Camarón ártico

(Redirección desde «Pandalus borealis»)
Camarón ártico
Pandalus borealis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Pandaloidea
Familia: Pandalidae
Xénero: Pandalus
Especie: P. borealis
Nome binomial
Pandalus borealis
Krøyer, 1838[1]
Sinonimia
Véxase o texto

O camarón ártico [2] ( Pandalus borealis, Krøyer 1838 ) é unha especie de crustáceo decápodo carideo da familia dos pandálidos.

É un camarón que habita nas zonas frías do norte dos océanos Atlántico e Pacífico.[3]

Taxonomía editar

A especie foi descrita en 1838 polo zoólogo danés Henrik Nikolai Krøyer (1799–1870),[4] que o bautizou co nome de Pandalus borealis borealis.[1]

Ao longo da historia, esta especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]

  • Dymas typus Krøyer, 1861
  • Pandalus borealis borealis Krøyer, 1838 (elevada ao status de especie)
  • Pandalus borealis var. edenticulatus Retowsky, 1946
  • Pandalus edinticulatus
  • Pandalus edinticulatus var. borealis Retovsky, 1946

Nomes vulgares editar

A especie Pandalus borealis é coñecida noutros idiomas como:[2]

  • Castelán: camarón norteño
  • Francés: crevette nordique
  • Inglés: Northern prawn
  • Portugués: camarão-árctico

Distribución editar

O camarón ártico vive a profundidades de 20 a 1.330 m, normalmente sobre leitos lodosos,[3] en augas con temperatura de 2 a 14 °C.

A subespecie P. b. borealis distribúese polas a costas de Nova Inglaterra e polas atlánticas do Canadá, polas do sur e o leste de Groenlandia, e polas de Islandia, Svalbard, Noruega e as de todo o mar do Norte.

No Pacífico, a subespecie P. b. eous áchase nas costas do Xapón, do mar de Okhotsk, no estreito de Bering e polas do sur de Norteamérica até o estado de Washington.

Bioloxía editar

Este camarón pode chegar a vivir até os 8 anos. O seu un tamaño pode alcanzar os 120 mm nos machos, e até os 165 mm nas femias.[3][5]

É unha especie hermafrodita. Inician a súa vida como machos, pero despois dos dous anos os testículos convértense en ovarios, e completan o seu ciclo vital como femias.[5]

Utilización polo ser humano editar

 
Camaróns árticos nun mercado.

O camarón ártico é unha fonte importante de alimento para moitas especiers mariñas, e tamén para o home.

Desde principios do século XX captúrase en Noruega e, máis tarde, comezou a pescarse noutros países.

Unha enzima usada en bioloxía molecular, a fosfatase alcalina de camarón (SAP), obtense de Pandalus borealis.

A casca da especie é fonte de quitosano, un composto químico moi versátil usado en diferentes aplicacións como, por exemplo, para o tratamento para deter a hemorraxia en feridas, filtrar o viño ou mellorar o solo en agricultura ecolóxica.

Regulación da pesca editar

 
Evolución das capturas do camarón ártico.

O camarón ártico ten un ciclo de vida curto, o que contribúe a que as súas poboacións varíen moito dun ano para outro.

Porén, a especie non se considera sobreexplotada debido á alta cantidade colleitada cada ano.

Na actualidade, é a máis importante especie comercial de camarón,[3] seguida de Crangon crangon, camarón da familia dos crangónidos.[6]

As capturas no Canadá, iniciáronse na década de 1980 e estendéronse na década de 1990. Neste país, as capturas anuais limítanse a un total de 164.000 toneladas (dato de 2008).[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pandalus borealis Krøyer, 1838 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta, F. e Vázquez F. X. (2000), p. 225.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Pandalus borealis (Krøyer, 1838) FAO. Species Fact Sheet. Consultado o 19 de agosto de 2014.
  4. No artigo: Krøyer, H. (1838): "Conspectus Crustaceorum Groenlandiæ". Naturhistorisk Tidsskrift 2: 249-261.
  5. 5,0 5,1 5,2 "Guide to Responsible Sourcing Guide. Cold-water prawns" (PDF). Seafish. April 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2014. 
  6. Crangon crangon (Linnaeus, 1758) FAO, Species Fact Sheet. Consultado o 19 de agosto de 2014.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar