Alfonso Molina

Alcalde da Coruña
(Redirección desde «Alfonso Molina Brandao»)

Alfonso Molina Brandao, nado na Coruña o 15 de maio de 1907 e finado en Río de Xaneiro o 25 de novembro de 1958, foi alcalde da Coruña entre 1947 e 1958.

Infotaula de personaAlfonso Molina Brandao

Homenaxe a Alfonso Molina no porto da Coruña.
Biografía
Nacemento15 de maio de 1907 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 28 de novembro de 1958 – Sergio Peñamaría de Llano →
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
1 de xuño de 1947 – 6 de abril de 1949
← Eduardo Ozores Arráiz
Alcalde da Coruña
1947 – 1958
← Eduardo Ozores ArráizSergio Peñamaría de Llano → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro
Político
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

 
Placa da Avenida Alfonso Molina.

Nado nunha das máis coñecidas familias coruñesas, o seu avó Alejandro Brandao fora alcalde e o seu pai (Raimundo Molina) un dos promotores do porto a comezos do século XX.

Enxeñeiro de camiños, canais e portos pola Universidade de Madrid especializouse en Urbanismo. En 1934 obtivo praza de enxeñeiro director de vías e obras da Deputación da Coruña. Iniciada a Guerra Civil foi nomeado presidente da Cámara da Propiedade da Coruña e no 1938 nomeado concelleiro ata 1944. En 1947 foi nomeado alcalde, posto que ocupou ata a súa morte con 51 anos.

No seu mandato como rexedor da Coruña proxectou unha avenida interior, que partise desde a ponte da Pasaxe, subise até Palavea e descendese cara ao río Monelos, e que na Ponte da Pedra se dirixise cara á antiga estación de ferrocarril para ao cabo chegar á praza do Espiño (hoxe praza de Madrid), que se inaugurou co nome de Avenida de Lavedra (deturpación castelanizante do topónimo galego A Vedra[1], correspondente a un antigo lugar polo que pasa a avenida).

A súa morte produciuse durante unha viaxe a Brasil. A chegada do seu cadaleito á cidade foi un acto multitudinario, 100.000 persoas acompañaron o cortexo fúnebre dende o Concello ata o cemiterio de Santo Amaro[2]. Inmediatamente despois da súa morte, foi homenaxeado a título póstumo coa Gran Cruz de Beneficencia e máis coa Medalla de Ouro da Coruña, foi nomeado Fillo Predilecto da cidade e a Avenida de Lavedra pasou a chamarse Avenida Alfonso Molina[3].

Notas editar

  1. Alfonso García López (2009). "Alcalde Alfonso Molina (avenida)". En Espacio Cultura Editores. Calles con historia (en castelán). Es conocida popularmente como Lavedra, resultado de la castellanización del lugar conocido como A Vedra, que se encontraba entre la Fábrica de Armas y el Barrio de Palavea. 
  2. ""Avenida de Alfonso Molina: El más peculiar de los alcaldes. La Opinión"". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 06 de outubro de 2012. 
  3. "Llegan a Madrid los restos del alcalde de La Coruña". El Pueblo Gallego nº 11.534 (en castelán). 27 de novembro de 1958. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Eduardo Ozores Arráiz
  
Alcalde da Coruña
 
1947 – 1958
Sucesor:
Sergio Peñamaría de Llano