Instituto Smithsoniano
O Instituto Smithsoniano ou Smithsonian Institution é un centro de educación e investigación que posúe ademais un complexo de museos asociado. Está administrado e financiado polo Goberno dos Estados Unidos de América, ademais dos fondos que recibe grazas a doazóns, vendas, concesións, licenzas para actividades e revistas.
A maioría das súas instalacións están localizadas en Washington, D.C., pero entre os seus 19 museos, nove centros de investigación e un zoo atópanse algúns situados en Nova York, Virxinia ou Panamá, entre outros lugares.
O Smithsonian conta con máis de 136 millóns de bens nas súas coleccións, publica dúas revistas (Smithsonian e Air&Space), e posúe unha forza de seguridade propia para protexer os visitantes, traballadores e propiedades dos distintos museos. O emblema da Institución é un sol estilizado.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Dólar de prata do 150 aniversario do Instituto Smithsoniano
- Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos
- Museo das Finanzas dos Estados Unidos