A Fonsagrada

concello da comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo

Coordenadas: 43°7′58.8″N 7°4′1.2″O / 43.133000, -7.067000

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fonsagradino», «buroego» [9] ou «brañego».

A Fonsagrada
Escudo da Fonsagrada
Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol.JPG
Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol
Situacion A Fonsagrada.PNG
Situación
Xentilicio[1]fonsagradino - buroego - brañego
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Fonsagrada
Poboación3.265 hab. (2022)[2][3]
Área438,4 km²[3]
Densidade7,45 hab./km²
Entidades de poboación29 parroquias[4]
Capital do concelloA Fonsagrada
Política (2019 [5][6])
AlcaldeCarlos López López (PSdeG-PSOE[7])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais na Fonsagrada
Uso do galego[8] (2011)
Galegofalantes86,59%
Na rede
http://www.afonsagrada.org
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

DemografíaEditar

Censo total 3.589 (2018)
Menores de 15 anos 176 (4,90 %)
Entre 15 e 64 anos 1.967 (54,81 %)
Maiores de 65 anos 1.446 (40,28 %)

Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación da Fonsagrada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
17.302 15.807 13.925 9.392 5.007 4.412 4.309 4.198 4.059 3.960 3.838 3.768 3.670 3.589 3.465 3.389 3.328
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

HistoriaEditar

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbese poboadores hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I o Cruel, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á guerra da Independencia e as Guerras carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

CulturaEditar

ToponimiaEditar

O nome da Fonsagrada procede do latín fontem sacratam 'fonte sagrada' [10]).

A Fonsagrada na literatura popularEditar

  • Adiós, nenas, que nos imos;/ adiós, nenas, que nos vamos;/ a Virgen da Fonsagrada/ mándavos muitos recados [11].

Galería de imaxesEditar

Lugares da FonsagradaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Fonsagrada".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. El PSOE recurre a su número dos en A Fonsagrada (Lugo) al mantener el BNG su veto sobre el que fue alcalde 12 años
  7. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Fonsagrada". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  8. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  9. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  10. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. Páx 107. ISBN 978-84-9865-892-1
  11. Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández (1932): Vocabulario del bable de occidente.


Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.