Xosé Baldomir

músico galego

José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic)[1] ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir,[2] nado na Coruña o 26 de novembro de 1865[3] e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.

Modelo:BiografíaXosé Baldomir

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJosé Ventura Eduardo Gregorio Baldomir
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1865 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1947 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
A Coruña
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, compositor Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosFernando Navarrete Monteserín Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
BNE: XX848791 BUSC: baldomir-rodriguez-jose-1865-1947 Discogs: 7000363 Editar o valor en Wikidata

Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo.

Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941), na que permaneceu ata a súa morte en 1947. Tamén participou en institucións galeguistas como as Irmandades da Fala, nas que ingresou no seu inicio en 1916. Baldomir colaborou tamén na recompilación dos Cantos y Bailes Populares de España e de El Cancionero Musical Popular Español de José Inzenga e Felip Pedrell, respectivamente.[4]

Interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director das orquestras do Liceo Brigantino, da orquestra da sociedade Bretón de los Herreros e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira por España, Francia e Portugal.

Baldomir nos seus anos mozos, retratado por Sellier.

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación musical

editar

Xosé Baldomir Rodríguez naceu o 26 de novembro de 1865 na cidade da Coruña, no número dous da calella do Africano, fillo dun traballador do Banco de La Coruña chamado Ángel Baldomir Arcay, e de Andrea Rodríguez Rivera.[5] Baldomir criouse nunha familia acomodada e tivo cando menos tres irmáns: o tamén músico Francisco, Luis e Fermina.[6][5]

Os únicos datos atopados sobre a infancia refírense aos seus estudos de "xeometría e aritmética" e "estudos xerais e de aplicación" no Instituto de Segunda Ensinanza (Escola de Comercio) da cidade da Coruña. En opinión da autora Margarita Viso Soto, estes estudos indicarían que o pai de Xosé Baldomir quería que o seu fillo dirixise os seus estudos "cara á contabilidade, o comercio ou afíns", mais os resultados pouco brillantes que acadou expoñen o pouco interese que estes estudos lle provocaban ao mozo.[7]

 
Marcial del Adalid foi un dos mestres de Baldomir e unha influencia importante na súa obra.

Musicalmente, segundo sinalou o propio Xosé Baldomir, recibiu as súas primeiras leccións da man do seu irmán Francisco. Tamén existe constancia documental de que foi discípulo de Marcial del Adalid, que morrería en 1881 sendo el aínda novo. Con todo, Baldomir mantivo unha estreita relación co curmán de Marcial del Adalid, Marcial de Torres Adalid, de quen tamén foi discípulo, e quen posiblemente prolongou e fixo afondar a influencia de Marcial del Adalid no mozo Baldomir.[7] De feito Xoán Vicente Viqueira sinalaba a influencia dos mestres na figura de Baldomir:[8]

Felizmente deixounos [Adalid] un discípulo, o mellor dos compositores actuais de Galicia: Baldomir. Digno discípulo do seu mestre, amosou este compositor de lieder un firme sentido para a música galega. Puramente seguiu na elección dos motivos e dos ritmos a Adalid. Así Baldomir é xenuinamente galego, radicalmente galego.

Tamén Adolfo Anta sinala esta influencia dos seus mestres Adalid e Torres:[9]

Entre os máis salientables discípulos de Torres Adalid, merece especial mención José Baldomir, que soubo aproveitar canto do seu mestre puido aprender para compoñer as obras que todos coñecemos e que lle proporcionaron xusto renome. Meus amores, por citar algunha, foi concibida no máis característico estilo adalidiano: fluído, sinxelo, apaixonado.

Baldomir formouse musicalmente no piano e o harmonio . Aínda que figura como pianista en numerosas referencias de concertos, posiblemente tivera predilección polo harmonio, o cal consideraba idóneo para as súas clases. Tamén debeu ter formación en canto, xa que coñecía a técnica,[9] tendo chegado a exercer como profesor de canto na Deputación Provincial da Coruña.[10]

Director de corais e profesor na Escola de Belas Artes

editar

En 1892 temos as primeiras referencias ao seu labor como director de conxuntos corais, foi neste ano cando aparece como director á fronte do Orfeón Brigantino, a sección coral do Liceo Brigantino. Co orfeón participou nos agasallos ao que foi presidente da Primeira República Francesc Pi i Margall na súa visita á cidade. Tamén se ten constancia de que o coro tiña prevista unha actuación en Madrid e outra na Coruña a beneficio de Andrés Gaos.[11][12] Así mesmo existen referencias da prensa entre 1893 e 1899 sobre a súa vinculación ao coro e orquestra de Hijas de María, unha coral feminina que cantaba acompañada dunha pequena orquestra principalmente na igrexa de San Domingos. Baldomir realizou diversos arranxos e composicións para esta agrupación, por exemplo a instrumentación dunha misa de Léo Delibes ou as súas obras Despedida á la Virgen ou unha Ave María, que en 2018 aínda non foran localizadas.[11]

 
Fachada da Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, actualmente o edificio acolle o IES Eusebio da Guarda.[13]

Foi precisamente en 1892 cando Baldomir se presentou como aspirante a un posto de profesor na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña.[a][15] Con todo, non foi ata 1894 cando se produciu o seu nomeamento como profesor de «Solfexo aplicado ao conxunto e masas corais». Este traballo non lle proporcionou unha grande seguridade económica ao compositor e á súa gran familia, xa que nesa época ese tipo de postos estaban escasamente remunerados, polo que tivo que complementar o oficio cos ingresos que percibía pola representación e venda da súa música. O arquivo da escola, no seu expediente de profesor, contén principalmente reclamacións económicas que realizou Baldomir ao longo dos anos que permaneceu na escola.[15]

En 1894, dous anos despois de poñerse á fronte do Orfeón Brigantino, Baldomir comezou o primeiro dos dous períodos a fronte de "El Eco" e que se prolongaría durante tres anos ata a súa dimisión en 1897.[16] A Coral "El Eco" estaba daquela presidida por Martínez Fontenla e Baldomir foi proposto para a súa dirección, aceptando de contado. "El Eco" comezou os ensaios co seu novo director cun programa que incluía "Åses død" ("Morte de Åse") da suite Peer Gynt de Edvard Grieg, como sinalou a prensa da época.[b] O debut de Baldomir como director de "El Eco", que causou unha grande expectación, polo temor dalgunha xente logo da marcha de Chané, foi un éxito e mesmo estreou unha balada galega propia da que non hai constancia do seu título.[17] Nesta primeira etapa á fronte da coral coruñesa realizou diversas viaxes a distintos puntos da xeografía española e mesmo a Portugal, recollendo numerosos éxitos. Con todo, axiña presentou a súa renuncia, que foi aceptada pola institución.[18]

En 1895, durante esta época de distanciamento de "El Eco", coñécese que comezou a ensaiar unha coral formada por persoas socias do Círculo de Artesáns e que, esa mesma institución, lle encargou un Wars para coro para a revista a propósito de entroido dese ano, se ben a obra non se conservou ata os nosos días.[11] O ano seguinte, con todo, Baldomir foi elixido director do orfeón coruñés e a finais dese mesmo ano organizou un concerto a beneficio dos feridos e enfermos da guerra de Cuba que contou, ademais de coa participación de "El Eco", coa de Eugenia Osterberger e do barítono Maristany quen cantou, acompañado polo propio compositor, dúas obras que el compuxera sobre textos do presidente de "El Eco", Salvador Golpe. Se ben en 1897 presentou de novo a súa dimisión, debeu retomar o posto, xa que se conservan fontes que o sitúan á fronte do coro no ano 1900.[18]

 
Cita de Tettamancy sobre integrantes do faladoiro da Cova Céltica.

Foi nesta época cando naceu A Cova Céltica, un faladoiro que se reunía na Libraría Rexional de Eugenio Carré Aldao e que se converteu no núcleo do que saíron as principais iniciativas e protagonistas políticos e intelectuais do momento. O compositor é citado por Tettamancy entre os asistentes a estas reunións. Baldomir puxo música a tres poemas xurdidos ao abeiro da Cova Céltica: Meus amores, con letra do xornalista Salvador Golpe, e Carmela e Ela! do pintor Urbano González.[19][c]

O 18 de decembro de 1897 morre seu pai, pola correspondencia que mantiña con Canuto Berea sabemos que seu pai estaba enfermo, o que lle impediu reunirse con el.[19] O loito pola morte de seu pai afastou a Baldomir da actividade pública e tan só se atopan referencias súas á fronte do coro Hijas de María. Sobre a súa produción musical coñécese que corresponden a esta época de loito a súa Despedida a la Virgen e unha Ave María, ambas partituras desaparecidas.[20]

Éxito e recoñecemento

editar

Dende o ano 1894, canto menos, Baldomir realizara viaxes con "El Eco". Cando foi nomeado profesor numerario da Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, en 1896, adquiriu unha relativa estabilidade que lle permitiu programar viaxes coincidindo cos períodos de vacacións, mais desta volta estas viaxes non eran para dirixir ningún conxunto coral senón en solitario co obxectivo de difundir a súa obra, como mostra por exemplo unha crónica recollida no xornal La Época o 23 de febreiro de 1899 sobre a súa viaxe a Madrid:[21]

Chegou a esta corte o compositor galego D. José Baldomir, o cal vén dar dous veladas musicais e tratar de poñer en escena unha obra súa, na que fundan os seus amigos grandes esperanzas.

Foi nesta primeira viaxe á capital de España cando Baldomir tentou presentar sen éxito a primeira obra escénica composta por el da que se ten noticia.[1]

En 1902 produciuse un feito moi salientable na carreira de Baldomir, xa que o barítono catalán Ramón Blanchart interesouse polas súas cancións, converténdose no primeiro gran barítono en contribuír á difusión das súas cancións, de feito o propio compositor pediulle a Eduardo Puig "unha colección das miñas melodías [...] para Blanchart". Foi precisamente un recital de Blanchart no Teatro Real de Madrid o que marcou a expansión da música de Baldomir.[22] Á felicidade polos seus éxitos profesionais sumouse, no eido persoal, o seu matrimonio con María Encarnación Barbeito García, que polas novas da época sabemos que tivo lugar na capela que tiñan "os señores de Linares Astray" en Palavea, e que a data do enlace foi o 7 de xuño.[23]

O 29 de xaneiro de 1905, contando xa cun amplo recoñecemento social, foi nomeado académico da Real Academia Galega de Belas Artes.[d][24] Pouco despois, o 20 de febreiro dese mesmo ano, hai referencia a que o barítono Blanchart escolleu a canción de Baldomir, Meus amores, para cantala no Teatro Real en Madrid nun acto de homenaxe a José Echegaray, que gañara o Premio Nobel de Literatura en 1904, feito que dá boa mostra do éxito que acadaran as súas cancións.[25] Se ben hai novas que falan da publicación en 1905 de "dúas novas series" de composicións de obras de Baldomir nunha "importante casa de Barcelona", descoñécese se finalmente esta edición se chegou realizar. De novo ese ano a Xunta xeral de "El Eco" pídelle que volva asumir a dirección, ao que el se negou argumentando que:[25]

... se robustezcan las cuerdas con gente nueva y condiciones para el canto, que se varíe total y radicalmente el repertorio de la sociedad, casi todo él manoseadísimo y que en suma presida el mayor orden y buen deseo en la reorganización de la sociedad, si es que ha de irse á algo práctico y beneficioso.

— Xosé Baldomir, La Voz de Galicia, 27 de setembro de 1905.[26]

En 1906 realizou unha nova visita a Madrid, durante a cal realizou no Ateneo unha velada adicada a Galicia na que participaron tamén outras destacadas personalidades da intelectualidade galega como Juan Armada Losada, Marqués de Figueroa, que realizou o discurso sobre a música popular galega como apertura do evento, Waldo A. Insua, Freire de Andrade ou Víctor Said Armesto. O concerto consistiu integramente en obras de Baldomir interpretadas por Laura Magán e Ignacio Tabuyo e el mesmo.[1] Entre as persoas que asistieron ao concerto encontrábanse os compositores Amadeu Vives e Ruperto Chapí, que terían decidido visitar Galicia logo do encontro para escoitar directamente as fontes da música do coruñés.[27] Posteriormente, entre agosto e setembro dese mesmo ano, realizou unha nova xira polo norte peninsular ata Francia, actuando xunto con Tomás Bretón no Gran Casino de Santander, así como en Xixón, Avilés, Barcelona e a cidade francesa de Biarritz, onde colleitou un notable éxito recollido pola prensa da época, tendo que repetir todas as súas composicións "a instancias da concurrencia".[28] Esta serie de concertos permitiulle a Baldomir non só dar a coñecer a súa música, senón tamén amosar as súas composicións a outros compositores como Pablo Sarasate[e] ou Jules Massenet, que asistiron ao concerto de Biarritz, así como ter contacto con Tomás Bretón, quen o acompañou coa súa orquestra en Santander.[27]

 
O Teatro de la Zarzuela, onde o 11 de febreiro de 1908 se estreou Santos e meigas.

Baldomir, que xa daquela era un compositor popular en España e cuxa música xa chegara ás audiencias do outro lado do Atlántico, emprendeu en 1907 unha xira por Francia e Alemaña que o levou a Baiona, Bordeos, Marsella, Berlín e Frankfurt. Ademais a prensa sinala que a música do coruñés sonou en París e outras cidades europeas importantes.[28] O xornal El Noroeste fai referencia ese mesmo ano á interpretación en Frankfurt de tres fragmentos dunha obra orquestral de Baldomir, un Poema sinfónico que en 2018 estaba perdido.[30]

O 11 de febreiro de 1908, logo dos esforzos continuados que dende 1893 Baldomir adicou a estrearse como compositor de teatro lírico, estreouse no Teatro de la Zarzuela de Madrid a súa zarzuela Santos e meigas,[31] sobre un texto de Manuel Linares Rivas.[32] Logo do éxito na súa estrea en Madrid a zarzuela estreouse en distintos lugares de España, así como noutros países como Cuba ou o Uruguai.[31] No outono dese mesmo ano o compositor retirouse ao campo para traballar en varios proxectos que se desconoce se chegaron materializarse como a publicación en francés das súas cancións en Francia, ou a tradución das mesmas ao inglés e o alemán, ou a preparación de obras líricas que se descoñece se chegaron estrearse. Foi precisamente esta época cando compuxo a súa zarzuela La Sardiñeira, con libreto de Luis Ibáñez Villaescusa, e da que a prensa de 1909 sinala que se estrenaría no Teatro Nacional de Montevideo, se ben semella que se trata dun erro no título, xa que non hai ninguna outra referencia.[33]

En 1910 concedéronlle un ascenso económico na Escola de Artes Industriais como resposta a unha solicitude que fixera o ano anterior para que se lle recoñeceran os servizos prestados. O ano seguinte a Deputación Provincial da Coruña creou unha clase de canto individual, onde Baldomir ensinou, posiblemente como complemento ao seu salario como profesor da Escola Elemental de Artes e Industrias.[34] Nestes primeiros anos da década de 1910 a música de Baldomir era tan coñecida e estaba tan asociada á música galega que o seu nome chegou a ser empregado para louvar a partitura de Amadeu Vives logo da estrea de Maruxa, e as personalidades do canto que chegaban á Coruña seguían a incluír as súas cancións nos seus concertos.[35]

Neste punto, Baldomir considera a posibilidade de trasladarse a Madrid, unha cidade na que tería maiores posibilidades de seguir a súa carreira como compositor do teatro lírico. Para tal fin Baldomir presentou unha solicitude o 4 de maio de 1914 para que «se le canjee el título de Profesor Numerario de Artes e Industrias por el de Numerario del Conservatorio Nacional de Música», solicitude que lle sería denegada o ano seguinte. A pesar de ser consciente de que precisaba trasladarse á capital de España para continuar a súa carreira na escena, o compositor, xa con varios fillos, non podía arriscarse a trasladarse a Madrid sen o salario que lle achegaba o seu posto de profesor[36] e finalmente quedaría en Galicia.

As Irmandades da Fala

editar
 
Placa no lugar onde foi fundada a primeira das irmandades, na Coruña.

O 18 de maio de 1916 reuniuse no local social da Academia Galega o grupo fundador das Irmandades da Fala, reunión á que asistiu Xosé Baldomir e na que se nomeou a Antón Villar Ponte "Primeiro Conselleiro".[37] Baldomir foi membro das Irmandades da Fala dende os seus inicios,[38] Segundo parece, Baldomir puido ter escrito a música para un poema de Lugrís Freire titulado Cantiga d’os Amigos da Fala e que non se puido localizar.[39][40] Ese mesmo ano apareceu como colaborador no primeiro número do voceiro das Irmandades da Fala, A Nosa Terra, e existen novas de que Baldomir pretendía publicar un libro con melodías para poemas de Rosalía, Curros e Rey Soto, aínda que esta publicación non se localizara a data de 2018 e non se sabe seguro se finalmente se materializou o libro.[40] Pouco despois ese mesmo ano o xornal Gaceta de Galicia hai novas dunha nova publicación en Barcelona de composicións para canto e piano, entre elas A Rosalía con letra de Curros,[41] así como a música a un himno galego con letra de Ramón Cabanillas, posiblemente publicado en 1913 en Vida Gallega baixo o título "Un himno guerrero", e que fora empregado por organizacións agraristas.[40] Posiblemente Baldomir e Cabanillas se coñeceran nos Amigos da Fala, que debeu ser un incentivo para a creatividade do compositor, quen nasta época estaba a escribir a súa ópera A Virxe do Cristal, que en 1919 xa se encontraba nun estado avanzado.[42] Se ben nun principio a ópera se ía estrear en Barcelona no Gran Teatre del Liceu na primavera de 1920, con todo, a ópera non estaba lista para a data e a estrea, atrasada ata 1922 en Madrid, non chegou realizarse malia a ser presentada ese mesmo ano a un grupo de artistas no que se escoitou música do compositor coruñés e se pasaron fragmentos da ópera. A causa da da cancelación da estrea da obra foi negativa dos fillos de Curros, que lle remitiron unha carta e enviaron a un emisario para notificarlle de palabra a súa oposición a que a ópera se levara a cabo, como declararía nunha entrevista a El Pueblo Gallego en 1928.[43][44][45] Aínda en 1922, a proposición de Bretón, Serrano e Tragó, foi nomeado membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid por unanimidade, asistindo ao acto de ingreso as raíñas Vitoria Uxía e María Cristina.[46]

Anos difíciles e fin da súa vida laboral

editar

O 22 de novembro de 1923 o seu traballo foio recoñecido nunha Real orde na que se indica:[47][f]

... faise resaltar o labor de cultura que en beneficio da clase obreira veu realizando na cátedra oficial que tivo ao seu cargo.

Outra boa nova para a difusión da súa música chegou o ano seguinte, cando durante a visita dos reis de Italia a Madrid, a famosa soprano galega Ofelia Nieto cantou a melodía galega Meus amores.[47] Con todo, as boas novas tornaríanse tráxicas en 1925, ano no que faleceron as súas fillas Fermina e María del Carmen, sumándose ademais un proceso xudicial interposto contra el por un presunto delito de falsidade do que se declaraba inocente e do que finalmente a sentenza sairía ao seu favor.[48][g] En 1927 naceu a súa filla Ángela Fermina María del Carmen, e ese mesmo ano morrería tamén o seu sogro.[49]

O final da década de 1920 foi especialmente duro para o compositor, que tres anos despois de perder a dúas das súas fillas, en xaneiro de 1928 sufriu a perda doutras dúas: María de la Encarnación e María de los Ángeles. A istou suomouse unha difícil situación económica pola que atravesaba Baldomir, feito do que se fai eco a prensa da emigración. Ese mesmo ano, logo da resolución xudicial favorable, foi homenaxeado cun concerto no Teatro Linares Rivas da Coruña.[49]

Neste tempo as nove cancións publicadas por C. B. y Ca. continuaron a súa expansión, con interpretacións exitosas como a de José Mardones no Teatro da Zarzuela, Conchita Supervía na Salle Gaveau de París,[h], Matilde de Lerma ou Miguel Fleta. Tamén se ten constancia de rexistros fonográficos das súas composicións nos catálogos de Odeón (1930) ou La Voz de su Amo (1931). Tamén existe constancia de reclamacións que o compositor realizou a Odeón, documentos que ilustran a difusión radiofónica que tivo a súa obra,[51] que aparece de xeito ininterrompido en recensións da prensa sobre os programas das estacións radiofónicas entre 1924 e 1936, emitíndose tanto música en directo como discos coa súa música rexistrada. A última nova que se ten da emisión radiofónica da súa música data dun mes antes do estalido da guerra civil española, e tivo lugar en Sevilla.[50]

 
Logo do seu cesamento na Escola de Arte Superior, Baldomir exerceu no Grupo Escolar Eusebio da Guarda.

O 6 de novembro de 1930 foi cesado na Escola de Arte Superior, mais continuou a traballar no Grupo Escolar Eusebio da Guarda, que daquela era dirixido pola célebre pedagoga e muller de ideas avanzadas María Barbeito, cuxo marido era amigo do compositor.[52] Posiblemente o primeiro caderno das súas Canciones infantiles foi escrito nesta etapa, con textos que fan alusións directas á escola como «Caminito alegre y bello, caminito de la escuela, que cortito me pareces con la ilusión de ir a ella» ou «Igual que las flores la escuela nos brinda todos los aromas que tiene el saber». Estes textos, sumados á presenza de tres poetas mulleres (Julia Verdejo, Juana de Ibarbourou e Gabriela Mistral) poderían indicar unha influencia de María Barbeito, quen lle podería ter suxerido a composición das cancións e os poemas.[53]

En 1932 a morte volve golpear á familia, levándose ao seu fillo Luis Fernando.[i] Dous anos despois someteríase sen complicacións a unha operación cirúrxica en Santiago de Compostela, logo da cal participou nas celebracións do Día de Galicia tocando o órgano na misa.[53] Un ano despois, en 1935, Baldomir xubilouse,[54] mais seguiu participando da vida culturale reivindicando o sentimento galeguista ata oo estoupido da guerra civil.[53]

Guerra civil e posguerra

editar

Cando se produciu o estalido da guerra civil Baldomir xa se encontraba retirado. Con todo o compositor debeu vivir situacións que o impactaron, como ver a súa amiga María Barbeito sendo afastada do ensino e ver como a escola pasaba a converterse nunha fábrica de armas. Baldomir, xa superados os 70 anos, foi testemuña da desaparición da escena nacional da súa música, que desapareceu da radio e dos concertos logo do estoupido da guerra. De mesmo xeito que moita outra xente da España da época, o compositor coruñés encontrábase nunha situación na que as súas preocupacións eran a supervivencia, a fame e as enfermidades.[55]

O 27 de xuño de 1941, xa finalizada a guerra, foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, en substitución de Indalecio Varela[55][56][46] Debido a que con el ingresaron 19 novos académicos na Real Academia Galega non existe discurso de ingreso, aínda que si se conserva un escrito dese mesmo ano en resposta a un novo ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes. Nela está incluído o escrito sobre «La flora musical de nuestra tierra».[55][56][j] En 1944 leu a resposta ao discurso de ingresou na Real Academia de Belas Artes da Coruña do músico donostiarra Alberto Garaizábal, sobre o órgano e a orquestra.[55]

A pesar de que en 1946 se publicaron as súas Canciones infantiles. Cuaderno I co patrocinio do Concello da Coruña, estas nunca chegaron a poñerse en circulación. Posiblemente alguén dentro do concello promovera esta edición co fin de prestarlle axuda económica,[k] xa que durante os seus últimos meses de vida a súa situación económica era moi desfavorable, o que fixo que precisase da axuda dos seus amigos.[55]

 
Tumba de Xosé Baldomir no cemiterio de Santo Amaro[57]

Baldomir faleceu o 1 de febreiro de 1947 aos 79 anos, un ano antes despois de que morrese a súa filla Rosalía.[58] A casa mortuoria instalouse na rúa Santa Lucía 26 e 28, 4º.[59] Foi enterrado no Cemiterio de Santo Amaro e ao enterro do compositor asistiu moita xente, entre a que se encontraba o daquela alcalde da cidade Eduardo Ozores Arráiz, varios concelleiros da cidade e o secretario do Concello.[60][58][61] Esta presenza de autoridades municipais sorprende ao tratarse Baldomir dun compositor considerado símbolo de Galicia e vencellado a movementos galeguistas. Margarita Viso Soto considera que este feito foi posible polas "relacións persoais e de amizade que ao longo da súa vida cultivou Baldomir, que debía ser unha persoa moi querida". O apoio do consistorio herculino non se limitou ao acompañamento durante o funeral e, un mes despois adquiriu da súa viúva catro cancións, entre as que figuran Querom’ire (con texto de Rosalía), para socorrela economicamente.[58]

Baldomir deixou a súa muller e catro fillos: José María, Alberto, Elena e Margarita. A súa familia viviu nunha situación de penuria económica durante un tempo, sinalando o escritor Neira Vilas que unha filla do compositor se dirixira ao Centro Gallego de Buenos Aires para solicitar unha axuda debido á súa situación económica. A súa muller falecería cinco anos despois, logo de que morrese a súa filla Elena.[59]

Á morte de Baldomir sucedéronlle a de Farto o 23 de abril e a de Garaizábal na Coruña, o que converteu o ano 1947 nun ano negro para a música galega.[59]

editar

Na súa obra de 2018 Melodías galegas de José Baldomir Rodríguez Margarita Viso Soto inclúe un catálogo provisional de obras de Xosé Baldomir. Viso Soto agrupa as obras do compositor coruñés en sete categorías: obras pianísticas, obras para outros instrumentos, cancións para voz e piano, obras corais, obras sinfónicas, obras sinfónico-corais e teatro lírico, se ben a maior parte destas composicións coñecidas de Baldomir non están localizadas[62] e coñécese da súa existencia e data aproximada de composición por fontes externas como notas da prensa contemporánea.[63] O catálogo realizado por Viso Soto non inclúe ningún tipo de numeración, senón que enumera as composicións e as clasifica segundo o xénero.

Características xerais

editar

Baldomir destacou como compositor de cancións, se ben tamén escribiu música instrumental e a zarzuela Santos e Meigas (Idilio Campesino en un acto) en colaboración con Vicente Lleó sobre libreto de Manuel Linares Rivas. Desenvolveu actividades de musicoloxía recollendo temas tradicionais galegos para Cantos y bailes populares de España, de José Inzenga e Cancionero Musical Popular Español, de Felip Pedrell.[64]

Influencias

editar
   
Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez foron as dúas fontes predilectas para a súa música, poñendo música a varios dos seus poemas.

A música de Baldomir caracterízase pola influencia da música popular, algo que do que se fixo eco a prensa da época cando en 1888 publicouse a súa obra O último adiós, sinalando que a música é "calcada aos nosos doces e melancólicos cantos populares". E boa parte da súa obra está baseada en textos galegos,[65] creando obras sobre a base de poemas de Rosalía ("Ti onte, mañán eu"; "Grilos e ralos"...), Pondal ("Monte Branco"; "Ten o seu punto a rosa"), Cabanillas ("Camiño da ermita"; "O cantar"...), Curros ("¿Cómo foi?") e doutros poemas casteláns, se ben mostrou unha clara predilección por Curros e, especialmente por Rosalía.[66]

Atopamos referencias ao carácter galego da súa obra xa en 1899, coincidindo cunha viaxe a Madrid. Na capital de España participou nun serán musical no que Emilia Pardo Bazán actuou como madriña, e do que o xornal La Última Moda na súa edición do 12 de marzo sinala:[67]

O Sr. Baldomir é un mozo e distinguido artista que compón e canta dun xeito excelente cancións características da terra galega, impregnadas das docísimas melodías propias desta clase de obras. Para oírlle congregáronse anoite moitas e notables persoas na casa da señora condesa de Pardo Bazán. A ovación recibida polo Sr. Baldomir, foi tan entusiasta como merecida.

Esta identificación da música de Baldomir coa música galega non se limita ao emprego do galego nas súas cancións. A súa música adoita ser orixinal e conta con numerosas características da música do folclore galego, que aplicou de xeito consciente, empregando outras características noutro tipo de composicións que non as requirían. A súa linguaxe bebeu inicialmente de Adalid e conta con trazos do verismo contemporáneo respecto á expresión do texto, mais sen caer nos excesos italianos. Para Margarita Viso Soto a figura de Grieg puido terlle proporcionado "a chave para enraigar o folclore galego nos alicerces da súa propia obra, dentro dunha linguaxe universal".[21]

Pensamento musical

editar

Baldomir foi herdeiro do Rexurdimento, e a súa música está encadrada na corrente tradicionalista da música galega, mais non só dende o punto de vista da procura de fontes no folclore, senón tamén na utilización de técnicas compositivas antigas.[68] Baldomir manifestouse contrario á introdución dos movementos de vangarda auspiciados polo compositor lucense Jesús Bal y Gay.[46] Do mesmo xeito que outras personalidades da súa época, como Varela Silvari ou Villar Ponte,[l] apréciase nos textos de Baldomir a concepción da música popular galega como unha música "pura" e non contaminada que se encontra afastada dos progresos da modernidade e se inspira constantemente da tradición transmitida polo pobo e relacionada coa "melosidade da fala da súa lingua". No seu pensamento en contra das novas correntes que empezaban a xurdir pode verse por exemplo no seu artigo "As últemas tendencias d ́a música":[69]

En toda-las épocas d’a historia dá música, como n’a historia de calquera outra manifestación artística, houbo un tempo de preparación, outro de florecimento é outro de decadencia. N’a actualidade todo-los síntomas fan supoñer c’a música –ó mesmo cás demais artes– está en compreta decadencia.

Eu non creo que finaron as posibilidades d’atopare un pensamento novo n’os sistemas clásicos d’armonia; o sentimento melódico que foi e será sempre a esencia d’o arte musical, donde’alcontra imposibilidades e nos novos sistemas e’o están atrofiando c’o abuso d’as máis discordantes e inespresivas combinacións de sonidos.

— Xosé Baldomir, Eco de Galicia (A Habana), 20 de maio de 1923.[69]

Nos seus escritos Baldomir ataca a música do que daquela era o referente da corrente que procuraba unha renovación da música galega, Igor Stravinskii, e defende os sistemas clásicos fronte ás novidades que se estaban a desenvolver na primeira metade do século XX.[70]

Neste enfrontamento dentro da ideoloxía nacionalista entre a corrente tradicionalista e a renovadora da música galega na primeira metade do século XX ambas correntes defendían a súa universalización, para a cal propuñan dúas vías distintas. Esta disputa fixo mudar a percepción que se tiña da obra de Baldomir, que fora considerado o máis digno representante da música galega e cuxa obra ata entón fora loada case por unanimidade, mais que pasou a ser considerado como un compositor anticuado e incapaz de traspasar as fronteiras de Galicia.[71]

 
Xosé Baldomir

Unha obra perdida

editar

A obra de Xosé Baldomir permanece na súa maior parte perdida. A musicóloga galega cita no catálogo incluído na súa edición das melodías galegas do Baldomir en total de 29 obras localizadas e 60 sen localizar.[62] Isto se correspondería co expresado por Jorge Víctor Sueiro, quen en 1954 sinalaba nun artigo que había máis de 60 obras inéditas na casa dos fillos do compositor, entre as cales estaría a súa ópera A Virxe do Cristal. Sueiro tería visitado a casa dos fillos do compositor e sinala Alberto Baldomir Barbeito ensinoulle o arquivo de obras de seu pai, sinalando que tivera intención de queimar todo pero que Segundo o xornalista non fixera nin o faría no futuro.[72]

Música instrumental

editar

Aínda que se sabe grazas a distintas fontes que Baldomir compuxo numerosas obras puramente instrumentais e sinfónicas, en 2018 tan só se localizaran dúas, ambas para piano só: unha Marcha fúnebre e un Romance.[62] Ambas obras poden ser consideradas como obras de xuventude, cunha visible influencia de Adalid, e foron escritas en torno ao ano 1891. Margarita Viso Soto sinala que o Romance podería formar parte dunha colección de pezas breves do estilo das romanzas sen palabras, e mesmo sinala que podería considerarse mesmo máis un bosquexo que unha obra completa.[73]

Da súa produción orquestral non se localizou ningunha das partituras. Salientar, polas novas da época a estrea parcial do seu Poema sinfónico en Frankfurt en 1907, e que posiblemente aparece citado noutros documentos, se ben non está claro que se refiran á mesma obra.[74] Teria escrito tamén unha Suite para orquesta, citada igualmente na "relación de méritos" para o seu ingreso na Real Academia Galega.[75]

Cancións

editar

Baldomir levou o xénero da melodía galega ao máximo nivel artístico, e con el acadou difusión internacional no seu tempo, perdurando moitas delas na memoria colectiva, converténdose en palabras de Viso Soto no "emblema musical de Galicia".[76]

Sábese por medio de diversas fontes documentais da época que Xosé Baldomir compuxo numerosas melodías galegas, aínda que tan só se conservan algo máis dunha ducia delas. Estilisticamente nas súas obras neste xénero pode apreciarse a forte influencia do seu creador, Marcial del Adalid, sendo Baldomir o máis fiel seguidor dos principios do xénero marcados por Marcial del Adalid.[77] Dende o punto de vista harmónico, as súas cancións teñen unha aparencia sinxela, mais presenta uns matices moi finos, mostra do seu coñecemento da harmonía.[76]

A maior parte das cancións de Baldomir que se conservan están compostas sobre textos en galego. Unha excepción a isto son as súas Canciones infantiles, que todo indica foron compostas cara ao final da súa carreira, no tempo que exerceu nas Escolas «da Guarda». Nestas cancións o compositor coruñés empregou textos en castelán,[m] de temática infantil e escolar, puideron ter sido escritos para a ocasión. A influencia de María Barbeito, directora das Escolas «da Guarda» no momento, tanto pola temática como pola inclusión de tres poetas mulleres, Julia Verdejo, Juana de Ibarbourou e Gabriela Mistral,[n] o que supuña unha mostra de modernidade para a época, e que se sumaban á predilección de Baldomir pola obra doutra muller, Rosalía.[78] Con todo, o galego empregado nas súas obras non é o galego normativo, polo que a súa mudanza a este último resulta problemática para a prosodia.[80]

Música coral

editar

En distintos momentos da súa vida Baldomir exerceu como director de coros e orfeóns, como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, para algunhas das cales compuxo obras que, nalgúns casos non se localizaron.[11]

No catálogo elaborado por Margarita Viso Soto e publicado polo Consello da Cultura Galega en 2018 figuran un total de once composicións corais, oito delas para coro só, e tres máis para coro e orquestra. De todas estas tan só estaban localizadas en 2018 dúas, ambas para coro só: Saludo a la Bandera (Santa enseña de la Madre España) e Nosa Pregaria (Alma d’a nobre terriña celta).[62] Da música non localizada só se coñecen poucos datos grazas a diversas fontes, como que a Despedida a la Virgeno e a Ave María foron escritas para coro feminino e orquestra, mentres que outras como aun Wals, o Scherzo «a las veinticuatro horas» ou A la lá A Bugalleira non se coñece o tipo de agrupación vocal para a que foron escritas.[75] Cómpre sinalar un himno galego con letra de Cabanillas e que se supón escrita para coro, mais as fontes non dan pistas de se se trataba dunha composición coral ou para piano e voz.[81]

 
Santos e meigas, 1908.

Música escénica

editar

Se ben cando se fai referencia á música escénica de Xosé Baldimir só se cita a súa zarzuela Santos e Meigas e a súa ópera A Virxe do Cristal, o compositor traballou este xénero intensamente, tendo escrito moitas máis obras das que se lle adoitan atribuír. En total Montserrat Capelán fai referencia a oito obras escénicas finalizadas ou case finalizadas, así como cinco proxectos dos que se descoñece a súa realización,[82] mentres que Margarita Viso reduce o número de obras escénicas a once.[62]

A primeira composición escénica da que se ten constancia seo se sabe que estaría baseada en temas galegos e que a prensa galega da época apunta a que se esperaba que se puxera en escena en Madrid en 1893,[82] aínda que non se atoparon datos do libretista nin do título, así como recensións da representación.[83] Hai tamén numerosas referencias a obras líricas de Baldomir na prensa, onde frecuentemente mencionaban obras do compositor que estaban a piques de estrearse e que posiblemente se referiran a proxectos que non se chegaron concretar, xa que era frecuente na época que os xornais quixeran adiantar as novidades da seguinte tempada lírica e consultaran aos compositores sobre as obras que estaban a escribir.[84]

Resulta difícil sinalar os trazos da súa obra escénica, xa que tan só se conseguiu localizar a súa zarzuela Santos e Meigas,[62] subtitulada "Idilio campesino en un acto", conta con varios números orquestrais, corais, así como un terceto e dúas romanzas.[85]

Baldomir como crítico e folclorista

editar

Outra faceta de Baldomir foi a crítica musical. O compositor coruñés desempeñou esta actividade en diversos medios como La Voz de Galicia e El Noroeste, se ben non asinou as súas colaboracións nestes medios nin en A Nosa Terra en anos posteriores. Si asinou a súa lembranza a Chané que realizou en A Nosa Terra, así como outras colaboracións en medios da emigración.[86] A folla de méritos da proposta de ingreso de Baldomir na Real Academia Galega sinala que desempeñou esta actividade tamén en Ilustración Musical, unha publicación especializada en música dirixida polo músico, musicólogo e compositor catalán Felip Pedrell.[87]

Do mesmo xeito que outros compositores galegos do seu tempo mantivo relación coa diáspora galega.[o] Esta pode apreciarse na súa colaboración co xornal cubano Eco de Galicia, no que anunciou a súa colaboración cunha páxina musical periódica. O 20 de maio publicouse o seu artigo "As últemas tendencias d ́a música", mais a iniciativa non tivo éxito e tan só publicaría dous textos máis no xornal habanero.[69]

Baldomir era así mesmo un gran coñecedor do folclore musical galego e colaborou con Ramón de Arana "Pizzicato", co que posiblemente coincidira n'A Cova Céltica,[86] "na recollida da flora musical galega para o Cancioneiro popular dos mestres Pedrell e Inzenga".[87] Nun dos seus escritos conservados, a resposta ao discurso de ingreso de Narciso Correal na Academia de Belas Artes realizou unha descrición e categorización da música popular galega, que na súa opinión podía ser dividida en tres tipos: amorosa, reflexiva e burlesca, identificando cada un deles co alalá, a muiñeira e a alborada respectivamente.[70] Como outros autores, sinala ademais nese mesmo discurso a influencia do canto gregoriano na música galega.[82]

Con todo, actualmente non hai máis referencias que as que xorden das súas propias composicións, cuxos temas ás veces teñen orixe folclórica.[90] Unha carta súa dirixida a Fernando Martínez Morás con data do 2 de xuño de 1919 xa pon de manifesto o interese do compositor polo folclore musical galego, que era compartido pola intelectualidade galega da época, que debatía sobre este tema nas súas reunións.[66]

Legado

editar
 
O gaiteiro vigués Carlos Núñez rexistrou a melodía galega de Baldomir "Mayo longo" no seu álbum homónimo do ano 2000.

Se ben en Galicia a opinión sobre Baldomir estivo dividida, na emigración a súa figura foi loada de xeito case unánime debido ao xeral carácter tradicional da sociedade galega na emigración, unha visión concordante coa do compositor coruñés como un dos últimos representantes da corrente tradicionalista da música galega.[91]

O 2 de maio de 1948, pouco máis dun ano despois da súa morte, a coral Cántigas da Terra con Adolfo Anta realizou un concerto homenaxe xunto a outros compositores que morreran o mesmo ano: Farto (23 de abril) e Garaizábal (13 de decembro). O concerto, no que a agrupación coral interpretou exclusivamente composicións dos tres, realizouse no Cine Avenida.[59]

Existe constancia documental de que na década de 1950 o Centro Gallego de Buenos Aires organizaba un concurso musical nomeado "Baldomir".[92] Tamén co seu nome, en 1962 o Concello da Coruña, daquela presidido por Sergio Peñamaría de Llano, decidiu dedicarlle unha das novas rúas xurdidas nesa época coa urbanización da Agra do Orzán.[93]

Baldomir foi nomeado mestre da Escola de Belas Artes en 1894 e na época na que alí exerceu como profesor de «Solfexo aplicado ao conxunto e masas corais» Pablo Picasso era alumno da escola, o que lle fixo descubrir as melodías que o compositor coruñés realizara sobre poemas de Rosalía, Curros e Pondal, as cales escoitaba como as ensaiaban na escola e se tería incrustado na mente do pintor malagueño. Ademais as aparicións de Baldomir na Coruña da época eran frecuentes.[4]

No ano 2000 o gaiteiro vigués Carlos Núñez publicou o álbum Mayo longo, no que entre outras está rexistrada unha versión da melodía homónima composta por Xosé Baldomir sobre o poema de Rosalía.[94][95]

En 2009 o compositor vigués Juan Durán realizou un arranxo e orquestración para soprano e orquestra da melodía galega de Baldomir Maio longo que foi rexistrada pola soprano chilena Cristina Gallardo Domas xunto coa Orquestra Gaos baixo a batuta de Fernando Briones.[96]

  1. Actualmente denominada "Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso" en honor ao pintor malagueño, que iniciou a súa carreira artística na institución herculina.[14]
  2. A primeira das dúas suites interpretaraa na cidade herculina un ano antes a orquestra da madrileña Sociedad de Conciertos, obra que segundo Margarita Viso Soto influiría na linguaxe persoal do compositor coruñés.[11]
  3. Urbano González era tamén compañeiro de Baldomir como profesor na Escola de Belas Artes.[19]
  4. Daquela nomeada "Academia Provincial de Bellas Artes de La Coruña", denominación que mantivo ata 1916, cando pasou a denominarse "Real Academia Provincial de Bellas Artes", adoptando en 1984 a súa denominación actual.[24]
  5. Baldomir tería coñecido ao violinista e compositor navarro a finais do século XIX con motivo dun concerto que Sarasate ofreceu na Coruña, e entablaron amizade. Ambos coincidiron posteriormente noutros moitos concertos.[29]
  6. Descoñécese con todo o labor polo que foi recoñecido: profesor, director de coros etc.[47]
  7. Non se sabe con certeza cal foi o asunto, e hai fontes que falan dun procesamento por débedas.[49]
  8. Conchita Supervía tamén gravaría Meus amores.[50]
  9. Descoñécese a data exacta da morte de dous máis dos seus fillos, Jaime e Manuel, pero si se sabe que ningún deles sobreviviu a seu pai.[53]
  10. Os únicos discursos que se leron na recepción xeral que tipo lugar no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela foron os de Fermín Bouza Brey e Manuel Casás Fernández.[56]
  11. A este primeiro caderno debía seguirlle canto menos un segundo que non se chegou editar e do cal as súas composicións non se localizaron.[55]
  12. Aparece citado como "Vilar Ponte" no artigo "En torno a nuestra música" por Adolfo R. Hernández no xornal cubano Eco de Galicia, máis non especifica de cal dos dous irmáns se trata. Hernández faise eco dun artigo publicado por Villar Ponte no xornal El Sol.[69]
  13. Na época a única lingua da escola era o castelán.[53]
  14. Gabriela Mistral sería Premio Nobel de Literatura en 1945, un ano antes da data de publicación das cancións.[78][79]
  15. Lembrar que Os Pinos, composto por Pascual Veiga, foi estreado no Centro Gallego de La Habana (actualmente Gran Teatro de La Habana) en 1907.[88] Outro compositor destacado, José Castro "Chané", viviu os seus últimos anos en Cuba, dende 1893 ata o seu falecemento en 1917.[89]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 Capelán 2012, p. 231.
  2. Carreira, Xoán M. (abril, maio, xuño de 1998). "Melodía Galega na Belle Époque. Un project en marcha: do sentimentalismo ó realismo". Grial (138): 424. 
  3. Registro bautismal de Jose Ventura Eduardo Gregorio Valdomir. Archivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela. Cota P009073. Parroquia de San Nicolás. Libros de bautizados, tomo 24, folio 299.
  4. 4,0 4,1 de Membiela Salgado, Lucindo-Javier. "BALDOMIR RODRIGUEZ, JOSÉ." (en castelán). caminodofaro.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o 7 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Viso Soto 2018, p. 27.
  6. Suárez Picallo, Ramón (2008). 4 de febrero de 1947. José Baldomir Rodríguez. La feria del mundo. Crónicas desde Chile (1947-1956) (en castelán) (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega). p. 264. ISBN 978-84-96530-61-4. 
  7. 7,0 7,1 Viso Soto 2018, p. 28.
  8. Vicente Viqueira, Xohán (1974). "La canción gallega". Ensaios e poesías (en castelán). Editorial Galaxia. p. 213.  ISBN 84-7154-222-C.
  9. 9,0 9,1 Viso Soto 2018, p. 29.
  10. Na folla de méritos da proposta de ingreso na Real Academia Galega. Citado en Viso Soto 2018, p. 77-79
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Viso Soto 2018, p. 31.
  12. "Presidencia del Poder Ejecutivo de la República". Gaceta de Madrid (en castelán). 12 de xuño de 1873. Consultado o 24 de abril de 2020. 
  13. Morán, Cláudia (16 de maio de 2019). "Eusebio da Guarda, una cantera con 125 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 
  14. "Picasso, alumno desta escola". eapicasso.com. 
  15. 15,0 15,1 Viso Soto 2018, p. 33-34.
  16. Capelán 2012, p. 230-231.
  17. Viso Soto 2018, p. 31-32.
  18. 18,0 18,1 Viso Soto 2018, p. 32.
  19. 19,0 19,1 19,2 Viso Soto 2018, p. 35.
  20. Viso Soto 2018, p. 36.
  21. 21,0 21,1 Viso Soto 2018, p. 40.
  22. Viso Soto 2018, p. 41-42.
  23. El Noroeste, «De sociedad», 7-VI-1902. Citado en Viso Soto 2018, p. 42
  24. 24,0 24,1 López Naya, Juan Raúl; Torres Casal, José. "SÍNTESIS HISTÓRICA Y RELACIÓN DE PRESIDENTES Y MIEMBROS NUMERARIOS DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA DE BELLAS ARTES DE NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO, DESDE 1850 HASTA EL PRESENTE" (PDF). Apuntes para la historia (en castelán) (Real Academia Galega de Belas Artes): 307 e 339. 
  25. 25,0 25,1 Viso Soto 2018, p. 47.
  26. Citado en Viso Soto 2018, p. 48.
  27. 27,0 27,1 Capelán 2012, p. 232.
  28. 28,0 28,1 Viso Soto 2018, p. 49.
  29. Padín, Ángel (28 de abril de 2004). "José Baldomir". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2021. 
  30. Viso Soto 2018, p. 50.
  31. 31,0 31,1 Viso Soto 2018, p. 51.
  32. "Santos e meigas : idilio campesino zarzuela en un acto dividido en tes cuadros" (PDF) (en castelán). Biblioteca Digital de Castilla y León. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  33. Viso Soto 2018, p. 52.
  34. Viso Soto 2018, p. 53.
  35. Viso Soto 2018, p. 54.
  36. Viso Soto 2018, p. 55.
  37. Carvalho Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporanea 1808-1936. Vigo: Editorial Galaxia. p. 571. ISBN 84-7154-391-5. 
  38. "José Baldomir Rodríguez. 26 - Novembro". almanaquedasirmandades.gal. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  39. Ínsua, Emilio Xosé. A NOSA TERRA É NOSA. A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931). Baía Edicións. ISBN 978-84-9995-201-7. 
  40. 40,0 40,1 40,2 Viso Soto 2018, p. 56.
  41. Gaceta de Galicia, 10-X-1916. Citado en Viso Soto 2018, p. 56
  42. Viso Soto 2018, p. 56-57.
  43. Capelán 2012, p. 256.
  44. Viso Soto 2018, p. 59.
  45. "La ópera ‘A Virxe do Cristal’ Interviú con el maestro Baldomir". El Pueblo Gallego (en castelán). 26 de outubro de 1928. p. 9. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  46. 46,0 46,1 46,2 "José Baldomir Rodríguez". grupo-organistrum.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  47. 47,0 47,1 47,2 Viso Soto 2018, p. 62.
  48. Viso Soto 2018, pp. 63-64.
  49. 49,0 49,1 49,2 Viso Soto 2018, p. 63.
  50. 50,0 50,1 Viso Soto 2018, p. 65.
  51. Viso Soto 2018, p. 64-65.
  52. Viso Soto 2018, p. 65-66.
  53. 53,0 53,1 53,2 53,3 53,4 Viso Soto 2018, p. 67.
  54. Viso Soto 2018, p. 66.
  55. 55,0 55,1 55,2 55,3 55,4 55,5 Viso Soto 2018, p. 68.
  56. 56,0 56,1 56,2 Capelán 2012, p. 233.
  57. Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  58. 58,0 58,1 58,2 Viso Soto 2018, p. 69.
  59. 59,0 59,1 59,2 59,3 Viso Soto 2018, p. 70.
  60. Viso Soto 2018, p. 217.
  61. García González, Aurora (2009). Historia de la empresa de La Voz de Galicia (1939-1992) (en castelán). Libros en Red. p. 104. 
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 62,4 62,5 Viso Soto 2018, pp. 147-149.
  63. Ver por exemplo Viso Soto 2018 e Capelán 2012
  64. Biografía en Galegos.info
  65. Capelán 2012, p. 230.
  66. 66,0 66,1 Viso Soto 2018, p. 57.
  67. Citado en Viso Soto 2018, p. 40
  68. Capelán 2012, p. 240.
  69. 69,0 69,1 69,2 69,3 Garbayo Montabes, Javier (2005). "La música en la colectividad gallega de La Habana (1902-1936)". A música galega na emigración IV Encontro O Son da Memoria (PDF). Rodrigo Roomaní (coordinador). Consello da Cultura Galega. pp. 122–123. ISBN 978-84-92923-49-6. 
  70. 70,0 70,1 Capelán 2012, p. 241.
  71. Capelán 2012, p. 234-235.
  72. "Hoja del Lunes" do 27 de setembro de 1954, citado en Viso Soto 2018, pp. 100-102
  73. Viso Soto 2018, pp. 110-111.
  74. Viso Soto 2018, pp. 140.
  75. 75,0 75,1 Viso Soto 2018, pp. 141.
  76. 76,0 76,1 Viso Soto 2018, p. 153.
  77. Alén, M. Pilar (2008). "El tema de la emigración en los compositores gallegos (ca. 1880-1920" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (31): 383. 
  78. 78,0 78,1 Viso Soto 2018, p. 128.
  79. "Nobel Prize in Literature 1945" (en inglés). Nobel Foundation. Consultado o 20 de maio de 2021. 
  80. Viso Soto 2018, p. 154.
  81. Viso Soto 2018, pp. 142.
  82. 82,0 82,1 82,2 Capelán 2012, p. 242.
  83. Capelán 2012, p. 243.
  84. Viso Soto 2018, p. 144.
  85. Viso Soto 2018, pp. 118-119.
  86. 86,0 86,1 Viso Soto 2018, p. 40-41.
  87. 87,0 87,1 Citado en Viso Soto 2018, p. 79
  88. Pérez Pena, Marcos (20 de decembro de 2018). "Así naceu o himno galego. 111 anos de popularización, exilio e máis ou menos estrofas". Praza.gal. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  89. "José Castro González (Chané). Unha vida dedicada á música galega". Consello da Cultura Galega. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  90. Viso Soto 2018, p. 41.
  91. Capelán 2012, p. 259-260.
  92. Viso Soto 2018, p. 71.
  93. "José Baldomir: El músico de la poesía gallega". La Opinión (en castelán). 2 de outubro de 2009. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  94. "Mayo Longo" (en castelán). carlos-nunez.com. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  95. "Carlos Núñez – Mayo Longo" (en castelán). discogs.com. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  96. "Arranxo e orquestración para soprano e orquesta de "Maio longo" de J. Baldomir" (en castelán). juanduran.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 9 de maio de 2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
Gravacións de son externas
  Redescubrindo a vida de José Baldomir Diario Cultural. Radio Galega 18/12/2018