Glaciar

O glaciar (do latín glacies) é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación.

Un glaciar consta de tres partes: cabeceira, lingua e val. Ó rematar no mar, fractúranse por acción de diversas causas, en particular, as mareas, producindo os iceberg.

O xeo vai movéndose por gravidade, podendo acadar, en determinadas circunstancias, velocidades estables de máis de 1 m/día.[1]

Na Antártida está o maior glaciar do mundo, o Thwaites, do que se descubriu que ten unha rede de lagos por baixo que axuda á súa drenaxe, provocando un fluxo de auga que pode acadar os 500 m3/s, unhas oito veces o caudal medio do Támese.[2]

En Islandia atópase o maior maior glaciar de Europa, o Vatnajökull, cuns 8400 km2 e un grosor medio do xeo duns 900 m.[3]

Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Copernicus Sentinel-2 monitors glacier icefall, helping climbers ascend Mount Everest - News - Sentinel Online". sentinels.copernicus.eu (en inglés). Consultado o 2020-09-17. 
  2. "CryoSat reveals surprising ebb and flow of subglacial lakes". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-01-21. 
  3. "Cloud-free Iceland". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-30. 

Véxase taménEditar