Paul Biya
Paul Biya, nado o 13 de febreiro de 1933, é un político camerunés, actual presidente do Camerún dende 6 de novembro de 1982[1][2].
Graduouse en Relacións Internacionais no Sciences Po (Instituto de Ciencias Políticas de París) en 1961. Cando regresou ao país en 1962 entrou ao servizo do Presidente Ahmadou Ahidjo, chegando a ser Ministro Secretario Xeral da Presidencia en 1968 e primeiro ministro en 1975. En 1982 o presidente Ahidjo renunciou debido a problemas de saúde e Biya foi escollido como o seu sucesor.
En 1984 enfrontouse a un golpe de estado liderado por Ahidjo, polo que debeu realizar unha purga entre os seus colaboradores, destituíndo aos máis próximos ao expresidente. En 1992 e debido ás presións internas e externas aceptou a realización de eleccións pluripartidarias, aínda que foi acusado de enormes fraudes tras a súa vitoria. Foi reelixido en 1997, 2004 e 2011, cada vez con maiores e máis graves denuncias de corrupción, fraude e delitos de lesa humanidade.
Notas
editar- ↑ Profile of Biya at Cameroonian presidency web site en francés
- ↑ Biografía en el sitio de la elección presidencial de 2004 Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en inglés
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Biya |