Fusión (física)

(Redirección desde «Fusión (cambio de estado)»)

A fusión,[1] ou derretemento,[2] é un proceso físico que consiste no cambio de estado dunha substancia de sólido a líquido.

Diagrama que mostra a nomenclatura dos cambios de estado de acordo coa entalpía.

Isto ocorre cando aumenta a enerxía interna dos sólidos, tipicamente pola aplicación de calor ou presión, o que fai aumentar a temperatura da substancia ao punto de fusión.

No punto de fusión, a orde de ións ou moléculas nos sólidos pasan a un estado menos ordenado, e o sólido convértese nun líquido.

As substancias en estado fundido xeralmente reducen a súa viscosidade co aumento da temperatura. Unha excepción a este principio é o xofre, cuxos aumentos de viscosidade son debidos á polimerización, diminuíndo a temperaturas máis altas no seu estado fundido.[3]

Algúns compostos orgánicos funden a través de mesofases, estados de orde parcial entre sólido e líquido.

  1. fusión, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. derretemento no Dicionario da RAG.
  3. C. Michael Hogan (2011): "Sulfure", Encyclopedia of Earth, eds. A.Jorgensen and C. J. Cleveland. Washington DC: National Council for Science and the environment.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.