Iceberg
Un iceberg é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas correntes mariñas frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de Groenlandia. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a navegación marítima, xa que poden acadar dimensións enormes.


Orixe
editarO xeo que forma os icebergs está formado por auga salgada ao contrario do que se poida pensar, xa que aínda que o sal se usa como anticonxelante, simplemente é un retardador da conxelación e fai que a auga se conxele a aproximadamente -1 °C (por iso se esparexe nas estradas). Aínda que o sal sexa un bo retardador da conxelación en terra, non serve de nada contra os -20 °C que se dan no océano Ártico e o Antártico. Os icebergs proceden dos glaciares que chegan á costa e rompen en grandes bloques que son despois arrastrados polas correntes, a miúdo ata latitudes bastante baixas. Un exemplo coñecido é o afundimento do Titanic, que se produciu ao colidir cun iceberg cando xa se atopaba preto das costas de Nova Inglaterra, debido a que a Corrente do Labrador adoita arrastralos ata as latitudes dos Bancos de Terra Nova e mesmo máis ó sur, ata o punto de encontro coa Corrente do Golfo. Se se observa nun mapa o límite sur dos xeos flotantes no Atlántico Norte, pódese comprobar que presenta unha prolongación cara ao sur paralela a América do Norte e outra cara ao norte xunto ás costas europeas. En outubro de 1999, un iceberg do tamaño de Londres desprendeuse da barreira de xeo Antártica.
Estas illas de xeo existen grazas a unha propiedade notable da auga: na súa forma sólida, ten menor densidade que en estado líquido. Se non fose este o caso, o xeo acumularíase no fondo dos océanos e non nas súas superficies.
Tamén o xeo é unha excepción no mundo dos elementos, e débese a que a molécula da auga (H2O), está polarizada electricamente (o átomo de osíxeno atrae máis aos electróns que os átomos de hidróxeno) o que impón ao xeo unha estrutura cristalina (polo xogo da atracción e da repulsión eléctrica). o que provoca que teña menos densidade que se fose un sólido amorfo.
O afundimento máis famoso debido a unha colisión cun iceberg foi a destrución do Titanic o 14 de abril de 1912.
Etimoloxía
editarEste termo é unha palabra de orixe xermánica composta, na que ice significa xeo (en inglés) e berg significa montaña (aínda é así en alemán, pero xa non en inglés). Un iceberg é polo tanto unha montaña de xeo. Aínda que o primeiro formante varía a súa forma escrita nas distintas linguas xermánicas (Eis en alemán, ijs en holandés ou ice en inglés), a súa pronuncia sempre é /ais/: polo tanto, a forma escrita normativa en galego procede do inglés e conserva esta pronuncia.
Icebergs notables
editarDe cando en vez despréndense icebergs de gran superficie, notablemente da Antártida, que reciben nome particular e son obxecto de seguimento.
A-68
editarDesprendido da barreira Larsen C da Antártida (á beira do mar de Weddell) en xullo de 2017, cun tamaño dobre que Luxemburgo, uns 6000 km2[1] e un grosor duns 200 m, en xullo de 2020 atopábase a máis de 1000 km, preto das illas Orcadas do Sur. Tense desprendido de icebergs máis pequenos, quedando a parte principal como A-68A.[2] En novembro de 2020 atópase en rumbo de colisión con Xeorxia do Sur.[3] Nese momento, o iceberg ten un tamaño comparable á illa, podendo causar un gran dano ecolóxico, ó impedir o acceso o mar aberto de diversas especies da illa. O iceberg, de embarrancar, podería permanecer ata dez anos antes de se esvaecer. Hai o precedente do Iceberg A-38, que embarrancou fronte á illa no 2004.[3]
O 26 de novembro a ESA emitiu unha nota de prensa anunciando que o iceberg está a xirar no océano, a unha distancia de 255 km de Xeorxia do Sur, manobra propiciada polas correntes, que pode anteceder a unha desviación que evitaría o choque.[4]
O 17 de novembro, despois de tocar fondo o seu extremo norte, partiu outro pequeno anaco nesa parte, o A-68D, duns 18 km de longo e 140 km2 de superficie, pasando a non ser o maior iceberg existente no momento, ó caer por baixo de A-23A .[5]
A-23
editarOrixinado na beira do mar de Weddell, cuns 4000 km2 de superficie.[5]
Notas
editar- ↑ "Sentinel satellite captures birth of behemoth iceberg". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-07-25.
- ↑ "El iceberg gigante A-68, tres años después". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-07-25.
- ↑ 3,0 3,1 "Giant berg on collision course with South Georgia". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-10.
- ↑ "Iceberg A-68A: hit or miss?". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-27.
- ↑ 5,0 5,1 "Giant A-68A iceberg loses chunk of ice". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-01-07.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iceberg |