James Dwight Dana

James Dwight Dana, nado o 12 de febreiro de 1813 en Utica (Nova York) e finado o 14 de abril de 1895 en New Haven (Connecticut), foi un xeólogo, mineraloxista, zoólogo e botánico estadounidense, que fixo moi importantes achegas sobre a formación das montañas, a actividade volcánica e a estrutura dos continentes e dos océanos.

Infotaula de personaJames Dwight Dana

(1858) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1813 Editar o valor en Wikidata
Utica, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de abril de 1895 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrove Street Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the Geological Society of America (en) Traducir
1890 – 1891
← James HallAlexander Winchell →
Membro do consello directivo Instituto Smithsoniano
19 de xaneiro de 1874 – 27 de decembro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónYale College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeólogo , profesor universitario , botánico , carcinólogo , explorador , zoólogo , mineraloxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de agosto de 1838Expedição de Exploração dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoEdmund Otis Hovey (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaDana Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaDana Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosEdward Salisbury Dana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
NaiHarriet Dwight (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Dana-688 Find a Grave: 110856256 Editar o valor en Wikidata
James Dwight Dana.

Traxectoria

editar

Naceu en Utica (estado de Nova York) e desde moi novo mostrou un grande interese polas ciencias. Entrou en 1830 no Yale College para estudar con Benjamin Silliman. Logo da súa diplomatura en 1833, e durante 2 anos, foi profesor de matemáticas para os aspirantes á Mariña. Naquela época parte para o mar (ao Mediterráneo), durante o seu servizo militar.

En 1836 e 1837 foi axudante de Silliman no Laboratorio de Química de Yale, para traballar despois como mineraloxista e xeólogo durante 4 anos nunha misión de exploración commandada polos Estados Unidos no océano Pacífico e dirixida por Charles Wilkes. Ao seu retorno en 1842 a redacción dos seus informes desta expedición ocúpanlle parcialmente o seu tempo durante 13 anos.

En 1844 establécese en New Haven (Connecticut) e casa coa filla do profesor Silliman. En 1850, co retiro deste, fíxose cargo como profesor de historia natural e xeoloxía no Yale College, posición que ocupa até 1892.

Desde 1846 reinicia o American Journal of Science and Arts do que é autor regular, principalmente no dominio da xeología e a mineraloxía. Foi editor xefe da revista nos seus últimos anos.

Na súa honra, en 1866, déuselle o seu nome ao mineral danalita.

Algunhas obras

editar
  • 1837 – System of Mineralogy: , comprising the most recent discoveries. 853 pp. Edición 1854 en liña, reimpreso por BiblioBazaar en 2011. ISBN 1-175-63971-0.
  • 1848 – Manuel de minéralogie, retitulado Manual of Mineralogy and Lithology. E en 1855: Manual of Mineralogy. Editor Durrie & Peck, 432 pp. en liñaa
  • 1853 – On coral reefs and islands. Editor G. P. Putnam & Co. 143 pp. en liña
  • 1854 – Mineralogical Contributions: Contributions to chemical mineralogy. Vol. 2. 221 pp. Vista parcial pp. 209 a 241
  • 1862 – Manual of Geology. En 1880, 3ª ed. de Am. Book Co.en liña
  • 1864 – A text-book of geology. Ediciónre reimpresa por T. Bliss. en liña
  • 1872 – Corals and Coral Islands. 2ª ed. 1890. Reimpreso por BiblioBazaar en 2011. ISBN 1-175-74304-6.

Unha lista bibliográfica mostra que publicou 214 libros e artigos, debutando en 1835 cun artigo sobre as condicións do Vesuvio. Os seus informes sobre os zoófitos, a xeoloxía do Pacífico e dos crustáceos resumen os seus traballos na expedición de Wilkes.

En 1887 revisita as illas hawaianas e publicou as súas investigacións en 1890 Characteristics of Volcanoes, 399 pp. (Reeditada por Books LLC, 200 pp. 2009. ISBN 0-217-45712-6).

Honores

editar

Foi nomeado membro estranxeiro da Royal Society en 1884.

Foi premiado coa medalla Copley en 1877.

A Geological Society of London galardoouno coa medalla Wollaston en 1874.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Louis Valentine Pirsson, Biografical Memoir of James Dwight Dana, na National Academy Biographical Memoirs, Vol. IX, The National Academy of Sciences, Washington, 1919, pp. 41–92.
  • Artigo James Dwight Dana na Encyclopaedia Britannica von 1911. Gemeinfrei.
  • David R. Oldroyd. 1996. Thinking about the Earth. Harvard Press, ISBN 0-674-88382-9; dt.: Die Biographie der Erde. Zur Wissenschaftsgeschichte der Geologie, Frankfurt a.M., 1998
  • Johannes Uray. Chemische Theorie und mineralogische Klassifikationssysteme von der chemischen Revolution bis zur Mitte des 19. Jahrhunderts. En Berhard Hubmann, Elmar Schübl, Johannes Seidl (eds.) Die Anfänge geologischer Forschung in Österreich. Contribucións á reunión "10 Jahre Arbeitsgruppe Geschichte der Erdwissenschaften Österreichs" do 24 ó 26 de abril de 2009 en Graz. Graz 2010, pp. 107–125