Piquito
I just wanted to thank you for this article on the little known Jewish community in Monforte. I'm trying to translate this article to Hebrew. So far I have not found resources in Hebrew about this interesting chapter in history, so I'm trying my best at translating from Galician, without knowledge of the language. Next time I'm in area, I'll make sure to visit the sites mentioned in the article. Cheers, Oyoyoy (conversa) 28 de febreiro de 2021 ás 12:46 (UTC)
- Hi Oyoyoy!! Thank you very much!! It's really nice to see that you are interested in this article. If you are interested in visit the sites, there are guided tours in September with Felipe Aira, the person who studied the jewish community in Monforte (a beautiful small city in Galicia). Thank you again, maybe in the future I'll translate this article in English, but I don't have time at the moment. Cheers! Piquito (conversa) 25 de marzo de 2021 ás 21:51 (UTC)
Monteverdi Operas
editarAtopei un erro no seguinte texto, en negrita
Le nozze di Tetide
editar(Galego: "A voda de Tetis")
Le nozze di Tetide, unha favola marittima (historia marítima), foi un proxecto para as celebracións da voda do duque Ferdinando e Caterina de' Medici. 'Monteverdi recibir' o libretto de Scipione Agnelli sen nome de autor, algo que criticou nunha ????? en decembro de 1616. Iniciou a composición, ata que o encargo foi retirado en xaneiro de 1617.
Imaxino que é recibiu e carta, pero porsi. Saúde. --Viascos (conversa) 9 de marzo de 2021 ás 16:32 (UTC)
- Grazas Viascos, xa está corrixido. Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de marzo de 2021 ás 22:14 (UTC)
- Un pracer Piquito, terei que recuperar a Monteverdi ;) --Viascos (conversa) 9 de marzo de 2021 ás 22:33 (UTC)
Dafne
editarBoas noites. Acabo de mover o teu artigo "Dafne" a "Dafne (ópera)" para escribir en Dafne o personaxe mitolóxico, pois creo que o nome deste deu lugar ó nome da ópera. Neste momento, Dafne aínda é unha redirección á ópera, aínda non escribín nada. Vou repasar as páxinas que ligan cun e outro concepto para que as ligazóns internas sexan correctas. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de marzo de 2021 ás 22:09 (UTC)
Tuntematon sotilas
editarClaro. Sen problema. Procedo a facer o cambio. Grazas polo aviso e un saúdo. Breogan2008 (conversa) 14 de marzo de 2021 ás 09:33 (UTC)
RE:Portais
editarBoas Piquito,
Sobre o de retirar os textos en ruso non creo que sexa un impedimento para que a xente participe no portal, máis aínda cando ao carón aparece o título en galego para a sección. Penso que é un elemento que diferencia este portal fronte ao resto e que non fai mal ningún que estea.
Por outra banda, sobre o que comentas de engadir as seccións cidades destacadas e aniversarios: As cidades ben poden ir en Artigo destacado, vin que incluíches a sección noutros portais, pero nunca considerei que fose necesaria. Ademais que engadir unha sección que, por contidos, pode chegar a ser moi longa, pode provocar que se "descuadre" a páxina en segundo que navegador. Sobre aniversarios vería ben facer unha importación/tradución de en:Portal:Russia/Selected anniversaries, aniversario en ruso sería Юбилеи. Con isto se te parece ben pódome poñer eu.
Respecto o dos contidos destacados, tal e como foi a idea orixinal, na actualidade o 100% dos artigos destacados son artigos de calidade ou bos, respecto ás biografías este número baixa -os 3 artigos dos Grandes Duques non son de calidade-, pero os engadín por darlle un pouco máis de contido á sección. Con isto digo que perfectamente se poden engadir outras temáticas/épocas, en cada unha das seccións hai espazo para incluír ata 31 artigos, e incluso unha vez cheos se pode crear outra subpáxina por si queremos cambiar todos os meses, pero tampouco creo que debamos baixar o nivel de calidade do portal engadindo artigos por engadir, polo que se engadimos máis habería que facer unha boa análise dos contidos que se van a destacar. Non vexo mal variar, se tes algún en mente podemos comentar se incluílo ou non.
Xa me dirás.
Unha aperta. --AMPERIO (conversa) 11 de abril de 2021 ás 11:27 (UTC)
- Ola de novo. Sobre os textos en ruso, non vou facer máis comentarios. Penso que non é un tema importante e menos tendo en conta que os portais non son páxinas que requiran dunha modificación constante e nos que se vaian a estar cambiando seccións constantemente.
Sobre os aniversarios, cales se van a poñer? Vin que en outros portais, como os de Finlandia, Ucraína ou Estonia, por poñer algún exemplo de portais creados por ti, non se inclúe esa sección. Por que neste si? Xa dixen que me parece ben, pero me gustaría coñecer cal é o motivo de empezar por este.
Sobre os contidos destacados, non vexo ben que se modifiquen os artigos que xa se están destacando. Como xa dixen hai espazo dabondo para destacar outros artigos. Penso que, ao igual que na Portada, se debería dar prioridade en destacar artigos de calidade, que é o que se fai actualmente no portal. Se faltan artigos deste tipo, haberá que tratar de mellorar os que hai para que exista máis variedade. Dito isto, penso que agora mesmo o portal está ben como está, máis tendo en conta que hai outros portais nos que a variedade de contidos é moito menor e mesmo faltan seccións por crear. --AMPERIO (conversa) 11 de abril de 2021 ás 19:08 (UTC)
Crítica
editarBo día, lin na Taberna que criticas a falta de apoio ante ataques no debate do desdobramento. Se alguén é atacado na Wikipedia, como se resolve? Lles (conversa) 16 de abril de 2021 ás 07:33 (UTC)
Petición de borrado
editarFeito! --Chairego apc (conversa) 24 de abril de 2021 ás 19:42 (UTC)
Jokerit
editarOla! Perdoa polo despiste e moitas grazas pola corrección! A miña idea é ir actualizando un pouquiño algunha cousa da KHL, é unha cantidade enorme de artigos boísima e merecen estar ao día (aínda que moitos xa o están) e ampliar un pouquiño algún que se poida. Saúdos! --Adorian (conversa) 10 de decembro de 2021 ás 23:25 (UTC)
Update request for Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción
editarHello.
Can you update the chronology section of Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción by translating and adding from es:Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción? The Spanish language article is updated. No updates have been made in the Galician language article about the chronology of the eruption since 24 October. The volcano has not been active since 13 December.
Yours sincerely, 31.200.14.248 21 de decembro de 2021 ás 08:11 (UTC)
Ola, Piquito. Estou empezando pouco a pouco pero tampouco me podo comprometer a facer unha gran coordinación, porque non lle podo dedicar tanto tempo como me gustaría. Empecei co tema das fotos de parroquias porque é unha forma de que a xente participe e está tendo bos resultados. Que propós concretamente?? O instagram está aberto a todo tipo de suxestións de publicación e podémolas valorar. Non teño un plan de publicacións preparado nin moito menos, senón que van xurdindo día a día. Se tes ideas podémolas compartir por aquí. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 9 de marzo de 2022 ás 13:22 (UTC)
- Moitas grazas polas suxestións! Intentarei diversificar todo o que poida as publicacións e engadir as túas propostas. Saúdos! --Chairego apc (conversa) 11 de marzo de 2022 ás 16:23 (UTC)
- Gústame a idea de destacar os novos artigos de calidade! Estiven uns días sen publicar nada polas vacacións, pero agora volverei con novos folgos para darlle visibilidade ao proxecto. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 20 de abril de 2022 ás 11:29 (UTC)
- Moitas grazas polas suxestións! Intentarei diversificar todo o que poida as publicacións e engadir as túas propostas. Saúdos! --Chairego apc (conversa) 11 de marzo de 2022 ás 16:23 (UTC)
Ivor Guest
editarBoas, o artigo Ivor Guest, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2022 ás 19:28 (UTC)
Linda Leppänen
editarBoas, o artigo Linda Leppänen, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 20 de agosto de 2022 ás 19:54 (UTC)
músicos galegos
editarOla, Piquito! Como vai todo?
Anímaste a facer o artigo do músico José Antonio Lodeiro Piñeiroa (d:Q114853252)? Hai información aquí, e ten ademais certa sona porque en 1910 compuxo un himno do FC Barcelona. Xa me contarás se che apetece. Graciñas, e un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de outubro de 2022 ás 11:48 (UTC)
- Ola!! Téñoche outra suxestión: apetéceche crear o artigo de Luis Taibo García? Ten entrada no Álbum de Galicia, e fíxenlle o d:Q116640432 en Wikidata. Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2023 ás 10:58 (UTC)
- Boas Estevo(aei). Grazas pola suxestión, mais o certo é que agora mesmo non teño moito tempo para investigar, como verás a miña participación no proxecto ultimamente é reducida e teño traballos pendentes antes. Pode que a partir da segunda quincena de abril teña máis tempo (ou non, a saber). Un saúdo, Piquito (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 20:33 (UTC)
Koulukarun lassikko
editarOla, Piquito! A pista de xeo de Koulukatu é a fi:Koulukadun kenttä? Fíxenlle ao partido o elemento en Wikidata (d:Q116882167), pero non estaba seguro de se tal pista tiña artigo nalgunha Wiki. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2023 ás 08:42 (UTC)
- Boas Estevo(aei)! Si, é esa. "Kenttä" pode traducirse neste caso como "pista", co fútbol por exemplo tamén se emprega esa mesma palabra e se traduciría como "campo". Basicamente é o terreo de xogo. "Koulukadun" é o xenitivo de "Koulukatu" (máis ben de "katu", ao "koulu" non lle afecta), fixen unha adaptación un pouco máis descritiva, especificando que a pista é de xeo, polo demais a tradución é bastante literal, aínda que se se che ocorre un nome máis curto xenial. Un día destes terei que poñerme con ese artigo, é unha pista importante, a primeira que fixeron no país e deixaron de xogar sobre os lagos e ríos conxelados. Un saúdo! Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 22:43 (UTC)
- Boeno, o nome da rúa non o traducín porque xa me parecía desmesurado poñer "pista de xeo da rúa escola", o certo é que non sei se debería ser así de acordo coas políticas, xa me dirás. Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 22:50 (UTC)
suxestión
editarOla, Piquito! Como vai?
Vin que historia de Finlandia está na lista expandida dos artigos vitais. Anímaste a crealo, ata acadar uns 16.000 bytes? Só se apetece, claro :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2023 ás 14:09 (UTC)
- Ola Estevo(aei)! Todo ben, gozando do verán.
- Ese era un artigo que tiña pendente de facer, de feito incluíno na lista de artigos por facer do Wikiproxecto correspondente, pero a curto prazo non vou poder. Agora mesmo non teño tempo material para facelo, a verdade, quería traballar as tempadas da Naisten Liiga dende a 2010-11 ata a pasada e facer artigos como o da tempada 2017-18 con eles e teño pendente acabar o do Team Kuortane (que pouco lle queda) e como mínimo meterlle man a fondo aos do K-Espoo, Stadin Gimmat e mesmo ao do HPK. Como traballo "liviano" me puxen un marcador no artigo de Islandia para ir traducíndoo, que por certo, ao traballar a sección de "transporte" non me deixa gardar a edición e sinala este erro cunha referencia que empregan tanto a Wikipedia en inglés como en castelán:
“ | A páxina que quixo publicar bloqueouna un filtro antispam. Probabelmente, isto se deba a que a páxina contén unha ligazón que leva cara a unha web externa que xa fora prohibida. O seguinte texto foi o que activou o noso filtro de spam: about.com | ” |
- Se o artigo da historia de Finlandia estivera moi ben nalgún idioma e só o tivera que traducir dun artigo en inglés ou finés podería meterme e facer algo aos poucos, pero o artigo en finés comeza moi tarde e o artigo en inglés ten moi pouco contido na parte da prehistoria, prefiro atrasalo e buscar libros para facer esa parte que traducir e logo volver sobre o traballo feito, é un roio adaptar o novo, xa me está pasando con Islandia e antes con outros e ralentiza moito o traballo. O que me sorprende é que ese artigo estea nesa lista, para min non debería estar (obviamente é polo eurocentrismo, non hai outra explicación). Apertas, a ver se deches lido todo o que escribín e me axudas co tema ese de Islandia. Piquito (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 18:23 (UTC)
Orfeón e Liceo Brigantino
editarOla, Piquito! Como vai?
No artigo do Orfeón Brigantino dise que naceu en 1875 como sección do Liceo Brigantino, pero ao parecer este naceu en 1877. Podes botarlle un ollo ao tema? Moitas grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de xullo de 2023 ás 10:01 (UTC)
- Síntoo Estevo(aei), pero non teño fontes nas que consultar iso, cando creei o artigo limiteime a poñer o que indicaban as fontes. Pode que sexan dous Liceos Brigantinos distintos... pero eu non o sei, o mellor é que contactes con alguén que viva na Coruña, eu xa non vivo aló, este ano non vou ir e pode que o que vén tampouco. Saúdos e sinto non poderche ser de axuda, Piquito (conversa) 10 de xullo de 2023 ás 10:49 (UTC)
Ilves
editarBoas, Piquito! As miñas desculpas polo borrado inadvertido da caixa e mil grazas polo aviso, non o vira!! O artigo tiña esa cita que aparecía ao principio sen o parámetro datae tamén outra á que lle faltaba a data de arquivo. Semella que do primeiro cambio borrei o contido da caixa sen darme conta. Penso que xa está todo en orde, pero poderías, por favor, comprobalo, non vaia ser? Moitas grazas e perdoa pola molestia. Maria zaos (conversa) 12 de agosto de 2023 ás 09:21 (UTC)
Portal País Vasco
editarOla, @Piquito. Veño de mirar o Portal do País Vasco que crearas ti e hai dúas seccións que non funcional, seica. Podería botarlle un ollo cando teñas un momento? Saúdos. MAGHOI (conversa) 13 de marzo de 2024 ás 20:28 (UTC)
Portal de Cultura Castrexa
editarOla @Piquito. Semella que no portal de cultura castrexa, falta unha imaxe na parte superior. Saúdos. MAGHOI (conversa) 29 de agosto de 2024 ás 20:10 (UTC)
- Ola MAGHOI! Sei o das imaxes de varios portais, o certo é que quería facer montaxes como fun facendo noutros casos, pero o tempo non dá para todo (facer iso buscando imaxes boas e recurtándoas leva moito tempo), irei facendo, pero polo momento xa puxen unha panorámica no portal, igual simplemente lle engado un texto por riba, pensareino estes días. Graciñas, Piquito (conversa) 29 de agosto de 2024 ás 20:37 (UTC)