Secesión (política)

Unha secesión, do latín secessĭo, -ōnis, 'separación', 'afastamento', é o acto de retirarse dunha organización, unión ou entidade política. Tipicamente hai un forte factor diferencial que motiva a retirada.[1][2]

A secesión pode ser un feito ou un dereito. Como dereito o fenómeno político da secesión require a previa existencia dun Estado Federal ou Confederal, do que forme parte o Estado que manifesta a súa vontade de separarse da unión.

A secesión, como feito, adoita confundirse coa independencia. Pero non é igual. Nas guerras de secesión (como a Guerra de Secesión de Estados Unidos), o decisivo é a vontade que ten un Estado preexistente de separarse da unión con outros Estados, mentres que nas guerras de independencia trátase do nacemento dun novo Estado.

Notas editar

  1. Dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. secesión s.f. Acción de separarse [un grupo de persoas, un territorio] dun organismo, país etc., do que forman parte. Triunfaron os partidarios da secesión. A Guerra de Secesión.
  2. Secesión Wordreference.com Dicionario.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar