Mar de Okhotsk
O mar de Okhotsk (do ruso Ojótskoe more, Охотское море) é a parte máis occidental do océano Pacífico, que se atopa rodeado pola Península de Kamchatka e as disputadas Illas Kuriles polo leste; a illas xaponesa de Hokkaido polo sur; e a illa de Sakhalin, a provincia de Amur en Siberia e Siberia oriental dende as illas Sahantar até Ojotsk polo oeste.
Mar de Ojotsk | |
---|---|
Охотское море - Ojótskoe more - オホーツク海 - ohōtsuku-kai | |
Localización administrativa | |
Estado | Rusia Xapón |
División | Krai de Kamchatka Óblast de Magadán Krai de Khabarovsk Óblast de Sakhalin Prefectura de Hokkaidō (XAP) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Asia |
Arquipélago | Illas Kuriles |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar do Xapón |
Illas interiores | Illas de Sakhalin (76.400 km²), Gran Chantar (1.766 km²) e Feklistova (372 km²) (RUS) Hokkaido (83.453,57 km²) (XcAP) |
Afluentes | Ríos Penjina (713 km), Yana, Juren, Arka, Uda (457 km) e Amur (4.494 km) |
Cidades ribeiregas | Magadán, Palana e Yuzhno-Sajalinsk (RUS) Abashiri, Monbetsu e Wakkanai (en Hokkaidō, Xapón) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Shélijov, golfo de Tauisk, baía do Uda, golfo de Sakhalín, golfo da Paciencia (Sakhalín) |
Cabos | Cabo Elisabeth (Sakhalín) |
Características | |
Superficie | 1 583 000 km² |
Lonxitude máxima | 2.450 km (SO-NE) |
Anchura máxima | 1.400 km (SE-NO) |
Profundiade máxima | 3.774 m |
Profundidade media | 777 m |
Outros datos | |
Áreas protexidas | Volcáns de Kamchatka (RUS) Parque nacional de Shiretoko (XAP) |
Mapa | |
Localización do mar de Ojotsk | |
Mapa batimétrico do mar de Ojotsk | |
Cobre unha superficie de 1 583 000 km², cunha profundidade media de 821 metros e máxima de 3.521 [1]. A maior parte do mar, excepto a área que rodea as illas Kuriles, está conxelado durante todo o inverno. A única illa que non se atopa preto das costas é a diminuta Illa de San Xonás. En verán, os iceberg derrétense e o mar volve ser navegable.
En xaponés o nome do mar chámase Ohotsukukai (オホーツク海) polo préstamo do nome ruso.
Notas
editar- ↑ "GIWA REGIONAL ASSESSMENT 30 SEA OF OKHOTSK" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Okhotsk |