Sergio Peñamaría de Llano
político español
Sergio Peñamaría de Llano, nado na Fonsagrada en 1914 e finado na Coruña o 29 de decembro de 2004, foi un avogado, militar e político galego.
Sergio Peñamaría de Llano | |
---|---|
Nacemento | 1914 |
Lugar de nacemento | A Fonsagrada |
Falecemento | 29 de decembro de 2004 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Soterrado | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, político e oficial |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Durante a Guerra Civil serviu en unidades da Lexión. Foi un dos tenentes ao mando da columna da 3ª Bandeira da Lexión que se encargou da represión dos fuxidos na zona do Barco de Valdeorras en outubro de 1939[2]. Posteriormente integrouse no corpo xurídico militar, chegando a coronel. Foi nomeado alcalde da Coruña o 19 de maio de 1959. Impulsou as obras do aeroporto de Alvedro e cuñou a frase "A Coruña, cidade en que ninguén é forasteiro". Foi procurador en Cortes como alcalde de capital de provincia (1959-1963).
Predecesor: Alfonso Molina Brandao |
Alcalde da Coruña 1959 - 1963 |
Sucesor: Eduardo Sanjurjo de Carricarte |
Vida persoal Editar
Casou con Rosario Suárez Quiroga, filla de Marcelino Suárez González[2].
Notas Editar
- ↑ O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
- ↑ 2,0 2,1 García Yáñez, Félix (2005). A Nosa Terra, ed. O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Vigo. p. 82. ISBN 84-96403-13-0.