Abrir o menú principal

A AC-11, que recibe o nome de Avenida de Alfonso Molina en homenaxe e memoria ao que fora alcalde da cidade de 1947 ata 1958, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. É o principal acceso ao centro da Coruña, entrando polo sur desde a AP-9.

AC-11
Avenida de Alfonso Molina
Avenida de Alfonso Molina
A avenida Afonso Molina na entrada á cidade.
TipoloxíaAutovía urbana
RedeRede de estradas do Estado
Dimensións
Lonxitude5,090[1] km
Formatotres carrís en cada sentido no inicio e dous carrís á chegada á cidade
Localización
InicioAvenida de Linares Rivas (intersección coa  AC-12 )
FinPonte da Pasaxe (intersección coa  AC-12 )
Circulación
Velocidade máxima80km/h
Fito quilométrico da N-550 e sinal quilométrico da AC-11.

É unha prolongación da N-VI dende o seu cruzamento coa AC-12 ao sueste da cidade xunto á Ponte da Pasaxe. A ela conflúen a estrada N-550 e a autoestrada AP-9 xunto aos barrios de Palavea e Elviña. Ao entrar no casco urbano cruza a avenida de San Cristovo, a Ronda de Outeiro, a praza de Catro Camiños até desembocar na avenida de Linares Rivas.

Ten unha lonxitude de 5,090 quilómetros, e un tráfico aproximado de 150 000 vehículos ao día.

HistoriaEditar

A AC-11, co nome de avenida da Vedra aparece por primeira vez no plan presentado por Ramiro Mariño, Juan Martínez Barbeito e Pablo Iglesias Atocha no concurso convocado polo Concello en 1940. O deseño foi logo recollido no Plan Cort (1945) e no plan xeral de 1948.[2]

A avenida foi inaugurada en 1957 polo alcalde Alfonso Molina. O 26 de novembro de 1958, un día despois da morte de Molina, o concello acordou poñerlle o seu nome á avenida.[3]

SaídasEditar

Número de saída Nome da saída Liga Velocidade
Lugo  N-VI 
Madrid
Ferrol  N-651 
 AC-12 
  01 Hospital Universitario A Coruña (sentido saída)
A Coruña (sentido saída)
Porto da Coruña (sentido saída)
O Burgo (sentido saída)
 AC-12 
 AC-211 
  02 A Coruña Sur - Pedralonga
Alcampo
Palavea
Eirís
Centro Oncolóxico de Galicia
Santiago de Compostela  N-550 
Aeroporto de Alvedro
 N-550 
  03 Santiago de Compostela  AP-9  
Ferrol  AP-9F  
Lugo  A-6 
 AP-9 
  04 A Zapateira (sentido saída)
Policlínico Santa Teresa
Palavea (sentido entrada)
 DP-3006 
 AP-9 
  05 Campus de Elviña (sentido saída)
Elviña (sentido saída)
Castro de Elviña (sentido saída)
  06 Coliseum
Polígono de Pocomaco
  07 Polígono industrial Agrela-Bens
Porto da Coruña (sentido entrada)
Avenida de San Cristovo
Eirís (sentido entrada)
Os Castros (sentido entrada)
 AC-10 
  08 Fonte das Paxariñas
  09 Rolda de Outeiro
Porto da Coruña (sentido entrada)
Estación de autobuses (sentido entrada)
Estación de San Cristovo (sentido saída)
A Coruña Centro - Avenida de Linares Rivas

NotasEditar

  1. Inventario de la RCE a 31/12/2008 Ministerio de Fomento. Consultado o 13/11/2015 (en castelán).
  2. González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904. 
  3. García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4. 

Véxase taménEditar