Ponte da Pasaxe

Coordenadas: 43°19′55″N 8°22′54″O / 43.33194, -8.38167

A ponte da Pasaxe é unha ponte sobre a ría do Burgo, entre os concellos de Oleiros e A Coruña. Sobre ela discorre a estrada AC-12.[1]

Ponte da Pasaxe
PontedaPasaxe.jpg
Localización
Ríoría da Coruña
ConcelloA Coruña, Oleiros
ProvinciaA Coruña
Características
Construción1901, 1959, 1975

CaracterísticasEditar

 
Ponte de ferro

A ponte da Pasaxe ten unha lonxitude de 225 metros, con tres carrís por sentido e unha única calzada.[1]

HistoriaEditar

A idea de construír unha ponte sobre a ría do Burgo apareceu xa no século XIX.[2] A primeira ponte no lugar, de ferro, construíuse en 1901. Ata ese momento só existía a posibilidade dunha pasaxe en barco desde As Xubias creada en 1491.[3]

A ampliación do tráfico fixo necesaria a ampliación da ponte. En 1959 construíuse unha nova ponte[4] e a construción da actual iniciouse en xullo de 1974. A primeira metade inaugurouse en 1975 e a segunda o ano seguinte. [2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Resolución de 26 de febrero de 2020, de la Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, por la que se formula informe de impacto ambiental del proyecto "Ampliación del Puente del Pasaje. Carretera AC-12, p.k. 4,2-4,4 (A Coruña)"". BOE (en castelán). 09-03-2020. Consultado o 29-09-2021. 
  2. 2,0 2,1 Silveira, Elena (08-06-2017). "Cuarenta años y 70.000 coches más". La Voz de Galicia (en castelán) (Oleiros). Consultado o 29-09-2021. 
  3. Alfeirán, Xosé (25-01-2015). "El embarcadero de As Xubias". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 
  4. Bautista, Consuelo (10-01-2018). "A Coruña y sus accesos del siglo pasado". Cadena Ser (en castelán). Consultado o 29-09-2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar