Xeo
Xeo é o nome dado a calquera das 14 fases sólidas coñecidas da auga. Nun contexto non científico, úsase para describir unha desas fases, de cristal hexagonal, que é a fase que abonda mais. O seu aspecto é vítreo, semitransparente, incluso azul-branqueciño dependendo da presenza de impurezas tales como o ar.
Características
editarEn canto un sólido cristalino natural, o xeo considérase un mineral formado por óxido de hidróxeno.
A súa densidade é inferior á da auga, ficando en 0,92; o seu punto de fusión é 0 °C (á presión estándar). A mesma masa da auga varía de volumes dependendo do estado (líquido ou sólido, o feito distintivo é que, ao contrario da maioría dos sólidos, o xeo no seu punto de fusión preséntase máis dilatado cá súa forma líquida a 4 °C. Isto permite que a capa de xeo de ríos/lagos permaneza na superficie e isole o resto da masa de auga, deste xeito non chega a conxelarse en moitos casos a totalidade do río/lago.
Fases do xeo
editarA forma cristalina que adopta o xeo en función da presión e temperatura pódese representar nun diagrama de fase:
Diagrama de fase do xeo— a escala das presións é logarítmica
Usos
editarO xeo emprégase con fins terapéuticos e na conservación de alimentos, entre outros usos.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |