Nova Inglaterra
Nova Inglaterra (New England) é unha rexión xeográfica de Norteamérica, situada ao nordés dos Estados Unidos. O nome é anterior á independencia dos Estados Unidos, e foi a primeira rexión dos Estados Unidos en definirse como unha entidade propia, con todo non se corresponde cunha entidade administrativa.


Xeografía Editar
A rexión inclúe os estados de Connecticut, Maine, Massachusetts, Nova Hampshire, Rhode Island e Vermont. Boston, é o centro cultural e industrial máis importante da zona, así coma a súa cidade máis poboada.
Cultura Editar
Nova Inglaterra é quizais a rexión dos Estados Unidos que posúe a identidade cultural máis forte, cunha uniformidade máis grande cultural e histórica que outras rexións do país. Con todo, o norte de Nova Inglaterra é principalmente rural, mentres que o sur é esencialmente urbano, unha diferenza que sempre existiu. O oeste e o leste comparten estas mesmas diferenzas, pero non existe xeralmente no Oeste o acento bostoniano que identifica a Nova Inglaterra a ollos dos americanos. Con todo, a pesar da presenza tan próxima á megápole neoiorquina, Nova Inglaterra é unha rexión cunha identidade claramente definida.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |