideos, como Pandalus borealis (ver foto máis arriba), teñen dous pares de pinzas, e o segundo segmento do abdome superponse aos segmentos 1º e 3º. O abdome mostra unha pronunciada curvatura.

Os dendrobranquiados, como Penaeus monodon, tipicamente teñen tres pares de pinzas, e sete segmentos de tamaño similar no abdome. Non presentan abombamento pronunciado no abdome.

  1. Fenner A. Chace, Jr. & Raymond B. Manning (1972): "Two new caridean shrimps, one representing a new family, from marine pools on Ascension Island (Crustacea: Decapoda: Natantia)". Smithsonian Contributions to Zoology 131: 18. PDF.
  2. J. W. Martin & G. E. Davis (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF) (Natural History Museum of Los Angeles County ed.). p. 132. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. 
  3. Caridea no ITIS.
  4. Ramonell, R. (1985), pp. 210-215.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Baseada en datos tirados de FishStat database, FAO.
  6. Pandalus borealis (Krøyer, 1838) FAO, Species Fact Sheet.
  7. Crangon crangon (Linnaeus, 1758) FAO, Species Fact Sheet.
  8. "Biology of Shrimps" (Museum Victoria Australia ed.). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2010. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. .
  9. Charles Raabe & Linda Raabe (2008). "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". .
  10. 10,0 10,1 Raymond T. Bauer (2004). "What is a caridean shrimp?". En University of Oklahoma Press. Remarkable Shrimps: Adaptations and Natural History of the Carideans. Animal Natural History Series 7. pp. 3–14. ISBN 978-0-8061-3555-7. .
  11. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (Portable Document Format PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. .
  12. S. De Grave & C. H. J. M. Fransen (2011). "Carideorum Catalogus: the Recent species of the dendrobranchiate, stenopodidean, procarididean and caridean shrimps (Crustacea: Decapoda)". Zoologische Mededelingen 85 (9): 195–589, figs. 1–59. ISBN 978-90-6519-200-4. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. .

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Charles Raabe & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar