Hermafroditismo

(Redirección desde «Hermafrodita»)

O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia.[1] Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de animal hermafrodita é o percebe.

Símbolo ás veces asociado ao hermafroditismo, derivado do símbolo grecorromano de Hermes/Mercurio.

Fecundación cruzada editar

Aínda que os seres vivos hermafroditas producen os dous tipos de gametos, de cando en vez fecúndanse a si mesmos. Se se exceptúa algún caso como as tenias, que si poden autofecundarse (de todos os xeitos esta fecundación nunca se produce no mesmo aparello reprodutor, dúas proglotes uniríanse para a fecundación), os restantes hermafroditas necesitan a colaboración doutro conxénere para reproducírense. Nas plantas sucede o mesmo, pois aínda que as flores posúen os dous sexos, os gametos maduran a distinto tempo, polo que se require unha polinización cruzada para levar a cabo a fecundación.

Este é o caso da maioría das plantas con flores e dalgúns animais, por exemplo, caracois e miñocas de terra.

Algúns peixes tamén son hermafroditas: poden iniciar a súa vida como femias e cambiar de sexo logo de procrear varias veces, transformándose en machos.

O hermafroditismo considérase como un indicio de reprodución máis primitiva que a unisexualidade, como o demostra a súa frecuencia entre organismos máis primitivos e a progresiva separación de sexos a medida que avanzamos na escala evolutiva animal.

Alcance do hermafroditismo editar

Como estratexia reprodutiva, o hermafroditismo é ideal para animais aos que custa atopar parella, xa sexa polo seu hábitat, a súa baixa poboación, o seu illamento ou a súa lenta translación. A desvantaxe que presentaría é unha menor eficiencia nas tarefas reprodutivas debido á falta de especialización.[2]

Dise que a maioría dos hermafroditas non son funcionais porque aínda que é posible, é raro (especialmente en animais) que suceda a autofecundación, a cal é un feito só nalgunhas especies hermafroditas.[2][3]

Especies editar

O hermafroditismo está amplamente representado entre as plantas con flores (Anxiospermas).

Nos animais o hermafroditismo verdadeiro como medio de reprodución dáse en invertebrados, como a estrela de mar,[4] caracois[4] e lombrigas de terra; e, en varios peixes.[5]

Non existe documentada a existencia de ningún mamífero hermafrodita sen identidade sexual.[3]

Nos artrópodos, a presenza de simbiontes intracelulares, transmitidos de xeración en xeración, poden parasitar o sistema reprodutor dos machos producindo unha feminización. Nalgúns casos esta feminización é incompleta polo que poden aparecer fenotipos intersexuais.

As investigacións revelaron que algunhas femias eran en realidade xenotípicamente machos, co cal a determinación sexual estaba determinada polo simbionte e non polos cromosomas. Distintas bacterias, como Wolbachia, Paramixidia ou Microspiridia, poden ser endosimbiontes feminizantes.

Se, debido a estas bacterias simbiontes, se inhibe a diferenciación da glándula androxénica, ou sexa, bloquéase a glándula que xera hormonas masculinas, aparece o fenotipo feminino en individuos xeneticamente machos. Se, pola contra, este bloqueo é imperfecto, aparecen individuos intersexuais.[6]

Outras representacións editar

Un dimorfismo sexual moi acusado pode confundirse con hermafroditismo, aínda que non o sexa. Este é o caso duns caracois parasitos de equinodermos, entre os cales o macho parasito (moi pequeno) pódese achar no interior da femia.[2]

Denomínase seudohermafrodita a aqueles animais que posúen internamente os órganos reprodutivos dun sexo pero a súa aparencia externa é a do outro sexo.[1]

Tamén existen hermafroditas secuenciales, aqueles que cambian de sexo no transcurso da súa vida, como no caso dos peixes róubaos e da cabrilla.[5][7]

Hermafroditismo e humanos editar

Existen diferentes casos que son similares ao hermafroditismo na especie humana. Un dos casos máis famosos foi o de Herculine Barbin. O termo máis correcto para referirse a unha persoa con estas condicións é intersexual. A síndrome de Klinefelter produce individuos con intersexo.[8]

O termo médico hermafroditismo verdadeiro aplícase aos casos con gónadas de ambos os sexos en distintas proporcións, xa que nalgúns casos conteñen folículos ováricos e túbulos seminíferos na mesma gónada (ovotestis). no entanto, en humanos non hai ningún caso constatado medicamente de auténtico hermafroditismo (é dicir, coa capacidade de producir óvulos e espermatozoides ao mesmo tempo).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 AA.VV. (2002). Hermafrodita, en: Nuevo Diccionario de Términos Científicos (1° ed.). Barcelona: Océano S.L. p. 119. ISBN 84 7556 157 8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Sexo fácil: Animais hermafroditas". Archived from the original on 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de novembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 "Animais hermafroditas". 27 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 "Animais sorprendentes. Edición especial". Revista Big Bang: 12, 29. 17 de novembro de 2011. ISSN 1870-1310. 
  5. 5,0 5,1 "Como se reproducen os Peixes". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2011. 
  6. Michael E. N. Majerus. "Simbiontes hereditarios causantes de efectos deletéreos en los artrópodos" (PDF) (en castelán). p. 787. Consultado o 10/02/2014. 
  7. "Cambio de sexo en animais". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 19 de novembro de 2011. 
  8. Intersex Society of North America (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.