Dicionario da Real Academia Galega

Dicionario dixital da Real Academia Galega
(Redirección desde «Dicionario da RAG»)

O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas,[1] coa pronunciación de todas as palabras.[2] En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.[3] En novembro do 2016 foi actualizado a 60.000 entradas.[4]

Placa co logotipo na fachada da sede, na Coruña.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar