As illas Kuriles[1] (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Okhotsk do océano Pacífico Norte. Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.

Modelo:Xeografía físicaIllas Kuriles
(ru) Курильские острова Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoarquipélago
territorio disputado Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaÓblast de Sakhalin, Rusia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 47°00′N 152°06′L / 47, 152.1
Bañado porMar de Ojotsk e Océano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude2.339 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAlaid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.339 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie10.500 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
7 de maio de 1875 Tratado de São Petersburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situación das illas Kuriles no Pacífico occidental.

As illas tamén son coñecidas en xaponés como 千島列島 (/Chishima rettō/ Arquipélago das Mil Illas ou o クリル列島 - /Kuriru rettō/, Arquipélago Kuril).

Os ainus habitaron as illas dende tempos remotos até a súa expulsión polos rusos no século XVIII. O Xapón quedou con elas en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin a Rusia. Rusia reclamoullas tras a segunda guerra mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas no Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kuriles).

As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e mais en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.

Nesta táboa lístanse as illas Kurís en dirección Nordés-Suroeste (NE-SO). Alén destas illas existen unha ducia de illotes e penedos menores.

Nome ruso Nome xaponés Superficie
en km²
Altura máx
en m.
Latitude N Lonxitude E
Grupo setentrional
Shumshu Shumushu 388 189 50°45' 156°20'
Atlasov Oyakoba 150 2339 50°50' 155°30'
Paramushir Horomushiru 2053 1816 50°30' 155°40'
Antsiferov Shirinki 7 747 50°12' 154°58'
Makanrushi Makanrushi 49 1171 49°45' 154°25'
Onekotan Onekotan 425 1324 49°25' 154°45'
Jarimkotan Harimukotan 68 1157 49°05' 154°30'
Ekarma Ekaruma 30 1170 48°55' 153°55'
Chirinkotan Chirinkotan 6 742 48°58' 153°30'
Shiashkotan Shasukotan 122 934 48°50' 154°05'
Grupo central
Raikoke Raikoke 4,6 551 48°17' 153°15'
Matua Matsuwa 52 1446 48°05' 153°10'
Rasshua Rasushua 67 948 47°45' 153°00'
Ushishir Ushishiru 5 401 47°30' 152°50'
Ketoy Ketoi 73 1172 47°20' 152°30'
Simushir Shimushiru 353 1539 47°00' 151°55'
Grupo meridional
Broutona Buroton 7 800 46°43' 150°45'
Chirpoy Cherupoi 21 691 46°30' 150°55'
Brat Chirpoyev Buratto Cherupoefu 16 749 46°28' 150°50'
Urup Uruppu 1450 1426 45°50' 149°55'
Iturup Etorofu 3200 1634 44°50' 147°50'
Kunashir Kunashiri 1490 1822 44°05' 146°00'
Shikotan Shikotan 250 413 43°50' 146°45'
Illas Jabomai Habomai 97 45 43°30' 146°05'
  1. VV.AA. (2007) Diciopedia do século XXI, p. 1177