Orfeón Brigantino
O Orfeón Brigantino foi unha agrupación coral da cidade da Coruña. Foi a sección coral do Liceo Brigantino[1][2]. Tivo como directores a Pascual Veiga[1]e Xosé Baldomir.[2]En 1877 o Orfeón Brigantino participou no certame organizado polo Círculo de Ximnasia e Esgrima, no que gañou o primeiro premio coa interpretación da obra El Amanecer, de Eslava.[3][4]
Orfeón Brigantino | |
---|---|
Tipo | coro |
Data de fundación | 1875 |
Fundador(es) | Pascual Veiga |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu fundador, Pascual Veiga,[1][3] escribiu obras para a agrupación como ¡A nosa terra! Escena coral en verso en un auto (1879), mais en 1878 decidiu abandonar a formación para crear o Orfeón Coruñés.[3]
En xullo de 1892 aparece como director do Orfeón Brigantino o compositor coruñés Xosé Baldomir, que permanecerá á fronte da agrupación canto menos ata 1894, cando asumiu a dirección da Coral Polifónica El Eco.[2][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Costa, Luis (1998). Coralismo, etnicidad y nacionalismo en Galicia. Cuadernos de Música Iberoamericana (en castelán) 6. p. 54.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Viso Soto, Margarita (2018). Melodías galegas de José Baldomir Rodríguez (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 31. ISBN 978-84-92923-91-5.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Pascual Veiga Iglesias (1842 ¿ 1906)". Concello de Mondoñedo. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ "El amanecer (Eslava, Hilarión)". International Music Score Library Project. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Capelán, Montserrat (2012). Tradicionalismo y escena: una aproximación a la música escénica de José Baldomir. Os soños da memoria: Documentación musical en Galicia, metodoloxías para o estudio (en castelán) (Deputación de Pontevedra). p. 230.